Logo Studenta

Maremagnum6 - Jose Madero

¡Este material tiene más páginas!

Vista previa del material en texto

Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 1
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 2
DIVERSIDADE E TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA
AUTISMO GALIZA
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 3
MAREMAGNUM
Nº 6. Ano 2002
Número Ordinario
Director
Cipriano Luis Jiménez Casas
Apdo. Correos 2.041
Tfno. 34 986 423433 - 34 986 484074
Fax 34 986 483406 - 34 986 484228
Móvil: 609 817807
E-mail: menela@retemail.es
ciprianoluis@retemail.es
Corrección Lingüística
Azucena Vázquez
Gravado portada
Luís Moscardo
Edita
AUTISMO GALIZA
Rúa Home Santo de Bonaval, 74 baixo
Rúa Rodríguez de Viguri, 35
15703 Santiago de Compostela
Tfno. 34 981 589365
Fax 34 981 589344
Móvil: 670 797656
E-mail: autismogalicia@telefonica.net
Dep. Legal: 378-1997
Impresión
Comercial Gráfica Nós. Príncipe, 22 baixo - Vigo
AUTISMO GALIZA
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 4
Sumario
7
Editorial
ESIXENCIAS DA DIVERSIDADE E TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA
9
EDUCACIÓN: DIVERSIDADE, TOLERANCIA E CULTURA DE PAZ
Federico Mayor Zaragoza. Presidente da Fundación Cultura de Paz
13
ESIXENCIAS DA DIVERSIDADE
Cipriano Luís Jiménez Casas. Psiquiatra e Psicanalista. Vigo
21
DIVERSIDADE E INTEGRACIÓN. AS MINORÍAS ISLÁMICAS EN ESPAÑA
María J. Rocha.
Catedrática da Facultade de Dereito de Ourense. Universidade de Vigo
29
¿QUE CIDADANÍA MULTICULTURAL?
Pilar Allegue Aguete.
Profesora de Filosofía do Dereito e Política. Universidade de Vigo e Uned
37
INTEGRACIÓN E DIVERSIDADE NA LEI DE ESTRANXEIRÍA
Luís Míguez Machado. Profesor titular de Dereito Administrativo.
Facultade de Dereito de Ourense. Universidade de Vigo
45
DIVERSIDADE, ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE
Joaquín Dosil Díaz.
Profesor de Psicoloxía Evolutiva e de Comunicación da Universidade de Vigo
5
Cipriano Jiménez Casas
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 5
53
DIVERSIDADE VERSUS GLOBALIZACIÓN EN PSIQUIATRÍA
Antonio Rodríguez López.
Catedrático de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela
59
ADOLESCENCIA E SAÚDE MENTAL
Mª Dolores Domínguez Santos.
Profesora titular de Psiquiatría da Universidade de Santiago de Compostela.
69
PROCESOS COGNITIVOS PASS E APRENDIZAXE MATEMÁTICA:
OS USOS DO PASS PARA ENTENDER E MELLORAR AS DIFICULTADES
DO CÁLCULO
M. Deaño / M. García-Senorán / F. Tellado / J.L. Rodríguez /
M.Y. Rodríguez Moscoso
77
CONVERXENCIA ENTRE MADUREZA SOCIAL DE PERSOAS
CON AUTISMO E TENSIÓN FAMILIAR
Domíngo García-Villamisar / Philippe Vrancken
85
O UN E O MÚLTIPLE NO AUTISMO
Aquilino Polaino-Lorente.
Catedrático de Psicopatoloxía da Universidade Complutense de Madrid
95
DISFUNCIÓN EXECUTIVA E AUTISMO:
PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN EN POBOACIÓN ESCOLAR
CON BAIXOS NIVEIS DE FUNCIONAMENTO COGNITIVO
José Luís Cabarcos Dopico. Licenciado en Psicoloxía Clínica. Madrid
107
A EVOLUCIÓN DA COMUNICACIÓN NUN NENO AUTISTA E CAMBIOS
REXISTRADOS NO SPECT.
L. Viloca / E. Saez / R.M. Vicente / A. Pastor / B. Alcácer / A. Angel / S. González
/ E. Sánchez / U. Subirana
117
UNHA SOCIEDADE INCLUSIVA – ESIXENCIAS DE DIVERSIDADE DAS
PERSOAS MAIORES CON AUTISMO
Isabel Cottinelli Telmo. Profesora en Ciencias da Educación. Lisboa
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 6
ESIXENCIAS DA DIVERSIDADE
E TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA
Editorial
Os lectores da revista MAREMAGNUM atoparán neste número 6, correspondente
ao ano 2002, cambios significativos en relación aos seus contidos consonte os tem-
pos que corren. 
A diversidade, a globalización, o medio ambiente, o desenvolvemento sostíbel
da terra son todos eles temas de gran calado que están a condicionar o futuro do noso
planeta TERRA.
Sen embargo, parafraseando ao Nobel Saramago, é máis fácil chegar a Marte
que coñecer o veciño que vive ao noso carón. Os grandes temas, importantísimos
problemas que acontecen no mundo, non deben deixar a un lado a nosa vida cotiá, o
decorrer das persoas máis próximas e con problemas diferentes e/ou diversos, tal é o
caso das persoas con Autismo (TEA).
Un colectivo como o que vive (familias) e traballa (profesionais) coas persoas
con Autismo, en función da súa experiencia, sensibilidade e solidariedade, non pode
ser alleo aos problemas que nos rodean. Aínda máis, familias e profesionais, así
como as propias persoas con TEA, estamos case que obrigados a ser os abandeirados
na loita pola inclusión e o respecto á diversidade e ao medio ambiente.
Nese sentido, a revista Maremagnum, malia ser unha publicación galega sobre
o trastorno autista, inclúe nas súas páxinas traballos que fan referencia neste caso a
un debate aberto sobre a Diversidade, contemplada desde diferentes perspectivas
(sociolóxica, psiquiátrica, deportiva, inmigración, relixiosa, globalización...).
Se o signo máis singular e característico (patognomónico) das persoas con
autismo é a “soidade” (Uta Frith) e se estamos tentando procurar métodos e técni-
cas que lles permitan ás persoas con TEA lograr unha mellor comunicación, nós
mesmos —pais/nais, familiares, amigos e profesionais— a través dun exercicio que
facemos cada vez máis visíbel, incidamos e participemos nunha sociedade cada vez
máis cambiante e diversa. O respecto á diversidade temos que valoralo como unha
7
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 7
esixencia de calquera proxecto democrático, de calquera programa de servicios ou
plano de calidade de vida no que todos participemos. 
É preciso unha cultura de paz, que o noso planeta necesita tan urxentemente, e
non é posible construíla nun mundo indiferente ás vicisitudes e ao sufrimento de
millóns de inocentes (Mayor Zaragoza).
A historia da ciencia moveuse sempre arredor de ideas-forza; entre elas, a dico-
tomía diversidade/globalización atópase hoxe no centro mesmo da máis apaixonan-
te polémica social: cumios globalizadores (Toronto, Oslo, Barcelona,...) contra
cumios antiglobalizadores (Río, Xénova,...) e, seguramente, así seguira no futuro. Xa
nos albores da nosa cultura, no século V a. C., o gran tráxico grego Esquilo deixou
sentenciado para sempre que todo é xusto e inxusto ao mesmo tempo e todo é igual-
mente xustificábel (Rodríguez López). 
Outros traballos que aparecen neste número da revista Maremagnum tratan
sobre: “A posible relación entre o período de desenvolvemento de adolescencia e a
saúde mental”, os “procesos cognitivos pass e aprendizaxe matemática: os usos do
pass para entender e mellorar as dificultades do cálculo”. 
No concerninte ao TEA; a relación entre madureza social das persoas con
Autismo, avaliada a través das escalas Vineland, e a tensión familiar; o un e o múlti-
ple no autismo; a hipótese da disfunción executiva e autismo: procedementos de ava-
liación en poboación escolar con baixos niveis de funcionamento cognitivo; a evolu-
ción da comunicación nun neno autista e cambios rexistrados no SPECT así como
unha sociedade inclusiva: esixencias de diversidade das persoas maiores con autismo.
8
Editorial
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 8
EDUCACIÓN: DIVERSIDADE, TOLERANCIA
E CULTURA DE PAZ
Federico Mayor Zaragoza*
Presidente da Fundación Cultura de Paz1
Na actualidade, moitas organizacións mobilízanse co fin de garantir que os proble-
mas relativos á minusvalía reciban a atención adecuada de parte das autoridades e as
institucións. Estes grupos levan a cabo unha vasta campaña de información e apoio.
As sociedades nacionais que agrupan as persoas afectadas e as súas familias deben
coordinar os seus esforzos, co fin de lograr que os gobernos apliquen normas que
fagan realidade o ideal de igualdade de oportunidades para todos —o que ha de
incluír tamén os dereitos das persoas minusválidas. Por iso debemos esforzarnos por
promover na nosa sociedade a conciencia da importancia crucial que teñen a tole-
rancia, a solidariedade e o respecto ó dereito de todos. Neste sentido, reviste especial
importancia o respecto á igualdade de oportunidades, así como o acceso á educación
e o emprego. 
O balance dos últimos vinte anos presenta aspectos positivos e negativos. No
aspecto positivo, percíbese claramente maior conciencia, comprensión e recoñece-mento, non só das necesidades senón tamén das capacidades e do potencial dos
minusválidos. Empezamos a recoñecer que non son só persoas con problemas, senón
tamén cun potencial sen explotar. Ó mesmo tempo, estamos máis atentos ás posibi-
9
* O autor é Catedrático de Bioquímica da Universidade Autónoma de Madrid. Ex-Ministro de Educación
e Ex-Director da UNESCO.
1. Fundación Cultura de Paz: Tfno: (34) 914 261 555; Fax: (34) 914 316 387; info@fund-culturadepaz.org;
www.fund-culturadepaz.org
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 9
lidades de prevención das formas de minusvalía e mellor preparados para responder
ás persoas que teñen necesidades especiais, de modo que poidan levar, en toda a
medida posible, unha vida independente e activa. Por último, chegamos a recoñecer
que calquera programa significativo de axuda ós minusválidos —e, o que é igual de
importante, que os faculte para axudarse a si mesmos— debe basearse na educación
e na formación. O público ten que estar mellor informado e tomar conciencia de que
os minusválidos adoitan sufrir tanto pola incomprensión dos que os rodean como
pola súa propia condición. E, por suposto, para eles —aínda máis que para o resto—
a educación e a formación axeitadas son a clave para levar unha vida productiva e
satisfactoria. O coñecemento e a capacitación poden compensar as desvantaxes, do
mesmo xeito que carecer deles pode agravalas e complicalas.
A cultura de paz, que o noso planeta necesita tan urxentemente, non se pode
edificar nun mundo indiferente ás vicisitudes e ó sufrimento de millóns de inocentes.
A Declaración Mundial e o Plan de Acción, adoptados na Conferencia Mundial sobre
a Educación para Todos, expoñen algúns principios especialmente ilustrativos:
1) O dereito de todos os nenos ó ciclo completo de educación primaria.
2) O compromiso respecto a un concepto de educación baseado no neno, no cal
as diferencias individuais se acepten como expresión dunha diversidade que
é necesario abordar, e non considerada unicamente como un problema peda-
góxico.
3) A necesidade de mellorar a calidade da educación para que a súa universali-
zación teña significado e sexa proveitosa.
4) Maior participación dos pais e da comunidade na educación.
5) Un maior esforzo por alfabetizar, ensinar as operacións elementais e ofrecer-
lles coñecementos e destrezas básicas ós adultos, incluídos os que teñen nece-
sidades especiais, que, na súa gran maioría, non gozaron dos beneficios da
educación primaria.
É importante sacar a educación especial do seu confinamento e incorporala ós
plans xerais de estudio. Avogamos pola idea de que a educación especial non é un
enfoque adaptado ás necesidades duns poucos, senón unha pedagoxía que pode mello-
rar a educación de todos. Insistimos en que o esencial da educación especial é con-
centrarse nas necesidades da infancia e que unha pedagoxía uniformizadora non só
prexudica a unha minoría de nenos, senón tamén, á maior parte diso. Tratamos de ten-
der pontes entre os actuais sistemas de educación especial e de educación xeral, e de
fomentar unha nova concepción nos futuros plans educativos, para evitar, sempre que
sexa posible, a creación de sistemas duais. Exhortamos a que a lexislación e a prácti-
ca se revisen, en función das conclusións recentes da investigación e a avaliación.
Se ben a educación é o núcleo da acción en favor dos desvalidos, esta ha de
complementarse con actividades noutras esferas, en particular a cultura e a comuni-
cación. O modo en que as culturas perciben e interpretan as diferentes situacións de
desvalemento é de importancia obvia, como o é a forma en que se presenta e trans-
mite a información relacionada con este fenómeno. Por exemplo, en moitas socieda-
des africanas hai un sentimento de solidariedade e participación que asegura unha
10
Educación: Diversidade, tolerancia e cultura de paz
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 10
boa recepción das medidas de educación especial. Nos países industrializados, a
estendida utilización de subtítulos no cinema e a televisión permítelles ós xordos ser-
virse deste medio de vasta difusión; ó mesmo tempo, a gravación de libros, e mesmo
de artigos de xornal, en “casetes”, ponos ó alcance dos invidentes. Está claro que
todas esas vantaxes dependen, en última instancia, dunha acción vigorosa e eficaz en
favor dos minusválidos, tanto por conta propia como por intermedio doutros.
Como na maioría das disciplinas, o progreso neste campo tende a ser gradual,
sen saltos espectaculares. Evidentemente, hai excepcións. Por exemplo, logramos
importantes adiantos na prevención das incapacidades, e quizais nos atopemos no
inicio de novos e impresionantes progresos baseados en descubrimentos e ideas deri-
vados da xenética e outras disciplinas afíns. Nas dúas últimas décadas, produciuse
tamén un cambio profundo na nosa percepción da causa das dificultades de aprendi-
zaxe que experimentan algúns nenos ou adultos. O criterio tradicional consistía en
botarlle a culpa ó educando, por entender que o problema proviña das súas limita-
cións ou dos seus defectos, e intentábase resolvelo superando o que se chamaba o
“déficit de aprendizaxe”.
Afortunadamente, o noso pensamento evolucionou moito en anos recentes.
Agora recoñecemos que os problemas proveñen a miúdo de ambientes que presentan
barreiras físicas, culturais ou sociais á aprendizaxe. En consecuencia, a resposta non
se ha de buscar unicamente na corrección dun defecto do neno ou do adulto, senón,
máis ben, na comprensión dos obstáculos cos que tropezan e, na medida do posible,
na súa reducción ou eliminación. É a interacción entre recursos e limitacións indivi-
duais, e as restriccións impostas polo medio, o que en última instancia determinará a
gravidade dun impedimento e as consecuencias que carrexe.
Outro punto que me parece necesario destacar é que a educación relativa ás
necesidades especiais non pode avanzar illadamente, senón que ten que formar parte
dunha estratexia educativa xeral e, por suposto, de novas políticas sociais e econó-
micas. Para levar plenamente á práctica a educación relativa ás necesidades espe-
ciais, é preciso reexaminar as políticas e prácticas de cada subsector da educación,
desde o ensino preescolar ata a universitaria, para asegurarse de que os plans de estu-
dio, as actividades e os programas son completamente accesibles para todos, ata o
máximo das posibilidades.
Tamén é oportuno subliñar o papel dos pais e familiares dos nenos e adultos
minusválidos. A experiencia demostra que os programas nos que participan os pais e
familiares obteñen regularmente mellores resultados que os que tratan o neno illada-
mente. Ademais, os pais e familiares demostraron afán, motivación e inventiva na
súa contribución ó ensino dos seus fillos minusválidos. Os pais adoitan posuír coñe-
cementos prácticos que lles poden ser de utilidade ós mestres e a outros pais.
As persoas afectadas de minusvalías foron ignoradas ou incomprendidas duran-
te demasiado tempo; a miúdo foron consideradas dependentes pola súa propia natu-
reza, mentres que o seu desexo máis sentido é ser independentes e productivas. Por
fortuna, agora, as persoas minusválidas crearon as súas propias organizacións e rei-
vindican con máis firmeza os seus dereitos e, sobre todo, desexan exercer un maior
11
Federico Mayor Zaragoza
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 11
control dos programas que están destinados para elas, e queren ter o dereito de tomar
as decisións que atinxen á súa vida. 
A “minusvalía”, entendida no seu contexto social, non é un simple estado: é
moito máis que iso. É unha experiencia, unha experiencia de diferencia, pero tamén,
con demasiada frecuencia, unha experiencia de exclusión e, a miúdo, de opresión. A
persoa que sofre unha minusvalía non é a responsable diso, senón a indiferencia, a
intolerancia e, mesmo nalgúns casos, a hostilidade da sociedade. Só recoñecendo isto
poderemos comprender plenamente os problemas que se nos presentan e, sobre todo,
os que se lles presentan ás persoas minusválidas.Unha análise que recoñeza só o pro-
blema, pero non o contexto no que se formula, non poderá levar nunca a unha solu-
ción satisfactoria.
A diferencia é un feito da vida; o que interesa é a nosa actitude respecto dela.
Como, tan acertadamente, dixo unha persoa minusválida: “As actitudes son máis
importantes que os feitos, e máis importantes que as circunstancias, os fracasos ou os
éxitos. As actitudes crean ou destrúen unha amizade, un fogar. Pero... cada día pode-
mos decidir a actitude que imos adoptar. A vida é nun dez por cento o que nos suce-
de, e nun noventa por cento cómo reaccionamos ante iso. Somos responsables das
nosas actitudes”.
Ningún país pode afirmar que fixo todo o que podía para mellorar a calidade de
vida das persoas minusválidas, dentro ou fóra das súas fronteiras. Non fixemos máis
que comezar a vasta tarefa que temos por diante. Temos que actuar agora. Non pode-
mos seguir avanzando no século XXI coas mesmas preguntas que faciamos nos anos
setenta. ¿Cantos nenos minusválidos hai? ¿Localizámolos a todos? ¿Establecemos
procedementos para integrar no sistema educativo a todas as persoas afectadas de
minusvalía que poidan incorporarse? Deberiamos estar a preguntarnos xa cántos
mozos e adultos minusválidos adquiriron o dominio das técnicas e os coñecementos
necesarios para actuar efectivamente na sociedade, cántos atoparon empregos axeita-
dos e satisfactorios. Estas son as preguntas que definen os desafíos ós que temos que
responder no século XXI. As preguntas clave que teremos que contestar nos anos vin-
deiros non se referirán tanto á nosa pretensión como ós resultados que obteñamos. As
nosas respostas a esas preguntas serán a medida do noso éxito ou do noso fracaso.
Con iso seremos fieis ó mellor de nós mesmos e empezariamos a aproveitar o
potencial que levamos dentro. Porque nós, a sociedade mundial, adoecemos, en reali-
dade, dunha grave minusvalía, que é o pesimismo, os desacordos e, mesmo, o deses-
pero. Temos que facernos cargo do noso destino e comezar a derrubar as barreiras que
nos dividen, nos debilitan e nos desorientan. Para edificar unha sociedade mundial é
preciso afrontar colectivamente os grandes desafíos morais e éticos que se nos for-
mulan. Así sacudiremos o ánimo e a conciencia da comunidade internacional e daré-
moslles vitalidade ás institucións que están ó seu servicio. Gran parte do noso proble-
ma é, tamén, un problema de actitude. Facer máis digna a vida destas persoas é, en
última instancia, unha forma de enriquecer a nosa, mediante a xenerosidade e a tole-
rancia, a aceptación da diferencia e a forza incomparable do amor e a comprensión.
12
Educación: Diversidade, tolerancia e cultura de paz
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 12
ESIXENCIAS DA DIVERSIDADE1
Cipriano Luis Jiménez Casas*
Psiquiatra e Psicanalista. Vigo
Se non estás disposto a exporte, non terás nada que
comunicar. Non quero que o traballo sexa retórico
nin dominante. Quero que sexa directo. O corpo é un
receptor, un aceptador de condicións. Tamén pode
transmitir un sentido de condición interna.
Antony Gormley 
O equilibrio e convivencia dun país, dunha sociedade, non será certa-
mente viable ou soportable se non é capaz de recoñecer o principio da diver-
sidade e pluralidade. A pregunta ou cuestión, que hoxe nos facemos sería a
seguinte: ¿como combinar o respecto dos valores universais e o recoñece-
mento das particularidades étnicas, persoais e/ou comunitarias?
A natureza vive e reprodúcese sobre a riqueza das diversidades e a capa-
cidade de utilizar ó máximo a adaptación ambiental, buscando novas solu-
cións a novos problemas. O home, e as sociedades que foi creando, recoñecen
o valor das biodiversidades, esquecéndose, sen embargo, de avaliar e valori-
zar as diversidades humanas. 
Introducción
O século XX, que acabamos de vivir, destacou polo feito da “universalización”,
que, progresivamente, se foi convertendo no que hoxe denominamos “globalización”
ou “mundialización”. Esta nova situación, por outra banda, tan discutida e contro-
13
1 Título do VII Congreso Internacional, Esixencias da Diversidade, celebrado os días 1, 2 e 3 de abril de
2002 en Santiago de Compostela.
* O autor é Director Xeral da Fundación Menela (Vigo). Membro do Consello Asesor de Autismo España.
Presidente de Autismo Galicia. Director da revista Maremagnum.
R
E
SU
M
O
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 13
vertida de globalizados contra globalizadores, prodúcese, en gran medida, gracias á
rede global das comunicacións, e á propia existencia de internet. Estamos hoxe a
falar, en Santiago de Compostela, das Esixencias da Diversidade, precisamente,
nesta cidade tan cargada de historia onde a través das múltiples vías e camiños con-
fluíron persoas das máis diversas condicións culturais, lingüísticas, étnicas, relixio-
sas (“río eu do multiculturalismo actual”)... moitas desas persoas chegaban en con-
dicións, non precisamente saudables, e proba disto foi a importancia que tivo o des-
pregamento de toda unha rede de albergues e hospitais que, ó longo do Camiño de
Santiago, se foron creando. A mellor mostra desa rede hospitalaria foi o que hoxe é
o Hostal dos Reis Católicos, antigo hospital de peregrinos. 
O equilibrio e convivencia dun país, dunha sociedade, non será certamente via-
ble ou soportable se non é capaz de recoñecer o principio da diversidade ou plurali-
dade. Este reto, esta necesidade é fundamental para permitir que calquera persoa con
calquera tipo de minusvalía física, psíquica e/ou sensorial reciba aquelas axudas
necesarias para o seu desenvolvemento, sen que isto supoña ocupar o seu lugar e res-
pectándolle o dereito a ser diferente. 
É unha cuestión evidente e incontestable que a comunicación é hoxe máis
“diversa” e vibrante que nunca. Incluso poderiamos dicir, que, gracias ó máis pro-
fundo coñecemento que temos da condición humana, e, por suposto, tamén sobre as
persoas con trastornos do espectro autista, tócanos vivir unha época histórica, cam-
biante, por suposto, conflictiva, moi conflictiva, pero, ó mesmo tempo, enriquecedo-
ra e ilusionante. 
En calquera caso, estamos nas mellores condicións para deseñar os que poderí-
an ser os mellores programas e servicios de cara a ofertarlles a mellor calidade de
vida ás persoas que máis necesitadas están, este é o caso das persoas con minusva-
lía; ¿Seremos capaces de responder a demanda?
Concepto de dualidade
O episodio do século, affaire du siecle, como dirían os francófonos, está signi-
ficado polo concepto de dualidade dos globalizados confrontados ós globalizadores
dunha sociedade que se autoproclama e considera normal, fronte a outra menos váli-
da ou minusválida. Cando se polemiza sobre estas situacións dualistas ou maxima-
listas e, sobre todo, no tocante ó propio concepto de normalidade, sempre me vén á
memoria aquela frase do meu mestre en Xenebra, o profesor de Ajuriaguerra: “É
terrible o que pensa un criminal, pero as atrocidades ás que poden chegar as persoas
normais... eso é indiscriptible”.
Sen esa “dualidade” a intervención é impensable, non é, simplemente, posible.
A presencia do outro (eu e o outro) e non cero ou un, implica a convivencia, duali-
dade fundamental e necesaria, sobre todo, no caso das persas con TEA. Desta duali-
dade elemental dedúcese a presencia de non poucas interpretacións; pero é a través
da súa transformación pola palabra, polo que podemos intercambiar e debater toda
unha sorte de historias que nos procuren un respecto mutuo. Ó fin, estamos a falar
dun fenómeno de cultura.
14
Esixencias da diversidade
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 14
Ningunha ciencia do home, ningunha invención estatística das opinións, ningún
sistema vídeo-informático pode suplir a cultura e a propia forza da palabra, como a
súa representación máis simbólica e xenuína, que se xera nun sitema de relación
humana.
A problemática das persoas que padecen TEA é unha cuestión dual, unha rela-
ción a dous. Relación dual, relación a dous, que provoca e esixe dun certo grao de
complicidade entrenós mesmos e as persoas con TEA. Desa complicidade vai xur-
dir o coñecemento mutuo e o discurso capaz de “rachar o silencio”.
Diversidade e pluralidade
Un mundo “diverso” e “plural” non é un mundo ordinario, nin un mundo frac-
cionario. É un mundo onde, cando menos, catro instancias cardinais se consideran
mutuamente, respectan os seus propios modos irreductibles de pensar e actuar, a tra-
vés das súas simboloxías pulsionais; o diñeiro para a información, o lugar do pre-
sente para o corpo; a palabra para a cultura e a vida salvaxe para a natureza. 
A pregunta, ou cuestión, que hoxe nos facemos sería a seguinte: ¿como combi-
nar o respecto dos valores universais e o recoñecemento das particularidades étnicas,
persoais e/ou comunitarias?
En a penas 40 anos, os cambios sociais acontecidos no mundo occidental e, par-
ticularmente, en Europa impresionan e convulsionan o tecido social e cultural dos
pobos, dando lugar a cambios moi profundos onde as “diferencias”, unha vez máis
(a diversidade), están sempre como trasfondo: así, desde os anos 60, e tomando como
referencia maio de 1968, irrompen cuestións aínda hoxe non resoltas do “nacionalis-
mo” dos pobos sen estado, que reclaman o recoñecemento do seu pasado, da súa his-
toria, da súa lingua e tradicións... O movemento dos gais, lesbianas, bisexuais, tran-
sexuais e travestís inicia un despregamento de “madurez”, que, neste momento, están
a piques de conseguir case que a igualdade legal, cando menos, nos países máis pro-
gresistas, e polo tanto, son beneficiarios dos dereitos dos que son acredores. O reco-
ñecemento do “feminismo” é tamén notorio, e no campo das “minusvalías” destacan
a mobilización de colectivos como os cegos e xordomudos, desexosos de participar
na vida moderna, a través da lingua dos signos, rexeitando así quedar encerrados e
marxinados nos diferentes guetos, ou, simplemente, vivir como se non tiveran nin-
gún hándicap.
A partir dos anos 80, a evolución socio-política contempla un panorama total-
mente diferente, con identidades novas, ou renovadas, impregnadas dunha forte
carga social. O islam, as formas inéditas do cristianismo, o budismo... convulsionan
o campo relixioso. 
Exclusión social
O nacionalismo reaparece con forza e a sociedade bascula entre dúas perspecti-
vas aparentemente opostas: a forza do individualismo moderno oponse ó comunita-
rismo. 
15
Cipriano Luis Jiménez Casas
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 15
¿Será doado harmonizar estas dúas correntes do pensamento? O individualismo
moderno, tanto nas súas dimensións de participación individual, como no que repre-
senta a súa subxectividade, é, efectivamente, un recurso potente de producción de
identidades colectivas.
A posición “liberal” clama para que, no espacio público, soamente sexan reco-
ñecidos os individuos. En contraposición á posición liberal, os comunitaristas están
a favor do recoñecemento das minorías e dos seus dereitos culturais e sociais.
É preciso, a través do noso colectivo de persoas con TEA, familias, profesionais
e amigos a creación dun ágor@utismo dun espacio cívico de encontro, discusión e
intercambio de información que vertebre un estado de opinión que interveña activa-
mente na elaboración de propostas que permitan “rachar co silencio”, esixir a acep-
tación da diversidade e procurar que as persoas máis afectadas, no noso caso as per-
soas con TEA, logren unha “calidade de vida” acorde coas súas particularidades.
Estamos diante dun proceso de exclusión que funciona sobre un dobre rexistro:
por unha banda, atravesa os campos económico, social, político, organizativo e ins-
titucional; por outra banda, o proceso de exclusión é consubstancial das relacións
sociais, esto é, do xogo das representacións e posicións que os grupos sociais man-
teñen entre eles. 
Este segundo rexistro sitúa a cuestión da exclusión no campo cultural e ideoló-
xico. A loita contra a exclusión debe, entón, operar simultaneamente sobre estes
dobres rexistros. 
A erradicación da exclusión non pode solucionarse soamente co feito de votar
unha lei, por moi boa que sexa, se non modificamos en profundidade as representa-
cións, as prácticas, así como o modelo de sociedade que a soporta. Dito doutro xeito,
unha profunda evolución cultural debe preceder e acompañar as transformacións
económicas, sociais e institucionais. Soamente sobre estas condicións previas, é posi-
ble o paso dunha sociedade de exclusión a unha sociedade solidaria.
A exclusión non é unha fatalidade, senón o resultado dun conxunto de mecanis-
mos nos cales os factores económicos, sociais, políticos e institucionais teñen a súa
parte de responsabilidade.
A necesidade dunha evolución cultural debe situar a todos os excluídos no cen-
tro de todas as políticas e prácticas. Para cada lei, cada decisión, cada acción, hai que
demandar qué efectos de integración e qué efectos de exclusión podería provocar e
cáles serían as dificultades para poder acceder.
Os excluídos deben ser recoñecidos como actores e non como figurantes, obxec-
tos ou espectadores de decisións que lles concirnen e se lles escapan, e das cales eles
mesmos teñen o risco de desentenderse. Eles deben ser recoñecidos como suxeitos,
portadores dunha palabra, e capaces de participar nos movementos sociais. 
A diversidade pertence á propia natureza e, por extensión, tamén á natureza
humana. Non obstante, determinadas ideoloxías dominantes ó longo da historia,
tanto no terreo social como cultural, produciron e están aínda a provocar unha dis-
torsión sobre non poucas diversidades ó ser connotadas cunha avaliación negativa,
16
Esixencias da diversidade
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 16
que impide, identificar as súas capacidades e desexos, tal como acontece en cada
unha das persoas con TEA. Evitar a posta de “etiquetas” con criterios soamente nega-
tivos, favorece, en gran medida, o desenvolvemento das persoas afectadas dalgún
tipo de minusvalía.
Visión social e médica das persoas con minusvalia
Existe unha visión social en relación ás persoas con minusvalía. Uxío Diz
Tilves, estudiante universitario de filoloxía galega nesta cidade de Santiago, quéixa-
se, e con razón, de que, en relación cos demais, el é, sempre, no primeiro golpe de
vista, un minusválido en cadeira de rodas. As outras informacións chegan máis tarde.
A primeira avaliación, para este amigo, sempre deriva da visión social que os outros
lle outorgan: “o minusválido que anda en cadeira de rodas...”
Outra das avaliacións negativas é a visión médica, que trata de xulgar os minus-
válidos, cunha dimensión de saúde, como enfermos permanentes. 
Fernando, que sufriu na súa infancia poliomielite, comentábame que os médicos
que o trataban, o que pretendían era conseguir que puidera andar, aínda que fose arras-
trándose. Pero el pensaba polo baixo: “¿será posible?”, “¿para que este sacrificio?” En
calquera caso, sempre sería diferente, mesmo utilizando unhas boas muletas, en ter-
mos de velocidade e capacidade. O seu paso adiante foi entender unha verdade que lle
permitiu dar unha viraxe na súa vida: “decidinme, non soamente a andar —mellor
rodar— e sen vergoña, cunha cadeira de rodas... Así reforcei as miñas capacidades e
potencialidades, e fuxín de conseguir unha idea abstracta da saúde e un modelo de
rehabilitación que soamente sería posible a través dunha viaxe ó Mosteiro de Fátima.” 
Para Uxío e Fernando o importante non é andar de pé, senón conseguir a súa
autonomía, independencia e interdependencia coa sociedade.
As miñas conversas con estas dúas persoas foron aínda máis aló, ó introducir
outra avaliación negativa que ten que ver, necesariamente, coa exclusión social á que
están sometidos. Os dous son definidos como portadores dun “hándicap”, pero eles,
na súa reflexión, descobren que na raíz dos seus problemas, hai unha verdade moi
simple: os autobuses con escaleiras inaccesibles, os edificios (incluídos os servicios
públicos) con barreiras arquitectónicas, os lugares de traballo e lecer cheos de obstá-
culos. Todos estes atrancos son unhasdificultades para eles, non porque teñan que
desprazarse nunha cadeira de rodas, senón porque os enxeñeiros, os arquitectos, os
urbanistas ou os representantes políticos non incluíron a estas dúas persoas, Uxío e
Fernando, entre os usuarios do transporte público, entre os espectadores do cine, de
teatro, de museos ou de servicios. Eles non son certamente portadores de hándicap,
senón recibidores de hándicap. Eles pretenden rachar o silencio e saír desa categoría
de cidadáns invisibles e converterse en cidadáns visibles.
Un médico psiquiatra de Montreal, comentábame, hai dous anos, que todos os
europeos quedabamos sorprendidos pola cantidade de persoas anciás que circulaban
pola cidade e asistían a cines, teatros ou restaurantes, gracias á mobilidade que lles
permitían as súas estupendas cadeiras de rodas e a eliminación de todo tipo de barrei-
ras arquitectónicas e psicolóxicas.
17
Cipriano Luis Jiménez Casas
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 17
Montreal é, francamente, unha gran cidade de vangarda na loita contra a exclu-
sión e o respecto á diversidade. En Quebec, os vellos contan, probablemente, cunha
das mellores organizacións xeriátricas do mundo, tanto na súa dimensión técnica
como humana.
Minusvalía e relación social
O escritor inglés H.G. Wells, un dos fundadores da Science Fiction, clarifíca-
nos, moi acertadamente, a nosa condición de potenciais minusválidos, en función de
ónde e con quén nos atopemos. El imaxina que un home perdido nas montañas se
atopa cun val onde todas as persoas que alí viven son cegas. O protagonista, como
todos vostedes estarán pensando, coida que, seguramente, aproveitara esa situación
para facerse ou erixirse en xefe desa comunidade. Cumpriríase así a famosa frase “na
terra dos cegos, un chosco é o amo”. Pero, a través dunha serie de experiencias nega-
tivas, chega a comprender que nun mundo de cegos unha persoa que ve é discrimi-
nada, polo que adopta a solución de fuxir. Que falso, polo tanto, resulta ese refrán,
por outra parte, tan socorrido.
O “hándicap” realmente é unha relación social e depende das normas sociais e
principios que están na base da súa organización. A propia Organización Mundial da
Saúde identifica tres niveis de avaliación das condicións da persoa con discapacida-
de. A primeira é a diminución física, psíquica ou sensorial. Nun segundo nivel, esta-
rían a discapacidade ou discapacidades consecuencia da propia diminución. O ter-
ceiro nivel é o hándicap, que deriva da relación co ambiente da vida cotiá. Pero, evi-
dentemente, o hándicap, unha vez máis, é moitas veces consecuencia dunha exclu-
sión social, que provoca discriminacións ou limitacións nos dereitos da persoa con
minusvalía. Así as cousas, a propia OMS trata de recoñecer o problema da discapa-
cidade como problema fundamentalmente social e só parcialmente médico.
Conclusión
En Europa existen 37 millóns de persoas con minusvalía (discapacidade) e des-
pois do Ano Internacional das persoas con discapacidade (1981), as NU elaboraron
un texto sobre as Normas estándar das Nacións Unidas pola igualdade de oportuni-
dades das persoas con discapacidade, aprobadas pola Asemblea Xeral das NU o 20-
12-1993 (resolución 48/93). Estas normas son un instrumento internacional de orien-
tación metodolóxica, cultural e política, e poden ser un método de control para garan-
tir o respecto dos dereitos humanos e civís.
Os principios máis importantes das normas estándar das NU son os seguintes:
3 O hándicap é unha relación social (OMS).
3 Desenvolvemento de políticas de igualdade de oportunidades.
3 Dirixir as accións á vida independente (autónomas, autodeterminada e inte-
rindependente).
3 Garantir a participación directa das persoas con discapacidade e das súas
familias nas políticas que os implican.
18
Esixencias da diversidade
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 18
As persoas con discapacidade ou minusvalía, teñen moitos recursos, como cal-
quera de nós. Pero non debemos apremalos ou mortificalos. Buscar modelos de
“saúde”, modelos que hai que acadar, sen implicar os recursos das persoas afectadas,
pode provocar unha vida negativa, frustrante e autodestructiva. Os obxectivos deben
ser a vida autónoma e autodeterminada das persoas con necesidades rehabilitativas.
Ninguén pretende atopar nun gato as calidades dun can. ¿Por que moitos médicos,
psicólogos e rehabilitadores pretenden lograr obxectivos das persoas con minusvalía,
para os cales non están preparados? As persoas con minusvalía ou discapacidade
teñen os seus propios recursos e capacidades e tratan de buscar unha normalidade
diferente.
A natureza vive e reprodúcese sobre a riqueza das diversidades e a capacidade
de utilizar ó máximo a adaptación ambiental, buscando novas solucións a novos pro-
blemas. En todo caso, respectando un equilibrio entre as especies e o ambiente de
vida.
O home, e as sociedades que foi creando, recoñecen o valor das biodiversida-
des, esquecéndose, sen embargo, de avaliar e valorizar as diversidades humanas.
Neste milenio, no que nos atopamos, precisamos de sociedades abertas, que
inclúan a todos os cidadáns como persoas que teñen dereitos e recursos que lle ofer-
tar —tolleitos ou non— á sociedade da que forman parte.
Estas sociedades son as que as persoas con minusvalía queren e axudarán a
construír, onde cada quen poida expresarse e formar parte dela, onde as diversidades
non sexan problema, senón recursos reais sobre os cales se desenvolva a conviven-
cia civil e a proxección das solucións sociais.
Bibliografía
BABELIA: “Contra la intolerancia”. El País, nº: 520. Sábado 10 de novembro de 2001.
CHOMSKY, NOAM; DIETERICH STEFFAN, HEINZ: La Aldea Global. Editorial Txalaparta,
6ª edición. Tafalla, Nafarroa, 2001.
CLAVEL, GILBERT: La Société D’exclusion, comprendre pour en sortir. Éditions
L’Harmattan, París, 1998.
DE VILLOTA, PALOMA: Globalización y Género. Editorial Síntesis. Serie ACTUALI-
DAD. Madrid, 1999.
DUCLOS, DENIS: Universelle exigence de pluralité. Le Monde Diplomatique. París,
2000.
EUROPEAN DAY OF DISABLED PERSONS: Egalisation des chances pour les
personnes handicapées: vers une politique globale d’intégration? Forum
Européen des Personnes Handicapées. Autisme-Europe. Bruxelas, 1996.
EUROPEAN DAY OF DISABLED PERSONS: ¿Cómo pueden las personas disca-
pacitadas de la Unión Europea conseguir la igualdad de derechos como ciudada-
nos? Lisa Waddington, Aart Hendriks, Tom McCarthy y John Wall. Bruselas, 1996.
19
Cipriano Luis Jiménez Casas
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 19
JIMÉNEZ CASAS, CIPRIANO LUÍS: Diversi (ci) dade. A Nosa Terra, nº 950. Vigo, 2000.
KATSCHNIG, HEINZ, FREEMAN, HUGH, SARTORIUS, NORMAN: Calidad de vida en los
trastornos mentales. Masson, S.A. Barcelona, 2000.
SIGLO CERO: Autodeterminación y Planificación centrada en la persona.
Novembro – Decembro 1996. Vol. 27 (6), nº: 168. Edita: FEAPS. Madrid.
SIGLO CERO: Integración Social y Laboral. Setembro–outubro 2001. Vol. 32 (5),
nº: 197. Edita: FEAPS. Madrid.
WANG, MARGARET C.: Atención a la diversidad del alumnado. Narcea, S.A. de
Ediciones. Madrid, 1998.
WIEVIORKA, MICHEL: “Ethnies, religions, communautés: le grand défi des diffé-
rences. Le Monde des Debats” Le Nouvel Observateur, nº: 24. Abril 2001. París.
20
Esixencias da diversidade
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 20
DIVERSIDADE E INTEGRACIÓN.
AS MINORÍAS ISLÁMICAS EN ESPAÑA
María J. Rocha*
Catedrática da Facultade de Dereito de Ourense.Universidade de Vigo
En España, a resolución dos problemas para unha efectiva aplicación do
acordo asinado entre a CIE e o Estado, depende en maior medida de que se
alcance un axeitado entendemento dentro do propio Islam, que da falta de
vontade dos poderes públicos. Iso pon de manifesto, tanto no feito mesmo da
sinatura do Acordo de 1992 (único na Unión Europea, a pesar da menor pre-
sencia do Islam en España que noutros Estados do noso ámbito), e nas medi-
das adoptadas para que se imparta ensino islámico nas escolas públicas.
Non obstante, o concepto islámico do home e dodereito permiten aven-
turar que, se segue aumentando a proporción da poboación musulmana en
España, a situación será previsiblemente moi distinta, pois a doutrina islámi-
ca non coñece a separación entre relixión e política ou dereito.
Retos do Ano da Diversidade
Como é sabido, na recente Declaración universal da UNESCO sobre a diversi-
dade cultural afírmase que, esta é, para o xénero humano, “tan necesaria como a
diversidade biolóxica para os organismos vivos” (art. 1). Ó mesmo tempo, declára-
se que “nas nosas sociedades cada vez máis diversificadas, resulta indispensable
garantir unha interacción harmoniosa e unha vontade de convivir de persoas e gru-
pos con identidades culturais, ó mesmo tempo, plurais, variadas e dinámicas. As
21
* A autora é Decana e Catedrática de Dereito eclesiástico do Estado (Departamento de Dereito Público na
Facultade de Dereito da Universidade de Vigo). Doutora en Dereito Canónico pola Universidade de
Navarra. Estancias de investigación nas Universidades de Potsdam e Göttingen. Académica correspon-
dente da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e pertence á Asociación Española de Dereito
comparado e á Asociación de Análise de Dereito e Sociedade.
R
E
SU
M
O
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 21
políticas que favorecen a participación de todos os cidadáns garanten a cohesión
social, a vitalidade da sociedade civil e a paz (...)”. 
Nestas páxinas, tratarase de presentar unha pequena achega á integración dunha
das minorías relixiosas presentes no territorio español: a islámica. Para iso ofrecera-
se unha primeira aproximación a cál é a presencia actual do Islam en España, desde
unha perspectiva sociolóxica e xurídica (1). Agora ben, unha axeitada comprensión
da diversidade do fenómeno islámico require un coñecemento, aínda que sexa breve,
da Sharia e do que se deu en chamar “Teocracia islámica”, fronte ó dualismo de
poderes (relixioso e civil) que constitúe un dos piares das sociedades occidentais, así
como da concepción antropolóxica do Islam; xa que a concepción do home consti-
túe, en último extremo, o fundamento de toda sociedade (2). No apartado seguinte
apúntanse as dificultades de aplicación dos dereitos recoñecidos en España ós musul-
máns, tomando o exemplo dunha cuestión específica: o ensino da relixión islámica
(3). Por último, ofrécese unha consideración final. 
1. Presencia islámica en España e o seu recoñecemento xurídico
Tanto a consecuencia dos crecentes fenómenos migratorios dos últimos anos,
como debido a certo número de españois de orixe conversos ó Islam, a relixión pre-
dicada por Mahoma conta hoxe cunha minoría non desdeñable en España1. Respecto
á situación do Islam en España hai que anotar que a súa presencia nestes momentos
é notablemente inferior á doutros estados como Francia, Alemaña ou Gran Bretaña,
países, todos eles, de acollida de emigrantes islámicos xa desde hai décadas2. Sen
embargo, o único estado europeo co que o Islam asinou un acordo de cooperación é,
precisamente, o español.
Esta presencia levou a Administración central española ó seu recoñecemento
xurídico, nun primeiro momento, e á sinatura dun acordo de cooperación nun
momento posterior. Aínda existindo un bo número de comunidades e asociacións
islámicas inscritas, para a negociación, sinatura e seguimento do acordo co estado, as
dúas agrupacións máis representativas (a Federación Española de Entidades
Relixiosas Islámicas, FEERI e a Unión de Comunidades Islámicas de España,
UCIDE), constituíron a chamada Comisión Islámica de España (CIE) como órgano
representativo de Islam.
22
Diversidade e integración. As minorías islámicas en España
1. O número de persoas islámicas inmigrantes e residentes en España cífrase, segundo o Instituto Nacional
de Estatística, nunhas 190.000 (Cfr.: www.ine.es/inebase/cgi/um). Se a elas se engaden os conversos
españois, cifras que oscilan segundo as fontes, pero que parecen estimarse nuns 3.000 (cfr.: J.
Mantecón, LITRO ‘Islam en Espagne, en European Consortium for Church- State Research, Wien,
2002) e a inmigración ilegal, pódese estimar que a poboación musulmana en España ascende a unhas
350.000 persoas.
2. O número de musulmáns en Europa estímase que é duns 11 millóns. Francia ten a comunidade máis
importante (4.200.000 musulmáns, dos que case 3.000.000 son de orixe magrebí). Alemaña acolle uns
2.500.000 musulmáns, entre eles, dous millóns de orixe turca). Gran Bretaña conta con 1.750.000
musulmáns, dos que 360.000 son orixinarios de Paquistán, 130.000 da India, e o resto de diversos paí-
ses. (Cfr.: Do Islam en Europa a un Islam Europeo en www3/planalfa.es/cidaf/noticias/news36.htm).
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 22
O Acordo de cooperación do Estado Español coa Comisión Islámica de España,
do 10 de novembro de 19923, constitúe, pois, o marco xurídico expecífico previsto
polo ordenamento español para a integración do Islam en España.
No mencionado acordo, recóllense, polo menos teoricamente, as solucións pac-
tadas (Islam-Estado) sobre da inviolabilidade das mesquitas e lugares de culto islá-
mico (art. 2 do acordo), o estatuto xurídico dos dirixentes relixiosos islámicos ou
imáns (art. 3-6), o recoñecemento de efectos civís ó matrimonio, celebrado segundo
a forma relixiosa establecida na lei islámica (art. 7), a educación relixiosa islámica
nos centros públicos de ensino (art. 10), e a garantía de que se establecerán as medi-
das oportunas para o respecto da dimensión espiritual e as peculiaridades específicas
da lei islámica, no referente a alimentos (art. 14) e a días festivos (art. 12), entre
outras cuestións. 
Nos meses pasados cobraron actualidade, chegando a ser, de forma reiterada,
noticias de prensa de primeira páxina, a cuestión do veo islámico4 das nenas escola-
rizadas no noso país, e o ensino da relixión islámica nas escolas públicas. Todo iso
no contexto dunha opinión pública convulsionada polos acontecementos de 11-S,
perpetrados polo terrorismo de orixe fundamentalista islámica.
2. Diversidade islámica na concepción do home e do dereito respecto da con-
cepción occidental, de raíz cristiá
2. 1. Antropoloxía islámica
O Islam preséntase como un camiño de salvación. Mahoma considérase o últi-
mo profeta encargado de lle dar cumprimento ó que a Biblia e o Evanxeo anuncia-
ran, mediante a Revelación definitiva contida no Corán. A actitude do crente é de
plena submisión á vontade de Deus, e abrangue a totalidade da vida: o dereito, a eco-
nomía, as relacións familiares, sociais, o estado e a política. 
Na teoloxía musulmana, o drama da liberdade do home e a predestinación
resólvense desde a perspectiva de que todo é providencia. De aí derívanse, por un
lado, o fatalismo, e por outro, a chamada a gozar plenamente de cada un dos dons
recibidos de Deus, e de cada día da vida. O providencialismo islámico elimina a
causalidade fóra da acción creadora divina. O sufrimento e o gozo son necesarios
para mostrar unívoca a aceptación da vontade divina. Non existe, propiamente, unha
ascética entendida como loita por corresponder ó amor de Deus, aínda que a jihad
(guerra santa) se interprete, en primeiro lugar, como loita contra un mesmo (pai-
xóns, vicios, etc.).
Deus é só maxestade, omnipotencia e misericordia, pero non o Deus-con-nós
(Enmanuel) do cristianismo que redimiu o home. Na concepción islámica non hai
23
María J. Rocha
3. Aprobado pola lei 26/1992 (BOE 12-11-1992).
4. A prescrición de que as mulleres leven a cabeza cuberta, ten a súa orixe no Corán, 33, 50.
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 23
sitio para a redención, por iso, non soamente, a teoloxía, senón tamén, a antropolo-
xía do Islam está moi lonxe da cristiá.
A moral islámica determina ata os máis pequenos extremos, en termos de cum-
primento da lei, pois considérase máis importante o cumprimento da letra que do
espírito. As cinco grandes obrigas dun musulmán son a profesión de fe, a oración
ritual cinco veces ó día (o venres comunitariamente na mesquita), a esmola, o xaxún
durante o mes do Ramadán (en xeral,a partir dos 14 anos, aínda que hai variación
segundo as escolas), e a peregrinación, polo menos unha vez na vida, á Meca. A lei
islámica condena a apostasía, a blasfemia, o asasinato, o furto, o adulterio, a prosti-
tución e a homosexualidade.
O musulmán non está obrigado a dar a súa vida pola súa fe. Por iso, en cir-
cunstancias adversas pode simular, con tal que no seu interior manteña a fidelidade
a Deus e ó Profeta. Isto denomínase lei da taqiya ou simulación.
Quizais lle sorprenda ó lector que, baixo o epígrafe da “Antropoloxía”, se fagan
continuas referencias ós deberes relixiosos. Iso débese a que o Islam non coñeceu un
fenómeno similar á Ilustración occidental, por unha parte, e, por outra, a que, mesmo
dentro do Islam ortodoxo, o musulmán non se propón tanto coñecer a Deus (ou ó
home á luz de Deus), como someterse á vontade divina. 
2.2. Monismo islámico versus dualismo cristián
O cristianismo aspira a “cristianizar” os individuos, e tamén o seu ámbito socio
cultural. De feito, a inculturación da fe é unha consecuencia necesaria da coherencia
dos crentes. Sen embargo, o cristianismo distingue, desde as súas orixes, dous ámbi-
tos: o relixioso e o secular: “Dádelle ó César o do César e a Deus o de Deus” (Mt.
22, 21). Certamente, o dualismo cristián coñeceu distintos tipos de abusos de predo-
minio do poder secular sobre o relixioso —cesaropapismo— ou de predominio do
poder relixioso sobre o secular —hierocratismo medieval—. Agora ben, iso non
impide que, polo menos a nivel teórico, a concepción cristiá partira sempre dunha
recíproca autonomía dos poderes temporal e espiritual. 
Unha primeira clave de entendemento do fenómeno islámico, ou mellor dito, da
dimensión xurídica do Islam, radica en que, segundo a concepción islámica, a Sharia
(lei islámica integrada polo Corán e a Sunna), contén, non só as verdades de fe e os
mandamentos ético-morais, senón tamén os criterios para regular a sociedade e a
política. Non existe separación entre o estado e a relixión. 
É dicir, na concepción musulmana da relixión e do dereito, non existe esa sepa-
ración entre a lei relixiosa e a civil. Ó contrario, a Sharia constitúe o límite negativo
que non pode traspasar ningunha lei musulmana e é tamén parte integrante, cun
rango superior a calquera outra lei positiva humana, do dereito de calquera estado
islámico. 
A umma ou comunidade islámica ten un carácter cultural e político que están,
indisociablemente, unidos ó seu carácter relixioso. 
24
Diversidade e integración. As minorías islámicas en España
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 24
3. Dificultades de aplicación dos dereitos recoñecidos en España ós musulmáns:
o ensino da relixión islámica
¿Cales son as dificultades que houbo ata agora para a aplicación das medidas de
garantía previstas nos acordos de 1992? ¿Cales son os logros alcanzados? As princi-
pais dificultades para a aplicación dos dereitos recoñecidos no Acordo de 1992 teñen
a súa orixe na falta de entendemento entre as dúas entidades que o integran. 
Polo que se refire ó ensino relixioso islámico5, o marco legal ten dous piares bási-
cos: por un lado, a propia Lei orgánica de ordenación xeral do sistema educativo de
1990 (LOXSE), a teor da cal, o ensino relixioso no sistema educativo público realiza-
rase segundo o establecido nos acordos coas distintas cofesións. E, por outro lado, o
acordo coa CIE (art. 10) que establece: “garánteselles ós alumnos musulmáns, ós seus
pais e ós órganos escolares de goberno que o soliciten, o exercicio do dereito dos pri-
meiros a recibir ensino relixioso islámico nos centros docentes públicos e privados
concertados, sempre que, en canto a estes últimos, o exercicio daquel dereito non
entre en contradicción co carácter propio do centro, nos niveis de educación infantil,
educación primaria e educación secundaria”. A forma concreta de satisfacer este
dereito consiste en que: “os centros docentes públicos e privados concertados […]
deberán facilitar os locais adecuados para o exercicio do dereito, que neste artigo se
regula, sen que poida prexudicar o desenvolvemento das actividades lectivas”.
Os profesores tiñan que ser designados polas comunidades integradas na CIE,
coa conformidade da federación á que pertencesen. Polo que se refire ó contido do
ensino, debíano establecer as respectivas comunidades, coa conformidade da CIE. O
control do contido do ensino relixioso, ó ser o Estado español neutral en materia reli-
xiosa (art. 16,3 da Constitución Española), non lles pode corresponder ós poderes
públicos, senón que se lles atribúe, en cada caso, ás autoridades da confesión reli-
xiosa de que se trate.
O 12 de marzo de 1996 os ministros de Xustiza e Educación e representantes da
CIE asinaron un convenio sobre designación e réxime económico dos profesores de
ensino relixioso islámico6. O convenio refírese, unicamente, ós centros públicos de
educación primaria e secundaria. Nel, recóllese un principio xa previsto noutras nor-
mas de carácter xeral7: os pais ou titores (ou os propios fillos, se fosen maiores de
idade) pódenlle manifestar ó director do centro, ó comezo de cada etapa ou nivel edu-
cativo, o seu desexo de cursar o ensino relixioso islámico. A devandita elección é sus-
ceptible de modificarse ó principio de cada curso escolar.
25
María J. Rocha
5. Cfr. J. MANTECON, L’enseignement da religion dans lle système éducatif espagnol: réference spéciale à
l’enseignement religieux évangélique et islamique, en VV.AA. (coord. F. MESSNER, A. VIERLING)
“L’enseignement religieux à l’école publique”, Estrasburgo 1998, pp. 119-128; J. M. MARTI, O ensino
da relixión islámica nos centros públicos docentes, en VV.AA.. “O Islam en España” Cuenca, 2001, pp.
135-161.
6. Resolución do 23 de abril de 1996, da Subsecretaría do Ministerio da Presidencia pola que se dispón a
publicación do Convenio (BOE do 3 de maio).
7. Cfr. Real Decreto 2438/1994, do 16 de decembro, sobre o ensino da relixión (BOE do 26 de xaneiro de
1995).
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 25
Os centros docentes transmítenlles esta información ás comunidades islámicas
locais. E estas propoñen os profesores, que han de recibir previamente a conformi-
dade da CIE. A CIE ha de lles comunicar ás administracións educativas competen-
tes, as persoas que considere idóneas para impartir o ensino relixioso islámico. A
designación dos profesores, debe recaer, necesariamente, en persoas propostas polas
comunidades islámicas locais.
As administracións educativas e a CIE comprométense a adoptar as medidas
necesarias para que os alumnos que o soliciten poidan recibir o ensino solicitado, e,
para que cada profesor poida atender o maior número posible de alumnos nos cen-
tros docentes dun mesmo ámbito territorial. Así, a Administración comprométese a
agrupar os alumnos do mesmo nivel educativo que soliciten o ensino relixioso islá-
mico. No caso de que o grupo formado fora inferior a dez, prevese a posibilidade de
agrupar os alumnos dos diferentes niveis dunha mesma etapa educativa. O Estado
asumiría o pagamento do profesorado, cando o número de alumnos que reciban este
ensino fora igual ou superior a dez en cada clase. Sen embargo, as cantidades debi-
das non se aboarían directamente ós profesores, senón á CIE. Esta situación cambiou
en 19988, a partir desa data a administración educativa competente contrata e paga
directamente os profesores. 
A falta de entendemento entre as dúas federacións que integran a CIE, impediu
a aplicación do previsto no convenio. Cada federación —e non cada comunidade,
segundo o establecido no convenio— presentou listas distintas de profesores, e a CIE
foi incapaz de alcanzar o acordo dos dous secretarios xerais, é dicir, das dúas fede-
racións. As autoridades públicas non poden substituír na súa decisión os represen-
tantes confesionais, precisamente, polo carácter non confesional do Estado español,
como xa se apuntou.
Actualmente, estase a impartir ensino relixioso islámico nos lugares onde se
produciu un acordo para a elección de profesores, como en Madrid.Alí, no curso
1999-2000 houbo 1.080 solicitudes para recibir ensino islámico (779 en primaria e
301 en secundaria). E, en Melilla, onde no curso 2000-2001, se seleccionaron 12 pro-
fesores para un total estimado de 3.000 alumnos. Neste último caso, esixíuselles titu-
lación universitaria, realizar un curso de adaptación pedagóxica, ter coñecementos
das linguas árabe e tamazight (lingua bérber falada no Rif), e experiencia docente9.
Consideración final 
En España, pódese dicir hoxe, que, no plano xurídico, a resolución dos proble-
mas para unha efectiva aplicación do acordo asinado entre a CIE e o Estado, depen-
26
Diversidade e integración. As minorías islámicas en España
8. Mediante a Lei de medidas fiscais, administrativas e de orde social, do 30 de decembro de 1998 (Cfr.
art. 93 da Lei 50/1998 (BOE do 31 de decembro), engadiuse un novo parágrafo á Disposición adicio-
nal segunda da LOXSE, a teor deste, os profesores de relixión non funcionarios, deben ser contratados
pola Administración educativa mediante contratos de duración dun ano escolar, recibindo un salario
igual ó que lles corresponde ós profesores funcionarios interinos do mesmo nivel. 
9. Cfr. Webislam 133, 2-VIII-01.
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 26
de en maior medida de que se alcance un axeitado entendemento dentro do propio
Islam, que da falta de vontade dos poderes públicos. Iso pon de manifesto, tanto no
feito mesmo da sinatura do Acordo de 1992 (único na Unión Europea, a pesar da
menor presencia do Islam en España que noutros estados do noso ámbito), e nas
medidas adoptadas para que se imparta ensino islámico nas escolas públicas.
O exposto no parágrafo anterior é o diagnóstico que se desprende do exame dos
datos estatísticos e das normas xurídicas hoxe vixentes. Non obstante, a aproxima-
ción ó concepto islámico do home e do dereito permiten aventurar que, se segue
aumentando a proporción da poboación musulmana en España, a situación será pre-
visiblemente moi distinta, pois a doutrina islámica non coñece a separación entre
relixión e política ou dereito.
Bibliografía
COMBALÍA, Z.: El derecho de libertad religiosa en el mundo islámico. Navarra
Gráfica Ediciones. Pamplona, 2001.
DE A HERA, A / MARTÍNEZ DE CODES, R. (coords.): Encuentro de las tres confesiones
religiosas. Cristianismo, Judaísmo, Islam. Ministerio de Justicia, Madrid, 1999. 
MANTECÓN, J.: Los Acuerdos del Estado con las confesiones acatólicas. Universidad
de Jaén. Jaén, 1995.
RAÍÑA, V. / FÉLIX BALLESTA, M.A-N. (coords.): Acuerdos del Estado Español con
confesiones religiosas minoritarias. Marcial Pons. Madrid, 1996.
VV.AMPERIO.: El Islam en España. Historia, pensamiento, religión y derecho.
Universidad de Castilla-La Mancha. Cuenca, 2001.
27
María J. Rocha
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 27
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 28
¿QUE CIDADANÍA MULTICULTURAL?1
Pilar Allegue Aguete*
Profesora de Filosofía do Dereito e Política. Universidade de Vigo e Uned
Os estados plurinacionais e as correntes migratorias poñen en primeiro
plano da actualidade os vínculos entre cidadanía e cultura. Neste artigo cues-
tionamos que é o multiculturalismo, así como certos discursos tradicionais
sobre cidadanía común. Recollémo-las teses de L. FERRAJOLI e de D. ZOLO e des-
tacámo-la interesante posición de I.M. YOUNG sobre «cidadanía diferenciada»,
quen afirma que unicamente «unha concepción da xustiza que denuncia a opre-
sión e dominación institucionalizadas homoxenizadoras e ofreza a visión dun
ámbito público heteroxéneo que recoñeza e afirme as diferencias dos grupos»
pode ser pauta normativa en cada tempo e lugar das sociedades democráticas.
Defendémo-la convicencia das diversas culturas e da multiculturalidade e,
dende o respecto ás diferencias, manifestámo-la necesidade de construír víncu-
los de reciprocidade nunha organización política federal ou confederal.
I
Alain TOURAINE preguntábase hai uns anos se era posible conxuga-la unidade
dunha sociedade coa diversidade cultural (1). Diante desta interrogante cómpre facer
unhas aclaracións seguindo a este autor:
29
R
E
SU
M
O
1. Texto da conferencia pronunciada no VII Congreso Internacional Esixencias da Diversidade, celebra-
do en Santiago de Compostela do 1 ó 3 de abril de 2002.
* A autora foi bolseira nas universidades de Bordeus (Francia). Nápoles, Torino, Roma (Italia) e Bos Aires
(Arxentina). Directora dos proxectos de investigación ¿Fin do estado social? Innovación educativa,
Aspectos xurídicos do multiculturalismo, Espectativas e aspiracións das mulleres na Universidade de
Vigo, entre outros. Investigadora en diversos proxectos entre os que destacan Retos xurídicos da iden-
tidade galega no marco da integración europea (2000), aproximación a unha análise socio política do
século XIX en Pontevedra (2001). Entre as súas publicacións destacaron as que fan referencia a obra
de Fr. Martín Sarmiento, Averroes, Concepción Arenal e outros temas como: Pluralismo, Soberanía e
Diversidade cultural, Concepto de cidadanía, etc.
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 29
1. Cando falamos de multiculturalidade non falamos de sociedades nacionais en
loita pola súa independencia ou recoñecemento, pois os movementos de libera-
ción non queren crear unha sociedade multicultural senón constituír unha socie-
dade nacional, en principio, con identidade cultural, unha sociedade, un estado...
2. Outra afirmación de TOURAINE que nós asumimos totalmente é a seguinte: a
única sociedade multicultural estable é un estado laico, secularizado, denomi-
nado democracia.
3. Outra aseveración é: as chamadas á tolerancia son confusas, porque unha
extrema tolerancia desregula os comportamentos sociais e, unida ás liberdades
políticas, levaría á autodestrucción (2). Existe, como afirma E. GARZÓN
VALDÉZ, o respecto do que el mesmo adoita chamar «couto vedado» dos derei-
tos primarios que escapan a toda decisión maioritaria, é preciso refugar unha
tolerancia «boba» e practicar outra «activa» que denuncie o intolerable (3).
Resumindo diremos, seguindo as teses de A TOURAINE, que o multiculturalismo
ten sentido se o definimos como «unha combinación de territorio dado, unidade
social e pluralidade cultural», que produce intercambios e comunicación entre acto-
res que teñen diferentes categorías de expresión, análise e interpretación (4). É a
defensa da interculturalidade fronte á tribalización ou á asimilación das culturas (5).
Nunha sociedade democrática os dereitos, dereitos positivizados, garantidos
dende unha constitución, son dereitos de inclusión en principio.
II
Examinemos brevemente o concepto de cidadanía común2 como resumo das
tres concepcións da tradición occidental: 
1. A clásica, na que existe un certo tipo de participación e busca do ben públi-
co, comunitario dende esta perspectiva (retomados algúns elementos, poste-
riormente, por ROUSSEAU).
2. A moderna, primeiro absolutista e despois liberal, ética, republicana e na que
se proclaman os dereitos civís e políticos (excluíndo da universalidade, xa
neste tempo, as mulleres, os non propietarios e os non nacionais, é dicir: «os
bárbaros» ou estraños).
3. A chamada por ZOLO democrático-social, relacionada nos séculos XIX e XX
co nacemento dos partidos democráticos, socialistas e movementos sociais;
esta última incorporará os dereitos sociais, económicos e culturais (6). 
A partir dos anos cincuenta a cidadanía como concepto normativo, nas teorías
sociolóxicas e políticas, ten un representante emblemático en T.H. MARSHALL (7). A
súa teorización enfrontada á de clase social foi punto de partida de numerosos deba-
tes sobre esta noción.
30
¿Que cidadanía multicultural?
2. Chamamos común á cidadanía que comprende as concepcións históricas liberal, republicana e cosmo-
polita para distinguila da pluralista e multicultural, e fronte da diferenciada que ten como expoñente
principal a I.M. YOUNG.
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 30
En Citizenship and social class define a cidadanía como «posesión de derei-
tos (civís, políticos,económicos, sociais e culturais) e pertenza a unha comunida-
de» (8). Foi a definicición máis influente ata os nosos días, elaborada dende unha
dimensión sociolóxica e na que se postula unha «igualdade humana básica, aso-
ciada á pertenza a unha comunidade... e revestida dun formidable corpo de derei-
tos... identificable co estatus de cidadanía...». É unha visión optimista e lineal que
só pode darse nun Estado de benestar, liberal e democrático porque é garante dos
dereitos civís, políticos e sociais. Esta noción de cidadanía inscríbese na tradición
ético-republicana-comunitarista e, a pesar dos seus reduccionismos e limitacións,
contribuíu primeiramente ó protagonismo e relevo do concepto na teoría política,
sociolóxica e xurídica e, en segundo lugar, subliña a transcendencia dos dereitos de
cidadanía como tutela dos individuos contra os poderes arbitrarios xerados no capi-
talismo (9). Esta posición foi contestada criticamente, ente outros, por L.
FERRAJOLI (10) e D. ZOLO (11). O primeiro autor, sinalando as simplificacións de
MARSHALL, dende unha dimensión filosófico-xurídico normativista, defensora dos
dereitos dos individuos e das persoas dende un constitucionalismo (internacional)
mundial; o segundo expón as tensións internas que xera a tese marshaliana e, como
realista internacionalista de esquerda europea, asume parte das teses de HABERMAS
sobre unha cidadanía «republicana» construída dende a participación e a comuni-
cación, na que os dereitos de cidadanía son de orixe empírica e dependen de con-
tinxentes históricos, resoltos moitas veces a través da violencia; carecen de funda-
mento. Por esta razón débese reduci-la inseguridade por medio do control dos «ris-
cos sociais»
Fronte á definición sociolóxica de MARSHALL, L. FERRAJOLI sinala: 
1. A necesidade de distingui-los diferentes usos do termo cidadanía: o político,
o sociolóxico, o xurídico. Cuestión moi importante, porque unicamente dende
unha definición xurídica dos dereitos podemos esixir garantías, posto que «só
son dereitos, insiste FERRAJOLI, aqueles que están recollidos nos ordenamen-
tos establecidos en cada lugar e tempo» (12). Por outra banda, esta definición
confunde os dereitos do home cos do cidadán e ten graves consecuencias, pois
a cidadanía conectada cos dereitos fundamentais —universais— é factor de
inclusión, pero se se enfronta á persoa é de exclusión.
2. Porque o universalismo dos dereitos fundamentais e o seu nexo coa igualda-
de procede da concepción moderna individualista fronte á antiga comunitaria.
3. A cidadanía nacional xera desigualdade diante do distrute dos dereitos funda-
mentais por nacemento e non por elección. O universalismo dos dereitos fun-
damentais cuestiona as sedes nacionais, esixe sedes internacionais para as
súas garantías, e sitúanos na necesidade dun cosmopolitismo xurídico e dun
constitucionalismo mundial, presente na Declaración Universal dos Dereitos
do Home de 1948. Exemplo de dereitos que deben ser atribuídos non como
cidadán, senón como persoas, son os de residencia e libre circulación. Eles só
terían grandes consecuencias nas economías dos países ricos, afirma
FERRAJOLI (13).
31
Pilar Allegue Aguete
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 31
Danilo ZOLO, dende unha concepción xurídico-político realista, sinala tres
aspectos polos que a noción de cidadanía é útil:
1. Conecta o funcionamento das institucións democráticas coa cualidade da
«vida pública». Observa ex parte populi o sistema político como titular de
dereitos e a efectividade do seu disfrute.
2. Asocia o universalismo dos dereitos subxectivos co particularismo de perten-
cer a un grupo político ou ben da exclusión polas mesmas razóns.
3. Tematiza as tensións existentes hoxe: sobre emigrantes, protección de mino-
rías étnico-culturais internas a un estado nacional; e o carácter inclusivo e
expansivo dos dereitos suxectivos; as tensións dende a globalización do dis-
frute efectivo dos dereitos baixo a tutela internacional (14).
Danilo ZOLO defende un concepto de cidadanía que, partindo do individualismo
dos dereitos, contempla os dereitos de liberdade positiva e negativa, a autonomía
individual, o pluralismo étnico-cultural e a superación de carácter exclusivamente
formal. Participa, como dixemos, do «republicanismo» de HABERMAS, para quen a
identidade nacional se constrúa dende a participación e comunicación, non dende
identidades étnico-culturais.
Sen embargo, contra estes conceptos de cidadanía común, de estatus legal defi-
nido por un conxunto de dereitos e responsabilidade, están os pluralistas culturais
que sosteñen que debe existir recoñecemento das diferencias resultado dunha identi-
dade diferente, expresión da pertenza a un grupo (15). Nas sociedades existen grupos
sociais excluídos da «cultura compartida» —mulleres, negros, minorías étnicas ou
relixiosas— e que para integrarse na cultura común deben practica-lo que I.M.
YOUNG chama «cidadanía diferenciada» (16). Os grupos deben ser incorporados á
comunidade política non como individuos senón como grupo, e os seus dereitos reco-
ñecidos como «dereitos especiais», garantidores dende a súa diferencia da xustiza
social. Parece unha contradición, mais un concepto de cidadanía universal é inxusto
dende esta posición. A igualdade significa recoñece-las diferencias grupais, doutro
xeito estarían de desvantaxe e as súas necesidades non serían contempladas.
Denuncia esta autora como na tradición republicana o ideal de ben común, dunha
vida pública compartida, significa unha cidadanía homoxénea, que dende a perspec-
tiva de grupos excluídos, por exemplo para as mulleres, é unha fraternidade especi-
ficamente masculina e inxusta (17). Pero a pretendida universalidade da cidadanía
nacida na Ilustración foi excluínte tamén para outros grupos. A homoxeneidade
caracterizouse: varóns brancos, propietarios e dun mesmo lugar. Sinala YOUNG como
o ideal universalista do cívico público —dende un estado unificado e universal— ten
operado para excluír eficazmente da cidadanía a persoas identificadas con diferen-
cias de grupo: cor, idade, sexo, etnia… (18). Importancia capital ten para esta autora
que «as identidades do grupo deben concibirse como relacionais», de tal maneira que
a súa defensa da identidade non pode identificarse con esencialismo ou naturalismos
comúns (19).
Os críticos desta cidadanía diferenciada temen un repregarse destes grupos
sobre si mesmos e unha actitude de «política de reivindicacións» que impida a con-
32
¿Que cidadanía multicultural?
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 32
vivencia (20). W. KYMLICKA e W. NORMAN distinguen tres tipos de grupos de «derei-
tos grupais»:
1. Dereitos especiais de representación (en beneficio dos grupos desfavoreci-
dos)
2. Dereitos de autogoberno (en beneficio das minorías nacionais).
3. Dereitos multiculturais (en beneficio dos inmigrantes e comunidades relixiosas).
Segundo estes autores os grupos pertencentes ós puntos 1 e 3 reclaman a súa
inclusión. Os do punto 2, non. As tres clases de dereitos poden ser reclamados por
algún grupo ó mesmo tempo. A adopción dun ou máis destes dereitos grupais, afir-
man os autores, non ten porque ir contra a función integradora da cidadanía. Os plu-
ralistas culturais afirman que se deben contempla-las diferencias e as necesidades de
representación das minorías sen territorio, aínda que existan grandes dificultades
para levala á práctica.
Chegan a afirmar que non hai que teme-lo recoñecemento dos dereitos multicul-
turais porque a experiencia nos países con altos índices de multiculturalidade —
Australia ou Canadá, por exemplo— demostra que os inmigrantes da primeira e
segunda xeración, aínda mantendo a súa cultura, son os cidadáns máis patrióticos (21).
III
En resumo, nun estado plurinacional, como o español, cunha presencia cada día
maior de inmigrantes, a posibilidade dunha cidadanía común compartida indepen-
dentemente das súas identidades é complexa. Sen embargo, a cidadanía europea é un
reto que nos obriga a cuestionar como entender ese estatus que unifiquee non asi-
mile, que permita ser ó mesmo tempo cidadán europeo, español e galego. Así, pre-
guntámonos: ¿que límites poden te-los dereitos culturais dos grupos diferenciados?
Poñámonos no caso de cidadáns de culturas islámicas (22) e preguntémonos:
¿teñen dereito a que os seus fillos sexan educados nas súas identidades orixinarias na
escola pública? ¿Os dereitos familiares, a representación política ou ben a escolari-
zación dos rapaces e rapazas teñen que ser recoñecidos na súa diferencia? Nas esco-
las públicas parece xusto que non teñan que estudiar unicamente a nosa historia e que
se debe permiti-lo ensino da súa lingua e da súa historia, aínda que supoña un custo
económico importante. A niveis teóricos, coas súas complicacións, pode asumirse.
Pero o problema dáse entre dereitos xerais da cidadanía e dereitos particulares
da cultura á que petencen. O problema é a utilización de maneira acrítica do concep-
to de «multiculturalismo» que pode facernos caer nun triple perigo:
1. A etnización para as minorías inmigrantes.
2. A indiferencia cultural para a maioría autóctona.
3. Ou ben a «renacionalización», como está a suceder na España oficial.
É necesario practicar un certo universalismo no concepto de cidadanía demo-
crática —a vinculación ós dereitos fundamentais das persoas— e unha certa historia
común a construír, fuxindo dunha «historia nacional».
33
Pilar Allegue Aguete
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 33
Importa pensar como unha cidadanía democrática pode coexistir con identida-
des colectivas específicas. Unha definición como a de MARSHALL —cidadanía como
posesión de dereitos e pertenza a unha comunidade— é unha concepción fundada en
tres valores: igualdade, pertenza a unha comunidade e posuidora de dereitos. É un
estatus pasivo e inclusivo, na súa identificación de persoa e cidadanía, cara a dentro
pero excluínte daqueles que non pertenzan á «comunidade». Un grave problema
xorde diante dos dereitos fundamentais que semellan ser máis propios das persoas
que dos cidadáns. Por exemplo, a tese de L. FERRAJOLI defende a inclusión dos derei-
tos de circulación e residencia como dereitos fundamentais das persoas, tal como
proclamou a escolástica española no século XVI —VITORIA, SUÁREZ...— de manei-
ra asimétrica e xustificadora da colonización naqueles tempos. Hoxe, estes dereitos
—das persoas e non dos cidadáns— causarían grandes problemas económicos ás
nacións ricas. Pensemos, di FERRAJOLI, que tódalas conquistas teñen historicamente
custos (23). Dende a perspectiva multicultural, todo «pacto de cidadanía» ten que
contemplar valores e culturas históricas dos países nos que se instalan. A cidadanía
democrática na Unión Europea ten recollido, nas constitucións ríxidas, valores,
dereitos e deberes que teñen que ser cumpridos; a Constitución española, por exem-
plo, obriga a escolarizar a tódolos nenos e nenas, entre eles tamén ós islámicos. O
caso das nenas que asisten cun pano na cabeza á escola pública por imposición fami-
liar obríganos a ponderar que pode ser tolerable, se a integración destas rapazas na
escola pública, co seu símbolo sexista de desigualdade, ou ben a remisión ó ámbito
familiar das nenas e, incluso nunha aplicación estricta da lei de inmigración, signifi-
ca a explusión da familia inmigrante. É en casos difíciles onde debe exercerse unha
tolerancia razoable. No debate político parecen enfrontarse as posicións clásicas no
debate americano entre librealismo e comunitarismo, mais non podemos entrar neste
debate aquí e agora. Pensemos que se a cidadanía é unha titularidade de acceso a
determinados bens que teñen forma de dereitos (civís, políticos, sociais, económicos,
culturais...) nun medio político e nun contexto histórico e que todo en política é resul-
tado dunha conquista, ¿onde colocámo-la «loita polo recoñecemento», polos eu reco-
ñecemento?
Obríganos a contemplar, tal como nos últimos escritos fai I.M. YOUNG, un «sis-
tema dual de dereitos»; é dicir, a recoñecer dereitos xerais e dereitos particulares (24)
e pondera-los diversos niveis de actuación, pois non tódalas reivindicacións teñen
igual importancia. Un «estatuto de residencia» no que se conceden dereitos políticos
de voto, non significa a creación dunha «cultura política común», tese dubidosa de
HABERMAS, cando se pretenden harmoniza-las relacións dos inmigrantes cos autóc-
tonos, non serían suficientes os dereitos políticos porque así entendida a participa-
ción política favorecerá a etnización da política. O estatus de cidadanía debe subli-
ñar de forma ineludible que ser cidadán significa non tanto disfrutar de dereitos canto
contribuír á súa producción. Significa construír «vínculos de reciprocidade», como
defende E. RUSCONI (25). Esixe condivisión identitaria, que se traduce en compro-
misos recíprocos de solidariedade públicos para poder convivir nunha sociedade
democrática, como fundamento do civismo. Nesta necesaria convivencia cívica de
recíproco respecto é onde se manifesta o universalismo. É a unión que nace e se
34
¿Que cidadanía multicultural?
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 34
desenvolve da construcción dunha empresa común: unha comunidade social e polí-
tica que é responsabilidade de todos/as. A reciprocidade e a responsabilidade con-
vértense en principios nestas relacións para alcanzar un universalismo non eurocen-
trista, que contribúa a construír esa empresa común que chamamos democracia,
nunha fórmula política que asuma os dereitos nacionais e as diferencias que se recla-
man nun estado plurinacional. Unha fórmula que politicamente pasa polo federalis-
mo ou ben pola confederación.
Bibliografía
1. TOURAINE, A.: «¿Qué es una sociedad multicultural? Falsos y verdaderos proble-
mas». Claves de Razón Práctica. N. 56 (1995), p. 14.
2. TOURAINE, A.: Op. cit.
3. GARZÓN VALDÉS, E.: «Cinco confusiones acerca de la relevancia moral de la diver-
sidad cultural». Claves de Razón Práctica. N. 74 (1997), p. 22.
4. TOURAINE, A.: Op. cit.
5. ELÓSEGUI, M.: «Asimilación, multiculturalismo, interculturalismo». Claves de
Razón Práctica. N. 74 (1997), p. 25. Véxase, da mesma autora, «Entrevista con
Charles Taylor». Debats. N. 47 (1994), p. 41-46.
6. ZOLO, D.: «Cittadinanza. Storia di un conceto teórico-político». Teoría Política. T.
XIV, n. 1 (2002), p. 5.
7. MARSHALL, T.H.: Citizenship and social class. 1950. Traducción española de Pepa
Linares: MARSHALL, T.H. e BOTTOMORE, T.: Ciudadanía y clase social. Madrid:
Alianza, 1998.
8. MARSHALL, T.H.: Op. cit., p. 36-37.
9. ZINCONE, G.:«Cittadinanza: trasformaciones in corso». Teoría Política. T. XIV, n.
1 (2000), p. 71-72. Recollido en «De la ciudadanía. Tesis para un debate filosófi-
co-jurídico». En QUESADA, F. (ed.): Naturaleza y sentido de la ciudadanía hoy.
Madrid: UNED, 2002; p. 90-91.
10. FERRAJOLI, L.: Diritto e ragione. Traducción española: Derecho y razón. Teoría
del garantismo penal. Trad. de P. Andrés, A. Ruiz Miguel, J. Terradillos e R.
Cantarero. Madrid: Trotta, 1998. 
Do mesmo autor: Derechos y garantías. La ley del más débil. Trad. P. Andrés e
A. Greppi. Madrid: Trotta, 1999.
Véxase así mesmo: Los fundamentos de los derechos fundamentales. Ed. de A. de
Cabo e P. Pisarello. Madrid: Trotta, 2001.
11. ZOLO, D.: «La strategia della cittadinanza». En ZOLO, D. (ed.): La cittadinan-
za. Appartenenza, identitá, diritti. Roma: Laterza, 1994. Do mesmo autor, e xa
citado: «Cittadinanza. Storia di...».
As súas teses anticosmopolitas recóllense en: Cosmópolis. Perspectivas y riesgos
de un gobierno mundial. Barcelona: Paidós, 2000.
35
Pilar Allegue Aguete
Maqueta Mare 6 28/12/06 16:47 Página 35
12. FERRAJOLI, L.: «De los derechos del ciudadano a los derechos de la persona». En
Derechos y garantías... Op. cit.; p. 98.
13. FERRAJOLI, L.: Op. cit.; p. 117.
14. ZOLO, D.: «Cittadinanza. Storia...». Op. cit., p. 17-18.
15. KYMLICKA, W. e NORMAN, W.: «Retorno del ciudadano. Una revisión de la pro-
ducción reciente en teoría de la ciudadanía». La Política. N. 3 (1997), p. 25.
KYMLICKA, W.: Ciudadanía multicultural.

Continuar navegando