Logo Studenta

terminología 1

¡Este material tiene más páginas!

Vista previa del material en texto

DICCIONARIO GALEGO
DE
TERMOS MÉDICOS
REAL ACADEMIA DE MEDICINA E CIRURXÍA
DE GALICIA
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
DIRECCIÓN XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Santiago de Compostela, 2002
DIRECTORES:
Dr. D. Francisco Reyes Oliveros
D. Constantino García González
REDACTORES:
Dr. D. Juan Fernández Garrido
Dr. D. Manuel Ferreirós Sánchez Guisande
Dra. Dna. Raquel Vaquero Rodrigo
COLABORADORES NA REDACCIÓN:
Dr. D. Fernando Jiménez Herrero
Dr. D. José Luis Puente Domínguez
Dr. D. Manuel Pereiro Míguens
Dr. D. Agustín Sixto Seco
Dr. D. Elías Tovar Martín
REVISIÓN LINGÜÍSTICA:
Seminario de Lexicografía da RAG: Xesús Domínguez Dono, Ana I. Fachal Fraguela, M.
Carme Pazos Balado, Manuela Pérez Rodríguez e Isolina Salgado Basoa.
COLABORADORA NA REVISIÓN:
Dna. Isabel González Fernández
ISBN: 84-453-3371-2
DEP. LEGAL: C. 1.535/02
IMPRESIÓN E MAQUETACIÓN:
Vía Marconi, 2C
Polígono Industrial do Tambre
15890 SANTIAGO DE COMPOSTELA
A configuración dunha sociedade, calquera que sexa, amosa sempre desniveis, desequilibrios entre as partes ou
sectores integrantes. Esta é unha situación xa secular, de sempre, na que o corpo social posúe unhas partes fortes e outras
febles; uns grupos poderosos e de prestixio e outros de menor entidade e significación. Todos son necesarios e interde-
pendentes, pero o seu peso, a súa influencia sobre o conxunto é ben distinta.
Esta heteroxeneidade social á que fixen referencia está en relación directa coas particulares respostas dos distintos
núcleos sociais ante feitos culturais ou institucións comunitarias como son as linguas. Quero dicir, con estas observa-
cións, que o emprego da lingua galega e mesmo a actitude e valoración da sociedade galega fronte a ese instrumento de
comunicación que constitúe unha herdanza de séculos, é unha mestura de aceptacións e rexeitamentos.
E todo isto conclúe afortunadamente no fenómeno ó que estamos a asistir nestas dúas ou tres últimas décadas; isto
é, a aceptación e emprego – sen reticencias nin complexos – da lingua galega por sectores profesionais da alta xerarquía
como é o caso da chamada clase médica.
Naturalmente o labor de médico pasa tamén pola mellor e máis perfecta comunicación cos seus pacientes e, para
iso, é imprescindible que os profesionais teñan unha ferramenta idónea que poña na nosa lingua xa non só os termos do
grego e do latín característicos da Medicina como saber humanístico e científico, senón tamén os máis recentemente
neoloxismos procedentes do ámbito das novas tecnoloxías que xa teñen revelado a súa extraordinaria utilidade na cura-
ción de graves doenzas.
E velaquí, neste Diccionario galego de termos médicos, un espléndido instrumento, unha afinada ferramenta que
enriquece o caudal léxico do galego e faino con rigor e precisión. E, así mesmo, unha obra que fai máis familiares e
cotiáns, máis directamente intelixibles e máis nosos, moitos termos escuros e alleos que, dende agora, poderemos
empregar e empregar ben, sen vacilacións.
Non teño dúbida ningunha de que esta obra, froito madurecido dun esforzo que eu, como galego, agradezo, cons-
titúe un moi valioso adianto na nosa lexicografía e redundará en beneficio da instalación do noso idioma nun decisivo
ámbito da nosa sociedade. A miña gratitude ó grupo que asumiu a responsabilidade deste labor e os meus parabéns polo
espléndido do seu resultado. A Medicina é, dende agora, un pouco máis galega e está, así, un pouco máis preto de todos
nós
MANUEL FRAGA IRIBARNE
Presidente da Xunta de Galicia
Nunha entrevista, confesaba Ánxel Fole que, para el, as dúas cousas máis importantes que tiña Galicia eran a cate-
dral de Santiago e a lingua galega. Non falarei agora da catedral de Santiago e tampouco vou disentir do gran escritor
lugués no que á grandeza da nosa lingua se refire, grandeza outorgada polo pobo galego que ó longo dos séculos e nas
máis adversas circunstancias preservouna nun recuncho da terra, na súa intimidade, no recolleito ámbito das cotiás rela-
cións familiares como un prezado tesouro.
Por fortuna, dende tempo atrás esas circunstancias mudaron e hoxe a situación é ben diferente, aínda que, como
acontece con tantas outras cousas, non chova a gusto de todos. E unha mostra máis do distinto da situación é a aparición
dunha obra coma este Diccionario galego de termos médicos que, situada no terreo da nosa lexicografía, representa a
continuidade, e, ó mesmo tempo, a ampliación dunha liña de traballos aplicados a sectores socioprofesionais e científico-
-culturais como a xurisprudencia, a bioloxía, as artes, a construcción, a administración e outros. Introducido con norma-
lidade nos medios de comunicación, no ensino, na administración autónoma e municipal e no ámbito parlamentario, o
galego está a ter acceso a esferas profesionais de prestixio, ás que agora sumamos a Medicina, percorrida, estudiada e
representada na súa particular terminoloxía neste Diccionario do que hai tempo tiñamos auténtica necesidade.
Os meus sinceros parabéns a todos e cada un dos integrantes do equipo que elaborou estas páxinas tan cheas de
información de primeira man, tan coidadosamente redactadas, tan claras e precisas nas definicións, tan ilustrativas da
axeitada síntese do rigor filolóxico e o saber médico. Esta obra, pioneira no seu específico campo e por iso máis meri-
toria aínda, é un exemplo a seguir para alcanza-la plena e total expansión da nosa lingua en tódolos niveis e sectores da
nosa sociedade. A Medicina deu xa o paso que tiña que dar. Noraboa por facelo e enriquecer así a nosa competencia
lingüística nun terreo de tan difícil acceso e, doutra banda, de tan imprescindible coñecemento como é a Medicina.
CELSO CURRÁS FERNÁNDEZ
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
O ser humano diferénciase fundamentalmente do resto do mundo animal por posuí-lo don da linguaxe, mediante o
que se comunica cos seus semellantes. A palabra é, xa que logo, a característica primordial do home mesmo, sendo a súa
aprendizaxe basicamente materna, aínda que posteriormente se fai pluralista.
A linguaxe caracteriza os pobos e forma parte das súas raíces ancestrais, así como do seu modo de ser e do compor-
tamento de cada un, é como o selo que contribúe á súa personalidade e orgullo, non só coma un modo de expresión senón
como pobo mesmo.
En consecuencia, é moi importante coñecer a fondo a linguaxe propia, a interpretación e coñecemento de cada un
dos seus vocábulos, da súa gramática e da súa fonética adquirindo a base necesaria para chegar á literatura, alma do pobo
ó que pertence, sendo motivo non só de pracer intelectual senón tamén de orgullo das súas raíces.
Con tal fin e considerando a importancia da linguaxe médica e o coñecemento dos seus vocábulos, a Real Academia
de Medicina e Cirurxía de Galicia, cumprindo cun dos seus deberes, consistente en confeccionar un Diccionario Tecno-
lóxico de Medicina, con tódolos datos que poida reunir, acordou por unanimidade, en Sesión Plenaria, a realización dun
DICCIONARIO GALEGO DE TERMOS MÉDICOS; que coa axuda da Consellería de Educación e Ordenación Univer-
sitaria e a colaboración do Seminario de Lexicografía da Real Academia Galega, logrou realizar.
Somos conscientes de que nesta primeira edición se notará a falta de numerosos vocábulos, a pesar de que se trans-
cribiron máis de 20.000; haberá defectos nas definicións dalgúns, así como a obrigada transcrición literal de determi-
nados vocábulos, recoñecendo neste caso o mérito do autor que logrou definilo por primeira vez.
Non se tratou de ofrecer un Diccionario de Termos Médicos no que teñan entrada todas e cada unha das especiali-
dades médicas do momento actual, isto corresponderíalle a outro tipo de diccionario; tampouco de recoller unha gran
variedade de vocábulos populares referentes á saúde e empregados coloquialmente polos non sanitarios, polo cal só se
reflicten aqueles máis comúns e cun sentido máis próximo ó médico e a outros profesionais da sanidade.
Trátase en definitiva dun texto xeral dos termos máis usualmente utilizadosno contexto sanitario e sobre todo que
sirva de estímulo para empregar con maior asiduidade a linguaxe terminolóxica médica galega entre os profesionais e os
pacientes.
AGRADECEMENTOS:
A tódolos médicos que coa súa valiosa contribución fixeron posible a realización do diccionario.
De modo especial a: Dra. Raquel Vaquero, Dr. Juan Fernández Garrido e Dr. Manuel Ferreirós Sánchez Guisande;
pola súa intensa dedicación e paciencia na inmensa tarefa de busca e definición dos vocábulos, sendo clave o seu traballo
para a consecución da obra.
Á profesora Dra. Isabel González Fernández, que coa achega da súa experiencia no desenvolvemento de diversos
diccionarios, os seus profundos coñecementos da lingua galega e a súa especial dedicación ó Diccionario Galego de
Termos Médicos, foi decisiva para a súa finalización.
Ó grupo de filólogos que colaboran habitualmente nas tarefas do Seminario de Lexicografía da RAG, constituído
por:
Xesús Domínguez Dono, Ana Fachal Fraguela, Manuela Pérez Rodríguez e Isolina Salgado Basoa e coordinados
por Mª do Carme Pazos, por todo o esforzo, dedicación e paciencia, en revisar, corrixir e ordenar unha e mil veces as
máis de 20.000 entradas que lles chegaron con numerosas imperfeccións, que souberon emendar, así como aconsellar a
tódolos que colaboraron neste cometido do diccionario.
Finalmente, a tódolos Ilmos. Sres. Académicos que, coa súa achega persoal, dignificaron a posta a punto deste
primeiro Diccionario Galego de Termos Médicos.
A Coruña, 18 de decembro de 2001
PROF. DR. FRANCISCO REYES OLIVEROS
Presidente
Hai dous mil anos ¿que lingua se falaba nos castros galegos? Non témo-la menor idea da lingua que falaban os
galegos desa época. O que si está claro é que coa chegada do mundo romano a Galicia os residentes desta rexión apren-
deron latín, lingua que tamén os habitantes das outras rexións da Península Ibérica aprenderon igualmente.
Pero co paso do tempo cada unha das rexións da Península Ibérica foi formando a propia fala. No século XIII,
podemos afirmar que a lingua galega é unha lingua normal de comunicación en tódolos actos da vida de tódolos cida-
dáns desta rexión e precisamente nesa época o galego convértese na lingua normal das obras literarias e moi especial-
mente na lingua dos trobadores. O galego nesa época é unha das linguas literarias máis importantes, algo moi semellante
ó que ocorreu en Francia co provenzal.
A fins da Idade Media o castelán vai impoñéndose na maior parte da Península. En Galicia son os castelán-falantes
os que ocupan os cargos políticos, eclesiásticos, de xustiza, etc., pero os falantes normais seguen conservando a súa
propia lingua.
Sen embargo desde mediados do século XIX comeza a ser usada a lingua galega de novo no mundo literario e
mesmo no mundo dos políticos. Tralos anos do franquismo volve o galego a se-la lingua normal de Galicia a tódolos
niveis: na vida normal, no ensino, nas relacións intelectuais, no mundo teatral, nos escritos, etc., etc. No Estatuto de
Galicia de 1981 determínase exactamente que a lingua propia de Galicia é o galego, pero que tanto o galego coma o
castelán poderían ser usados en Galicia en tódolos plans de vida pública, cultural ou informativa.
O triunfo do galego vai confirmándose pouco a pouco nos últimos anos. Hai ámbitos da vida política, como o Parla-
mento ou as publicacións oficiais da Xunta, onde a situación do galego como lingua oficial está firme. Pero en determi-
nados medios de comunicación, na administración local e sobre todo na de xustiza e na eclesiástica vai impóndose pouco
a pouco o galego. Sen embargo nos medios educativos é onde parece que a lingua galega está por riba da castelá.
Naturalmente no mundo da medicina hai que dicir que bastantes falantes intentan expresa-los seus problemas
médicos a través da súa propia lingua, pero son moitos os aspectos da vida médica ou curativa que se descoñecen comple-
tamente.
Loxicamente é necesario ter bo coñecemento da lingua dos falantes galegos e especialmente é moi conveniente que
coñezamos e practiquémo-la lingua médica non só dos falantes, senón tamén do campo da medicina. O persoal de
médicos, practicantes, e demais xentes que teñan relación coa medicina deben intentar familiarizarse con esta lingua e
coñecer moi ben tódolos seus aspectos para poder intercomunicarse.
Por iso quero manifestar con todo o meu afecto a felicitación a tódolos autores desta marabillosa obra “Diccionario
galego de termos médicos” que é o primeiro intento portentoso e asombroso de divulgar na nosa lingua todo ese aspecto
do mundo sanitario, da terminoloxía médica, da mellor comprensión entre médicos e enfermos, etc.
Así pois, quero manifesta-la miña propia satisfacción de que vivín e vin o esforzo, o sacrificio, o traballo que nece-
sitaron os realizadores desta magnífica obra.
CONSTANTINO GARCÍA
ACADÉMICOS NUMERARIOS POR ORDE DE ANTIGÜIDADE DA REAL
ACADEMIA DE MEDICINA E CIRURXÍA DE GALICIA
Dr. D. Elías Tovar Martín
Dr. D. Benito Regueiro Varela
Dr. D. Fernando Jiménez Herrero
Dr. D. Domingo García Sabell
Dr. D. Ramón Varela Núñez
Dr. D. Ovidio Vidal Ríos
Dr. D. José A. Pajarrón Ulloa
Dr. D. Jaime Quintanilla Ulla.
Dr. D. José Luis Puente Domínguez
Dr. D. Francisco Reyes Oliveros
Dr. D. Manuel Sánchez Salorio
Dr. D. Manuel Moreno de Orbe
Dr. D. José Peña Guitián
Dr. D. Federico Martinón Sánchez
Dr. D. Odón-Luis Abad Flores
Dr. D. José Luis Nogueira March
Dr. D. Manuel Noya García
Dr. D. Jerónimo Forteza Vila
Dr. D. Ramón Domínguez Sánchez
Dr. D. Ángel Belmonte Vicente
Dr. D. José Miñones Trillo
Dr. D. Manuel Pereiro Míguens
Dr. D. Alfonso Varela Núñez
Dr. D. José Carro Otero
Dr. D. Francisco Javier Jorge Barreiro
Dr. D. José Luis Vázquez Iglesias
Dr. D. Juan Jesús Gestal Otero
Dr. D. Torcuato Labella Caballero
Dra. Dna. Alicia Ansede Martínez
Dr. D. Jorge Teijeiro Vidal
Dr. D. Luis Rodríguez Míguez
Dr. D. Joaquín Potel Lexquereux
Dr. D. Juan Varela Durán
Dr. D. Miguel Gil de la Peña
Dr. D. Antonio Rodríguez López
Dr. D. Benito José Regueiro García
Dr. D. José Couceiro Follente
Dr. D. Pablo Díez Baños
Dr. D. Benigno Fausto Galdo Fernández
LISTA DE ABREVIATURAS
adx. (adxectivo)
fig. (figurado)
gr. (grego)
lat. (latín)
loc. (locución)
s. (substantivo)
s.f. (substantivo feminino)
s.m.(substantivo masculino)
s.f.pl.(substantivo feminino plural)
s.m.pl.(substantivo masculino plural)
v. (verbo)
V. (véxase)
GUÍA DE USO
As entradas van destacadas en letra grosa, seguidas da abreviatura, en cursiva, que indica a súa categoría grama-
tical, e a continuación a definición. Cando a entrada ten distintas acepcións aparecen diferenciadas por un número:
ebulición s.f. 1. Fenómeno físico que acompaña o paso de estado líquido a estado de vapor, cando este paso ocorre non
só na superficie do líquido, senón tamén no seu interior, o que produce a formación de burbullas de vapor no seu
seo. 2. Estado dun líquido que ferve.
indixesto -a adx. 1. Difícil de dixerir ou que orixina indixestión. 2. Que foi inxerido e non dixerido.
Inclúense como entradas os prefixos e sufixos cultos que entran na formación de palabras propias deste campo:
xin-, xine- ou xineco- Prefixo do grego, muller.
-patía Sufixo do grego, enfermidade.
As entradas correspondentes a palabras que non se consideran correctas van precedidas por un asterisco e remiten
á forma normativa:
*alferesía s.f. V. alferecía.
*sabañón s.m. V. frieira.
Se unha mesma entrada ten máis dunha categoría gramatical sepáranse no artigo mediante unha dobre barra (//):
dacrioagogo-a adx. 1. Que provoca a segregación de bágoas. 2. Que serve como conducto para as bágoas. // s.m. 3.
Axente ou substancia que estimula a glándula lacrimal e produce choradeira. 4. Nome en desuso do canalículo
lacrimal.
Algunhas entradas forman parte de expresións complexas. Neses casos, aparecen ó final do artigo, diferenciadas
do corpo das acepcións por unha dobre barra (//), ordenadas alfabeticamente e separadas entre si por unha barra (/):
sacarímetro s.m. Instrumento que determina a cantidade de azucrepresente nunha solución. Pode ser de dous tipos: pola-
rímetro ou aerómetro. // S. de fermentación Sacarímetro con aspecto de tubo graduado, en forma de cóbado, e
pechado nun extremo, que determina a cantidade de azucre polo volume de gas que se acumula en tal extremo.
Emprégase tamén para determina-la cantidade de azucre na urina. / S. de Lohnstein Aparello empregado para
realiza-la reacción de fermentación cuantitativa do azucre urinario.
Hai un número considerable de entradas que remiten a outras. Isto indícase con V. (véxase) e a continuación a
entrada onde podemos atopa-lo significado da palabra ou expresión pertinente:
faciana s.f. V. face.
Fabry, enfermidade de V. enfermidade.
laña s.f. 1. Greta na pel, nas mucosas ou nos labios, especialmente a causa do frío. 2. V. grampa. 
Os equivalentes que poida ter unha palabra ou expresión indícanse despois da definición, introducidos pola
fórmula ‘Tamén se di’:
iliopectíneo -a adx. Pertencente ou relativo ó ilio e á pube. Tamén se di iliopubiano.
sen s.f. Rexión lateral da cabeza, ós lados da fronte, situada sobre o arco cigomático. Tamén se di tempa.
Os termos gregos e latinos, as voces estranxeiras ou as denominacións dos xéneros animais e vexetais aparecen
en cursiva:
hallux s.m. Dedo polgar do pé. // H. malleus Dedo gordo do pé deformado en forma de martelo, que aparece nalgunhas
enfermidades reumáticas. / H. valgus Desviación do dedo polgar do pé cara ás demais dedas, ás que cruza por
encima ou por debaixo. / H. varus Separación do dedo polgar do pé das demais dedas.
ECHO s.m. Sigla correspondente a Enteric Citopatic Human Orphan, virus da familia dos Picornaviridae, xénero Ente-
rovirus, axente responsable dalgunhas variedades da meninxite, procesos febrís, arrefriado común, etc.
Haemodipsus Xénero de piollos, dos que a especie H. ventricosus (piollo do coello) pode ser un axente transmisor da
Pasteurella tularensis, microorganismo productor da tularemia.
Indiella Xénero ó que pertencen algunhas especies de fungos, como Indiella mansoni ou Indiella brumpti, causantes do
pé de Madura.
XVIII
A
A. Abreviatura de ampere.
a. Abreviatura de arteria.
a-, an- Prefixo que significa “sen” ou “non”.
Å. Abreviatura de unidade Angstrom.
aa Abreviatura empregada nas receitas que significa “de
cada un”.
abafar v. Facer difícil a respiración ou impedila.
abasia s.f. Imposibilidade de camiñar.
abásico-a adx. Relativo á abasia.
abatemento s.m. Prostración física ou moral dunha
persoa.
abater v. Perde-lo ánimo, as forzas.
abaxial adx. Situado fóra do eixe do corpo, dunha parte
ou órgano.
abdome s.m. Parte do corpo do home e dalgúns animais
que está a continuación do tórax, separada da cavidade
torácica polo diafragma e tapizada por unha membrana
serosa, o peritoneo. Contén a maior parte das vísceras dos
aparellos dixestivo e xenitourinario. // A. agudo. Dor
abdominal de inicio súbito, por causa da inflamación,
perforación, obstrucción, infarto ou rotura dos órganos
intrabdominais e que require intervención cirúrxica.
abdominal adx. Relativo ó abdome.
abdominocentese s.f. Punción (paracentese da cavi-
dade) abdominal.
abdominoscopia s.f. Exame do abdome e das súas
vísceras mediante endoscopia.
abducción s.f. Acción de conducir cara a fóra ou de
separar da liña media.
abducir v. Afastar do plano medio do corpo ou do eixe
dun membro.
abductor-a adx. 1. Que abduce. // 2. s.m. Músculo que
realiza a abducción.
aberración s.f. Desviación da situación normal. // A.
cromosómica. Irregularidade do número ou constitución
dos cromosomas que altera o material xenético do
embrión. / A. mental. Estado mental patolóxico sen alte-
racións da intelixencia que non chega a constituír unha
tolemia.
abertura s.f. Porta ou acceso.
ablación s.f. Separación ou desprendemento dunha parte
do corpo de forma cirúrxica ou coma resultado de enfer-
midade.
ablefaria s.f. Ausencia total ou parcial de pálpebras,
conxénita ou adquirida. Tamén se di abléfaron.
abléfaron s.m. Ablefaria.
ablepsia s.f. Falta ou perda da vista, cegueira.
ablución s.f. Operación que consiste en separar dun corpo
os materiais estraños mediante lavado.
abocamento s.m. Anastomose, implantación cirúrxica
dun conducto noutro, ou nunha cavidade da súa mesma
natureza ou non.
aboclusión s.f. Falta de contacto entre os dentes supe-
riores e inferiores.
abordaxe s.f. En cirurxía, vía ou maneira de achegarse a
algún órgano ou víscera.
abortar v. Expulsar un feto antes do tempo normal de
xestación, sen que poida sobrevivir.
abortivo-a adx. 1. Que se desenvolve en forma incom-
pleta. 2. Da substancia ou procedemento que produce un
aborto.
aborto s.m. Feito de interrompe-lo embarazo, por causas
naturais ou provocadas, expulsando o feto antes do tempo
normal de xestación.
abraquia s.f. Ausencia conxénita de brazos.
abraquiocefalia s.f. Ausencia conxénita de brazos e
cabeza. Tamén se di acefalobraquia.
abrasión s.f. Desgaste dunha substancia ou estructura,
como a pel ou os dentes, mediante un proceso mecánico
anormal ou pouco común
abrasivo-a adx. Que causa abrasión.
abrazadeira s.f. Aparello ortopédico usado para soster,
aliñar ou manter partes do corpo en posición correcta.
abrebocas s.m. Instrumento cirúrxico para mante-la boca
aberta.
abruptio (lat.) Esgazadura en anacos. // A. placentae.
Desprendemento prematuro da placenta.
absceso s.m. Acumulación localizada de pus nunha cavi-
dade formada pola dexeneración dos tecidos infectados.
// A. anorrectal. Acumulación localizada de pus no
tecido graxo preto do ano. / A. apendicular. Resulta da
perforación do apéndice con inflamación aguda. / A.
cerebral. Extensión ó cerebro dunha infección dunha
área próxima (como a otite media) ou por infección
hematóxena. / A. escrofuloso ou estrumoso. Absceso de
orixe tuberculosa. / A. frío. Absceso de evolución lenta,
con poucos signos de inflamación. / A. gasoso. Acumu-
lación localizada de material seropurulento que contén
aire, orixinado por bacterias que producen gas, como
Clostridium Perfringens. / A. primario. O que se forma
no foco da infección.
absoluto-a adx. 1. Sen límites, libre, non combinado. 2.
Sen condicións, sen ningún tipo de restricción ou reserva.
// Dieta absoluta. Restricción total de alimentos.
absorbencia s.f. En radioloxía, medida da capacidade
dun medio para absorber radiación.
absorber v. Admitir ou asimilar substancias en ou a
través dos tecidos.
absorción s.f. Introducción de substancias ó interior dos
tecidos ou a través deles.
absterxer v. Purificar, desinfectar.
abulia s.f. Perda ou diminución da vontade ou enerxía
para emprender algunha cousa ou para se mover.
abúlico-a adx. Que sofre abulia, que non ten vontade.
abuso s.m. Uso esaxerado dalgunha cousa, que pode
chegar a modifica-las funcións orgánicas, como o abuso
da cafeína, do alcohol, do tabaco.
acalasia s.f. Incapacidade para relaxa-las fibras do
músculo liso do aparello gastrointestinal, en calquera
sitio de unión dunha parte con outra, en especial na unión
gastroesofáxica. // A. do cardia. Cardiospasmo. / A. do
esfínter anal. Enfermidade de Hirschprung. / A. esofá-
xica. Dilatación e hipertrofia dun anaco de esófago,
megaesófago.
acalculia s.f. Incapacidade para facer cálculos matemá-
ticos sinxelos, forma de afasia que se observa nas lesións
do lobo parietal.
acalorado-a adx. Sufocado, cheo de calor.
acaloramento s.m. Acto ou efecto de acalorar ou acalo-
rarse, ardor, excitación
acalorar v. Sentir calor e cansazo a causa dun esforzo.
acampsia s.f. Rixidez dun membro, anquilose.
acanalado-a adx. Que mostra sucos, estriado.
acanaladura s.f. Operación que consiste en facer unha
extirpación en forma de canle no óso
acanear v. Moverse os dentes.
acanthia lectularia s.f. Chincha.
acanto s.f. Columna vertebral.
acantocito s.m. Glóbulo vermello deformado que parece
ter espiñas.
acantocitose s.f. Presencia de acantocitos no sangue, por
ausencia conxénita de lipoproteínas
acantodoncia s.f. Forma espiñosa dos dentes.
acantoide adx. Semellante a unha espiña, espiñoso
acantólise s.f. Desprendementodas células do corpo
mucoso de Malpighi. Tamén se di acantose, anacantose.
// A. ampolar. Epidermólise.
acantoma s.m. Tumor da capa mucosa de Malpighi da
pel, cancro cutáneo.
acantoqueratoderma s.f. Hipertrofia da capa córnea da
pel, especialmente das mans e dos pés.
acantose s.f. Lesión histolóxica da epiderme que presenta
hipertrofia do corpo mucoso de Malpighi. // A. nigricans.
Pigmentación xeral e anormal da pel con tumores papi-
lares.
acapnia s.f. Diminución da cantidade de ácido carbónico
no sangue.
acarbia s.f. Diminución de carbonatos no sangue.
acardia s.f. Falta conxénita de corazón.
acardíaco-a adx. Que non ten corazón.
acaríase s.f. Sarna, enfermidade contaxiosa da pel produ-
cida por un parasito.
acaricida adx. Axente que destrúe acáridos.
acárido s.m. Parasito da pel do home e dos animais, da
orde dos arácnidos.
acario-a adx. Sen núcleo.
acariocito s.m. Célula sen núcleo coma o glóbulo
vermello.
ácaro s.m. Acárido.
acarodermatite s.m. Inflamación da pel producida por
acáridos.
acarofobia s.f. Medo patolóxico a padecer sarna. Tamén
se di acaromanía.
acaromanía s.f. Acarofobia.
acarotóxico-a adx. Acaricida
acartonado –a adx. Que ten o aspecto do cartón por estar
seco e delgado, característico de persoas de moita idade.
acatalasia s.f. Falta ou diminución do enzima catalase
acatalepsia s.f. Falta de comprensión, deficiencia mental.
abrazadeira 2
acatama s.f. Forma de neurite periférica que se observa
principalmente en África occidental.
acatamatesia s.f. Perda ou trastorno na facultade de
comprende-la linguaxe debido a unha lesión central.
acatarrado-a adx. Que ten catarro.
acatarrarse v. Contrae-lo catarro, constiparse. 
acatarsia s.f. Impureza, falta de limpeza, sucidade.
acatexia s.f. Imposibilidade de rete-los excrementos,
incontinencia.
acatisia s.f. Dificultade para manterse quedo, obsérvase
principalmente en enfermos de Párkinson.
acceso s.m. Ataque, conxunto de síntomas que cesan e
volven a intervalos máis ou menos distantes.
accesorio-a adx. Relativo a glándulas, músculos ou
nervios auxiliares ou suplementarios doutro órgano,
xeralmente máis importante.
accidental adx. Producido por accidente.
accidentalismo s.m. Teoría que considera tódalas enfer-
midades como simples fenómenos exteriores, sen orixe
no organismo, e atende soamente os síntomas sen ter en
conta a etioloxía nin a patoxenia.
accidente s.m. Fenómeno ou feito traumático ou patoló-
xico espontáneo que aparece na persoa sa ou no curso
dunha enfermidade. // A. cerebrovascular. ACV, ictus,
termo que se aplica ás sindromes clínicas que acompañan
ás lesións isquémicas ou hemorráxicas. / A. de traballo.
Suceso imprevisto no acto ou con motivo do traballo, e
que causa unha lesión temporal ou permanente. / A. de
tráfico. Accidente por causa da circulación urbana ou por
estrada.
acción s.f. 1. Feito de levar a cabo algo. 2. Modo de
realiza-las funcións vitais. // A. acumulativa. A dunha
droga que se amosa despois da administración dalgunhas
doses aparentemente inactivas. / A. específica. A dunha
droga sobre un axente patóxeno determinado. / A.
muscarínica. Acción parasimpaticomimética. / A.
reflexa. Movementos involuntarios dunha parte do
corpo. / A. termoxénica. A dun alimento ou droga ó
aumenta-la producción de calor.
accípiter s.m. Vendaxe facial con apéndices, semellante
ás garras das aves de rapina.
accretio (lat.) Adherencia anormal de partes que normal-
mente están separadas.
acecolina s.f. Clorhidrato de acetilcolina.
acedar v. Tornar ácido. 
acedía s.f. Acedume.
acedia s.f. Desorde mental caracterizada indistintamente
por apatía ou melancolía.
acedo-a adx. Que ten o sabor ácido do limón ou do
vinagre.
acedume s.m. Acidez, cantidade de ácido que ten unha
cousa. 
acéfalo-a adx. Que non ten cabeza.
acefalobraquia s.f. Ausencia conxénita da cabeza e dos
brazos. Tamén se di abraquiocefalia. 
acefalocardia s.f. Ausencia conxénita da cabeza e do
corazón.
acefalocisto s.m. Quiste estéril.
acefalogastria s.f. Ausencia conxénita de cabeza, tórax e
parte superior do abdome.
acefalopodia s.f. Ausencia conxénita de cabeza e de pés.
acefaloquiria s.f. Ausencia conxénita de cabeza e de
mans.
acefalorraquia s.f. Ausencia conxénita de cabeza e de
columna vertebral.
acefalostomía s.f. Ausencia conxénita de cabeza e
presencia dunha especie de boca na parte superior do
colo ou do tórax.
acefalotoracia s.f. Ausencia conxénita de cabeza e de
tórax
aceite s.m. Substancia extraída da oliva, doutros vexetais
e mesmo de animais. // A. alcanforado. Solución de
alcanfor en aceite de oliva. / A. animal de Dippel. Aceite
producido pola destilación de ósos, cornos e outras subs-
tancias animais. / A. cocido. Aceite de liñaza exposto a
unha temperatura de 120º ou máis. / A. de algodón. O
que se obtén das sementes do algodón. / A. de asfalto. O
que se obtén da destilación do asfalto. / A. de fígado de
bacallao. Obtense do fígado deste animal, aumenta o
número de glóbulos vermellos do sangue e o peso do
corpo. / A. de Bamber. Mestura empregada contra os
mosquitos. / A. de bancul. Purgante suave. / A. de
Carron. Líquido composto a partes iguais de aceite de
liño e auga de cal, empregado nas queimaduras. / A. de
durmideiras. O que se obtén espremendo as sementes do
Papaver Somniferum./ A. de Gabian. Petróleo. / A. de
Neisser. Contén mercurio, empregouse en inxección
contra a sífilis. / A. de rícino. Estimula os movementos
intestinais, producindo unha evacuación ás catro ou cinco
horas. / A. de Saturno. Contén chumbo en disolución. /
A. de vitriolo. Ácido sulfúrico. / A. esencial. Aceite
volátil. / A. fixo. Aceite graxo. / A. mineral. Petróleo. /
A. iodado. Contén un 40-50% de iodo, emprégase para
exploracións radiolóxicas.
acelerador s.m. Substancia que aumenta a velocidade
dunha reacción química.
acelerina s.f. Pseudoglobulina que intervén no meca-
nismo de coagulación do sangue, da que hoxe non se
acepta a súa existencia.
acelmado-a adx. Doce, substancioso.
acelmar v. Pór unha cousa doce e saborosa.
acelme s.m. Calidade do que é doce, dozura.
3 acelme 
acelomado-a adx. Que carece de celoma ou de cavidade
orgánica.
acelular adx. Que non contén células.
acender v. Estimular, excitar.
acendido-a adx. Que se lle subiron as cores á cara
aceno s.m. Sinal, síntoma.
acéntrico-a adx. Que non é central ou que non está loca-
lizado no centro.
acentuación s.f. Aumento dos ruídos respiratorios e
cardíacos.
acentuador s.m. Substancia que aumenta a acción dun
colorante.
acephalus s.m. Acéfalo.
aceptor s.m. Composto que toma un grupo químico
doutro composto ó unirse con el, especificamente, subs-
tancia que absorbe o hidróxeno ou osíxeno activo
formado nos procesos de oxidación e reducción dos
tecidos.
aceratose s.f. Deficiencia do tecido córneo.
acerbar v. Angustiar.
acerbo-a adx. Acedo, áspero, coma o sabor das froitas
verdes.
acérvulo s.m. Conxunto de pequenos grans do plexo
coroideo e da glándula pineal, conteñen carbonatos e
fosfatos.
aceso-a adx. Que se acendeu, inflamado.
acesódino-a adx. Que alivia ou cura a dor, anódino
acestoma s.m. Masa de granulacións que formará a cica-
triz.
acetábulo s.m. Cavidade na superficie externa dos ósos
coxais na que se articula a cabeza do fémur.
acetaminofén s.m. Substancia que se emprega como
antitérmico e analxésico, non é antiinflamatorio.
acetanilida s.f. Substancia tóxica con acción analxésica e
antipirética, antifebrina.
acetato s.m. Sal de ácido acético.
acetazolamida s.f. Sulfonamida sintética que inhibe a
anhidrase carbónica.
acético-a adx. Pertencente ou relativo ó vinagre
acetificación s.f. Producción de vinagre por fermenta-
ción acética.
acetilación s.f. Introducción dun grupo acetilo nunha
molécula orgánica.
acetilamidobenzol s.m. Acetanilida.
acetilamidofenol s.m. Fenacetina.
acetilarsinato s.m. Arsacetina.
acetilaxotil s.m. Arsacetina.
acetilbetametilcolina s.f. Composto de colina de efecto
vasodilatador e estimulante do tubo dixestivo.
acetilcisteína s.f. Fármaco empregado como mucolítico.
acetilcoenzima A s.m. Producto da condensacióndo
coenzima A e do ácido acético, clave no metabolismo dos
principios inmediatos, e paso obrigado para a entrada no
ciclo do ácido tricarboxílico (ciclo de Krebs), e que serve
como precursor para a síntese dos ácidos graxos e dos
esteroides.
acetilcolina s.f. Producto resultante da acetilación da
colina co acetilcoenzima A, é o transmisor nervioso no
sistema nervioso parasimpático, nos ganglios vexetativos
e na placa motora do músculo, e tamén noutras áreas do
sistema nervioso central.
acetilcolinesterase s.f. Enzima que volve inactiva a
acetilcolina.
acetilfenetidina s.f. Fenacetina.
acetilfenhidracina s.f. Pirodina.
acetilfosfatase s.f. Enzima que cataliza a descomposi-
ción do acetilfosfato en ácido acético e ácido fosfórico.
acetilo s.m. Radical CH3CO do ácido acético.
acetilsalicílico, ácido s.m. Analxésico contra a dor de
leve a moderada intensidade, antitérmico, antirreumático
e antiagregante plaquetario.
acetilsulfadiacina s.f. Forma na que a sulfadiacina é
excretada pola urina.
acetilsulfaguanidina s.f. Forma na que se excreta a
sulfaguanidina na urina, en placas cristalinas.
acetilsulfonamida s.f. Sulfonamida pouco soluble que
se excreta pola urina, e que se precipita se a urina non é
alcalina.
acetiltransferase s.f. Enzima que cataliza a transferencia
dun grupo acetilo dunha molécula a outra. O máis impor-
tante é o acetilcoenzima A
acetímetro s.f. Acetómetro.
Acetobacter Xénero de bacterias aerobias, que se encon-
tran en froitas, vexetais, vinagre e bebidas alcohólicas,
que transforman o alcohol en ácido acético e coñécense
como “nai do vinagre”.
acetofenacina s.f. Fenotiacina.
acetofenetidina s.f. Fenacetina.
acetolado s.m. Medicamento líquido formado pola mace-
ración de substancias vexetais secas ou a disolución de
principios medicinais en vinagre destilado.
acetolase s.f. Enzima que converte o alcohol en ácido
acético.
acetomeroctol s.m. Antiséptico mercurial empregado en
forma tópica.
acetómetro s.m. Instrumento para determina-la cantidade
de ácido acético que contén unha solución.
acelomado-a 4
acetomorfina s.f. Diacetilmorfina, heroína.
acetona s.f. Dimetilcetona, líquido incoloro que se
encontra en pequenas cantidades no sangue e urina
normais e en gran cantidade na urina dos diabéticos,
dándolle un olor característico á respiración destes
pacientes e ten propiedades anestésicas.
acetonemia s.f. Presencia de acetona no sangue en maior
cantidade cá normal.
acetonumerador s.m. Instrumento que serve para medi-
-la cantidade de acetona na urina.
acetonuria s.f. Exceso de acetona na urina, ocorre na
diabete, febre, cancro e vómitos dos nenos.
acetopirina s.f. Composto cristalino, branco, mestura de
antipirina e ácido acetilsalicílico, que se emprega como
antipirético e analxésico.
acetosal s.m. Ácido acetilsalicílico.
acetosoluble adx. Soluble en ácido acético.
acetum (lat.) Vinagre.
acezo s.m. Dificultade respiratoria, dispnea, asma.
achacoso –a adx. Que sofre achaques con frecuencia,
propio das persoas de idade.
achaque s.m. 1. Indisposición ou enfermidade habitual,
pouco grave, e especialmente a que acompaña á vellez. 2.
Menstruación, embarazo. 3. Defecto común ou frecuente.
acidez s.f. 1. Propiedade dos ácidos ou calidade ácida
dunha substancia. 2. Contido ácido dun líquido.
acidificación s.f. Acción e efecto de acidificar, acidación.
acidificante adx. Que dá propiedades ácidas a un corpo
que non as ten. 
acidificar v. Dar propiedades ácidas ou facer ácida
algunha substancia ó engadirlle un ácido forte, converter
en ácido.
acidímetro s.m. Instrumento para medi-la cantidade de
ácido libre nunha solución.
ácido-a adx. 1. Que ten propiedades opostas ós álcalis //
s.m. 2. Composto, de carácter orgánico ou inorgánico,
capaz de ceder protóns [H+] a outras substancias, que ó
reaccionar cunha base forma sal mais auga. 3. Popular-
mente, composto químico que ten sabor agrio que lle
confere o ión hidróxeno. // A. graxo. Ácido orgánico
monobásico da serie alifática. / A. graxo esencial. Ácido
graxo necesario para o axeitado funcionamento das
células, non elaborado polo organismo, polo que debe ser
proporcionado pola dieta, como por exemplo o ácido
linoleico.
acidocito s.m. Célula acidófila, leucocito eosinófilo.
acidofilia s.f. Facilidade de tinguirse cos colorantes
ácidos, eosinofilia.
acidorresistente adx. Relativo ás bacterias que unha vez
tinguidas non perden a cor cos ácidos.
acidose s.f. Diminución relativa ou real dos álcalis nos
líquidos corporais, en proporción ó contido de ácido,
normalmente con acumulación de metabolitos ácidos,
que se manifesta por decaemento, sono, vertixe, cefalea,
vómitos e coma. // A. compensada. Estado no que o pH
dos líquidos corporais se mantén nos límites normais
pola acción compensadora dos mecanismos renais ou
respiratorios do organismo. / A. descompensada.
Acidose por exceso de CO2 libre ou deficiencia de álcalis
con diminución do pH sanguíneo. / A. metabólica. A
debida a un exceso de ácidos orgánicos ou inorgánicos
fixos, ou á perda excesiva de álcalis. / A. respiratoria. A
debida á retención do CO2 no sangue por escasa ventila-
ción dos pulmóns. / A. tubular renal. Incapacidade de
segregar urina ácida por defecto tubular de reabsorción
de bicarbonato ou excreción de hidroxenións.
acidulación s.f. Acto ou efecto de acidular.
acidulado-a adx. Lixeiramente ácido.
acidulante adx. Que acidula.
acidular v. Tornar acídulo.
acídulo-a adx. Lixeiramente ácido.
aciduria s.f. Exceso de ácidos na urina.
acidúrico-a adx.Que resiste os medios ácidos.
aciese s.f. Esterilidade feminina.
ácigos adx. Impar.
acilia s.f. Falta de pestanas.
acilo-a adx. Do radical orgánico constituído pola unión
dun grupo carbonilo (C=O) cun grupo alquilo ou arilo. 
acinesia s.f. Ausencia ou perda do poder de realizar
movementos voluntarios. // A. álxera. Parálise voluntaria
do movemento, producida pola intensa dor que causan os
movementos voluntarios, que se observa de cotío nos
estados histéricos.
acinestesia s.f. Perda do sentido do movemento.
acinético-a adx. Relativo á acinesia.
Acinetobacter Xénero de bacterias da familia Neisseriá-
ceas, cocobacilos gramnegativos, aerobios estrictos,
pouco patóxenos.
acirrante adx. Excitante, picante, estimulante
acistia s.f. Falta da vexiga da urina.
acistineúria s.f. Parálise da vexiga.
aclaramento s.m. Depuración, cantidade de sangue que
se depura dunha substancia, cantidade de sangue que
proporciona a cantidade de substancia excretada nun
minuto. // A. de creatinina. Mide a función glomerular
na práctica clínica.
aclasia s.f. Continuidade patolóxica de tecidos que poden
ser máis ou menos diferentes.
aclástico-a adx. Que deixa pasa-la luz sen refractala.
5 aclástico-a
aclaviculado-a adx. Que non ten clavículas ou as ten
rudimentarias. Tamén se di acleido.
acleido-a adx. Aclaviculado.
acleistocardia s.f. Abertura ou peche imperfecto do
orificio oval.
aclimatación s.f. Acto ou efecto de aclimatar(se).
aclimatar v. Adaptar(se) a un clima.
aclis s.m. Mancha ou escurecemento na córnea
aclorhidria s.f. Falta de ácido clorhídrico nas secrecións
gástricas.
acloropsia s.f. Imposibilidade de distingui-la cor verde.
acluofobia s.f. Medo á escuridade.
aclusión s.f. Axuste imperfecto das superficies dos
dentes.
acme s.m. 1. Período de máis intensidade nunha enfermi-
dade. 2. Na febre, a máxima temperatura.
acne s.f. Erupción inflamatoria da pel caracterizada pola
retención das secrecións das glándulas sebáceas, e ás
veces, infección destas glándulas. // A. artificial. Acne
producida por axentes irritantes externos ou por drogas
administradas por vía interna (ioduros, bromuros). / A.
ciliar. Acne dos bordos das pálpebras. / A. concreta.
Seborrea seca. / A. conxestiva. Acne rosácea. / A. hiper-
trófica. Acne rosácea con engrosamento dos labios e alas
do nariz. / A. necrótica. Acne varioliforme. / A. pustu-
losa. Variedade de acne vulgar caracterizada por
abscesos. / A. queloide. Dermatite papilar capilar. / A.
rodens. Acne varioliforme. / A. rosácea. Inflamación
crónica da cara e do nariz, en xeraldebida ás bebidas
alcohólicas. / A. sebácea. Seborrea. / A. sebácea córnea.
Queratose folicular, enfermidade de Darier. / A. simple.
Acne vulgar. / A. solaris. Forma debida á exposición ó
sol, caracterizada por lesións vermellas no nariz e
meixelas. / A. tarsi. Acne das glándulas sebáceas das
pálpebras. / A. varioliforme. Acne crónica algo rara, que
se sitúa na fronte, con lesións pustulosas presentadas en
grupos, cada unha cun tapón duro central, que ó caer
deixa unha cavidade profunda. / A. vulgar. Acne común
que predomina na cara e rexión superior do tronco, que
se manifesta na pubertade e adolescencia, influída pola
actividade hormonal.
acneiforme adx. Semellante á acne.
acnemia s.f. Atrofia da barriga das pernas, falta ou muti-
lación das pernas.
acnexénico-a adx. Que causa acne ou é capaz de produ-
cilo.
acnite s.f. Inflamación supurativa da pel da cara que deixa
cicatrices.
acobadamento s.m. Formación dun ángulo no intestino,
conxénita ou por bridas. // A. de Lane. O debido á retrac-
ción da membrana de Lane, fórmase no íleo terminal por
adherencias, causa estenose, e ás veces, íleo mecánico.
acognosia s.f. Coñecemento ou estudio dos elementos e
dos métodos curativos.
acografía s.f. Descrición dos medicamentos.
acoína s.f. Clorhidrato de diparaanisilmonofenetilguani-
dina, po branco, cristalino, soluble en auga, emprégase
como anestésico local e bactericida en oftalmoloxía.
acolia s.f. Diminución ou cese da segregación biliar. / A.
pigmentaria. Secreción dunha bile sen cor por falta de
pigmentos biliares.
acoluria s.f. Ausencia de pigmento biliar na urina
acometer v. Manifestarse unha doenza, signo, etc.
acometida s.f. Ataque, arremetida.
acomodación s.f. Acto de axustar ou adaptar, especial-
mente os ollos para a visión a distintas distancias, que
realiza o músculo ciliar e o cristalino. // A. absoluta.
Acomodación de cada un dos ollos por separado. / A
histolóxica. Conxunto de cambios na morfoloxía e
función das células, segundo as variacións das condi-
cións que se lles presenten. / A. negativa. Axuste do ollo
para distancias longas por relaxación do músculo ciliar. /
A. positiva. Axuste do ollo para as distancias curtas por
contracción do músculo ciliar. / A. relativa. Axuste
producido por ámbolos dous ollos conxuntamente.
acomodómetro s.m. Instrumento para medi-la capaci-
dade de acomodación do ollo.
acomplexionado-a adx. Que ten boa ou mala comple-
xión.
aconativo-a adx. Sen o desexo ou a vontade de actuar.
acondicionar v. Dotar de certa condición ou calidade.
acondroplasia s.f. Alteración no desenvolvemento das
cartilaxes rizomélicas das extremidades, e causa dunha
forma de ananismo.
acondroplástico-a adx. Relativo á acondroplastia ou
afectado por ela.
acondroxénese s.f. Enfermidade conxénita letal, caracte-
rizada por ananismo con nariz chato e ausencia de mine-
ralización dos ósos, a cabeza e o corpo normais e as
extremidades moi curtas.
aconitina s.f. Alcaloide velenoso principio activo do
acónito.
acónito s.m. Planta da familia das ranunculáceas.
aconurese s.f. Micción non voluntaria.
acoprose s.f. Formación escasa ou nula de excrementos
acor s.m. 1. Acidez, acedía. 2. Cotra de leite, erupción de
pequenas pápulas na pel.
acoramento s.m. Sufocación, afogo, falta de respiración
acorante adx. Sufocante.
acorar v. 1.Quedar sen alento. 2. Respirar con dificultade.
3. Facer quedar sen alento.
aclaviculado-a 6
acorea s.f. Ausencia conxénita da pupila.
acorese s.f. Diminución da capacidade dun órgano oco.
acoria s.f. Perda da sensación de saciedade.
acormia s.f. Monstruosidade fetal que ten como caracte-
rística presentar un corpo moi pouco desenvolvido.
acoro s.m. 1. Pesadelo. 2. Respiración fatigosa.
acra adx. Da parte distal das extremidades ou a máis
saliente do corpo. Tamén se di acral.
acracia s.f. Debilidade, impotencia.
acral adx. Acra.
acrania s.f. Anomalía do desenvolvemento caracterizada
por ausencia total ou parcial do cranio.
acranio s.m. Feto malformado que amosa acrania.
acrasia s.f. Calquera especie de aberración orgánica.
acrato-a adx. Puro, sen mesturas.
acratotermo-a adx. Con pouca mineralización.
acraturese s.f. Dificultade da micción por atonía da
vexiga.
acre adx. 1. Que ten sabor acedo. // s.m. 2. Principio ó que
os médicos humoralistas lle atribuían unha acción irri-
tante.
acreción s.f. Adición de partículas ou capas a un tecido.
acrementición s.f. Desenvolvemento ou aumento por
adición de tecido semellante.
acremoniose s.f. Infección polo fungo Acremonium
Potronii.
acrestesia s.f. Sensibilidade anormalmente esaxerada.
acribómetro s.m. Instrumento para medir cousas dimi-
nutas
acridade s.f. Calidade do que é acre. Tamén se di acri-
tude.
acriflavina s.f. Substancia colorante empregada na tripa-
nosomíase coma antiséptico.
acrílico-a adx. Do ácido que se emprega na fabricación
de diversos plásticos.
acrinia s.f. Diminución ou supresión das secrecións.
acrise s.f. Falta de crise dunha enfermidade.
acrisolado-a adx. Purificado.
acrisolar v. Purificar no crisol.
acrítico-a adx. Que non ten crise.
acritocromacia s.f. Falta de aptitude para distingui-las
cores.
acritude s.f. Acridade.
acroagnose s.f. Ausencia da sensación nun membro.
Tamén se di acroagnosia.
acroagnosia s.f. Acroagnose.
acroanestesia s.f. Anestesia das extremidades.
acroartrite s.f. Artrite das extremidades.
acroasfixia s.f. Asfixia local das partes distais das extre-
midades.
acroataxia s.f. Ataxia das extremidades, especialmente
das mans e dos pés.
acrobistílito s.m. Cálculo prepucial.
acrobistite s.f. Inflamación do prepucio. Tamén se di
acropostite.
acroblasto s.m. Capa exterior do mesoblasto.
acrobraquicefalia s.f. Deformidade cranial por fusión
da sutura coronal, produce acurtamento do diámetro
anteroposterior da cabeza.
acrocefalia s.f. Forma cónica do cranio.
acrocefalosindactilia s.f. Síndrome ou enfermidade de
Apert, caracterizada por forma cónica da cabeza debido ó
peche prematuro das cisuras e membranas interdixitais
nas catro extremidades, de herdanza autosómica domi-
nante.
acrocéntrico-a adx. Con centrómero case terminal, que
o divide nun brazo moi curto e outro moi longo, que son
os cromosomas 13-15 e 21-22.
acrocianose s.f. Cianose crónica das mans e pés, acom-
pañada de frialdade e sudoración excesivas.
acrocinese s.f. Acrocinesia.
acrocinesia s.f. Mobilidade excesiva ou facilidade
anormal de movementos nas articulacións de mans e
pulsos. Tamén se di acrocinese.
acrocontractura s.f. Contracturas articulares das mans e
dos pés.
acrocordón s.m. Tumor brando, péndulo, que aparece no
colo e as pálpebras dos vellos, constituído por glándulas
sebáceas hipertrofiadas ou verrugas.
acrodermatite s.f. Inflamación da pel das extremidades.
// A. crónica atrófica. Dermatite progresiva de pés,
mans, cobádos e xeonllos con inflamación inicial seguida
de atrofia e esclerose. / A. de Pick-Herxheimer. Acro-
dermatite crónica das extremidades. / A. enteropática.
Enfermidade grave por defecto do metabolismo do cinc,
que afecta os lactantes e caracterízase por bochas ó redor
dos orificios naturais e zonas distais das extremidades,
diarrea e calvicie. 
acrodinia s.f. Enfermidade caracterizada polo aumento
da sensibilidade de mans e pés, con sensación de
formigo, dores de tipo reumático e lesións na pel.
acrodisostose s.f. Osteocondrodisplasia que presenta
nariz, mandíbula, mans e pés pequenos, quedando a esta-
tura e o estado mental pouco afectados.
acrodolicomelia s.f. Lonxitude excesiva das mans e dos
pés.
7 acrodolicomelia
acrodonto-a adx. Que ten os dentes enraizados no bordo
maxilar e non nos alvéolos.
acroedema s.m. Edema permanente nas mans e nos pés
que ocorre, ás veces, despois dun traumatismo.
acroeritrose s.f. Vasodilatación e arroibamento das
partes máis distais dos membros.
acroestesia s.f. Dor nas extremidades.
acrofobia s.f. Medo ós lugares altos.
acrognose s.f. Acrognosia.
acrognosia s.f. Coñecemento sensorial dos membros e as
súas partes e os seus movementos. Tamén se di acrog-
nose.
acrohiperhidrose s.f. Suor excesivadas mans e dos pés.
acrohipotermia s.f. Frialdade anormal de mans e pés.
acrohisterosalpinxectomía s.f. Extirpación cirúrxica
de ámbalas dúas trompas de Falopio e parte do fondo
uterino nalgunhas enfermidades inflamatorias da pelve.
acroiocitemia s.f. Falta de hemoglobina nos glóbulos
vermellos.
acromanía s.f. Manía caracterizada por unha grande acti-
vidade motora.
acromastite s.f. Inflamación da mamila.
acromático-a adx. 1. Que non ten cores. 2. Que contén
acromatina.
acromatina s.f. Hialoplasma do núcleo que non se tingue
ou se tingue debilmente.
acromatismo s.m. Ausencia de cor, acromía.
acromatófilo-a adx. Que non ten afinidade polos colo-
rantes.
acromatólise s.f. Desorganización da acromatina dunha
célula.
acromatopsia s.f. Falta de percepción das cores, visión
en gris. // A. parcial. Daltonismo.
acromatose s.f. Acromía.
acromaturia s.f. Urina incolora.
acromegalia s.f. Xigantismo conxénito das extremi-
dades.
acromegaloidismo s.m. Estado semellante á acrome-
galia non debida a trastorno hipofisario.
acromegaloxigantismo s.m. Xigantismo por acrome-
galia que se dá despois da pubertade.
acromelalxia s.f. Dor e arroibamento nos dedos das
mans e dos pés.
acromélico-a adx. Referente á extremidade dun membro.
acromía s.f. Falta da coloración normal da pel.
acromial adx. Relativo ó acromio.
acromicria s.f. Extremidades pequenas ou atróficas.
acromio- Prefixo que indica relación co acromio.
acromio s.m. Apófise triangular da omoplata, que se arti-
cula coa clavícula, o punto máis alto do ombro.
acromioclavicular adx. Relativo ó acromio e á claví-
cula.
acromiocoracoide adx. Relativo ó acromio e á apófise
coracoide.
acromiotonía s.f. Miotonía das extremidades.
acromiotorácico-a adx. Relativo ó acromio e ó tórax.
acromioumeral adx. Relativo ó acromio e ó úmero.
acromodermia s.f. Acromía.
acromófilo-a adx. Acromatófilo.
acromotriquia s.f. Falta de pigmento no pelo.
acronausia s.f. Estado morboso debido á diminución da
presión atmosférica que se dá nas ascensións, manifes-
tándose por vertixe, cefalea, sono, dispnea, trastornos
circulatorios, vómitos, cianose, etc. Tamén se di mal das
montañas.
acroneurose s.f. Trastornos nerviosos das extremidades.
acrónfalo s.m. Embigo prominente ou hernia umbilical.
acrónix s.m. Unlla que crece cara a dentro.
acropaquía s.f. Deformidades dos dedos en forma de
maza ou baqueta do tambor.
acroparálise s.f. Parálise das extremidades.
acroparestesia s.f. Parestesia e outras sensacións anor-
mais das extremidades, en forma de formigos, torpeza e
rixidez dixital, que afecta a un ou a varios membros. // A.
de Nothnagel. Acroparestesia por espasmo dos vasos
sanguíneos que pode acabar en gangrena. / A. de Schulze
ou simple. Acroparestesia xeralmente curable.
acropatía s.f. Alteración da sensibilidade, vasomotilidade
e trofismo que ocorre nas extremidades, como a acrocia-
nose, gangrena nerviosa, eritromelalxia, enfermidade de
Morton, etc.
acropatoloxía s.f. Patoloxía das extremidades
acropostite s.f. Acrobistite.
acropúrpura s.f. Púrpura que afecta as extremidades, en
especial os dedos das mans.
acroqueratose s.f. Sobrecrecemento da capa córnea da
pel do dorso das mans, plantas dos pés, xeonllos,
cóbados, orellas e punta do nariz, que pode ser unha
manifestación paraneoplásica.
acroscleroderma s.f. Esclerodactilia.
acrosclerose s.f. Combinación da enfermidade de
Raynaud coa escleroderma das partes distais e da cara e
do colo, forma clínica da esclerodermia (esclerodermia
sistémica primaria).
acrosfacelo s.m. Gangrena dos dedos.
acrodonto-a 8
acrosfenosindactilia s.f. Acrocefalosindactilia.
acrosoma s.m. Corpúsculo na parte anterior do esperma-
tozoide, composto por un aparato de Golgi modificado e
moi desenvolvido.
acrostealxia s.f. Neuralxia dos ósos das extremidades.
acroteríase s.f. Mutilación ou amputación dunha extre-
midade.
acrotérico-a adx. Relativo á periferia extrema, coma a
punta dos dedos ou do nariz.
acrotismo s.m. 1. Falta ou deficiencia de pulso. 2. Neurite
das extremidades, acrotrofodinia.
acrotrofodinia s.f. Neurite das extremidades que
produce atrofia e dor.
acrotrofoneurose s.f. Trastorno trofoneurótico dunha ou
varias extremidades.
acroxeria s.f. Senilidade prematura da pel das mans e
pés.
acruoria s.f. Diminución da parte sólida do sangue.
ACTH Sigla do inglés que se refire á hormona adenocor-
ticotrópica.
actina s.f. Proteína muscular en filamentos que unida ás
partículas de miosina constitúe a actomiosina, causa a
contracción e a relaxación musculares
actínico-a adx. Pertencente ou relativo ós raios lumi-
nosos máis aló do extremo violeta do espectro, que ten
efectos químicos.
actínido-a adx. Pertencente ou relativo ó elemento
actinio.
actínidos s.m.pl. Serie de elementos posteriores ó actinio,
que teñen un número atómico comprendido entre 89 e
101.
actiniforme adx. En forma de raio, raiado.
actinina s.f. Proteína da miofibriña, que forma parte dos
filamentos delgados do tecido muscular. Divídese en
actinina alfa, que facilita a asociación lateral da actina F,
e actinina beta que inhibe a polimerización da actina.
actinio s.m. Elemento radioactivo que non posúe isótopos
estables, que se atopa na natureza como producto da
desintegración dalgúns compostos do uranio e do torio. O
seu símbolo é Ac.
actinismo s.m. Efecto da acción fotoquímica dos raios
luminosos sobre os tecidos .
Actinobacillus Xénero de esquizomicetos da familia
Brucellaceae, ou Eubacteriais.
actinobacilose s.f. Enfermidade producida por especies
do xénero Actinobacillus.
actinocardiograma s.m. Cardiograma obtido utilizando
os cambios de densidade na pantalla radioscópica.
actinoconxestina s.f. Principio tóxico de certas actinias
que, inxectado nos animais, produce conxestión das
vísceras e hemorraxias.
actinocutite s.f. Actinodermatite.
actinodermatite s.f. Inflamación da pel producida pola
exposición ós raios lumínicos. Tamén se di actinocutite.
actinofitose s.f. Estreptotricose.
actinóforo s.m. Mestura de tres partes de dióxido de cerio
e unha parte de torio, que se utiliza en diagnósticos radio-
lóxicos
actinografía s.f. Radiografía.
actinoide adx. En forma de raio, actiniforme.
actinólito s.m. Substancia modificada pola exposición á
luz.
actinoloxía s.f. Ciencia da fotoquímica, dos efectos
químicos da luz. 
Actinomadura Xénero de fungos da orde actinomicetais,
responsables do micetoma.
actinómetro s.m. Instrumento para medi-lo poder pene-
trante dos raios lumínicos.
actinomicetáceas s.f.pl. Familia bacteriana da orde das
actinomicetais que comprende cinco xéneros: Acti-
nomyces, Arachnia, Bifidobacterium, Bacterionema e
Rothia.
actinomicetais s.f.pl. Orde de bacterias que comprende
oito familias, algunhas moi interesantes en medicina:
actinomicetáceas, micobacteriáceas, nocardiáceas,
estreptomicetáceas e micromonosporáceas.
actinomicetina s.f. Antibiótico producido polo Strep-
tomyces albus, de acción bacteriolítica sobre xermes
grampositivos e gramnegativos, aínda que non ten valor
terapéutico.
actinomicina s.f. Antibiótico producido polo Acti-
nomyces antibioticus, que consta de dous compostos: un
pigmento vermello bacteriostático para os grampositivos
e outro incoloro de acción bactericida sobre os gramne-
gativos. Tamén ten efectos antineoplásicos.
actinomicoma s.m. Tumor producido por Actinomyces.
actinomicose s.f. Enfermidade infecciosa causada polo
Actinomyces israelii no ser humano e polo Actinomyces
bovis nas reses . Caracterízase por lesións non dolorosas
dos ganglios linfáticos que drenan a boca, abscesos intra-
peritoneais que inclúen abscesos hepáticos ou abscesos
pulmonares.
actinomicótico-a adx. Pertencente ou relativo á actino-
micose ou afectado por ela.
actinomicotina s.f. Preparación terapéutica de cultivos
de Actinomyces que se emprega no tratamento da actino-
micose.
actinón s.m. Isótopo do radon, da serie do actinio, de
número de masa 219.
9 actinón
actinoneurite s.f. Neurite producida pola exposición ás
substancias radioactivas.
actinopraxe s.f. Emprego das substancias radioactivas.actinoscopia s.f. Estudio dos distintos graos de transpa-
rencia dos tecidos e dos órganos.
actinoterapéutica s.f. Tratamento das enfermidades por
medio dos raios ultravioleta ou actínicos.
actinoterapia s.f. Actinoterapéutica.
actinotoxemia s.f. Toxemia producida pola desintegra-
ción dos tecidos debida a radiacións.
actitude s.f. 1. Disposición do ánimo que implica un
comportamento determinado. 2. Posición ou postura do
corpo. // A. antálxica. Posición que espontaneamente
adopta o doente para atenua-la dor dunha parte. / A. cere-
belosa. Contracción tónica xeneralizada, con flexión dos
membros superiores e extensión dos inferiores, rixidez da
caluga e opistótonos, que se atopa nas lesións do cere-
belo. / A. de crucifixo. Rixidez do corpo cos brazos
estendidos, obsérvase na histeroepilepsia. / A. de
Duvergie. Posición cadavérica caracterizada pola flexión
dos cóbados e xeonllos, peche das mans e extensión dos
pés. / A. de pregaria mahometana. Actitude adoptada
polos pacientes que teñen derramo pericárdico, coa fina-
lidade de evita-lo rozamento das follas da serosa infla-
mada. Consiste en apoiar nos xeonllos, a cara e os
cóbados. / A. de Wernicke-Mann. Flexión e pronación
do antebrazo, flexión dos dedos da man, abducción da
cadeira, rotación interna e flexión plantar do pé, típica da
hemiplexía por lesión capsular. / A. en gatillo de fusil.
Actitude típica da meninxite con flexión das pernas sobre
as coxas e estas sobre a pelve. / A. estereotipada. A que
manteñen por longo tempo algúns enfermos mentais. / A.
glacial. Rixidez da marcha observada especialmente na
esclerose lateral amiotrófica. / A. ilóxica. Actitude
estraña adoptada na histeroepilepsia. / A. pasional.
Expresión dramática que se observa de cotío nos histé-
ricos.
activación s.f. Acto ou proceso de facer activo ou de esti-
mular unha función como a cerebral, a fertilidade, a divi-
sión celular.
activador-a adx. 1. Que activa. // s.m. 2. Substancia que
fai activa a outra, en especial, a que se combina cun
enzima inactivo para facelo capaz de efectua-la súa
acción axeitada. V. coenzima. 3. Substancia que estimula
o desenvolvemento dunha estructura particular no
embrión. V. inductor e organizador. // A. do plasminó-
xeno. Substancia que ten a facultade de activa-lo plasmi-
nóxeno e de converte-lo en plasmina, que é a forma
activa. / A. tisular. Fibrinocinase.
activar v. 1. Avivar, excitar, acelerar. 2. Volver algo
radioactivo.
actividade s.f. 1. Calidade ou proceso que produce
enerxía ou pode causar un efecto. 2. Conxunto de opera-
cións propias dunha persoa ou entidade. 3. En física,
número de átomos que se desintegran por unidade de
tempo nunha cantidade dada de substancia radioactiva. //
A. enzimática. Efecto catalítico producido por un
enzima, que se expresa por miligramos do enzima (acti-
vidade específica) ou como moléculas de substrato que se
transforman por minuto, por moléculas de enzima (acti-
vidade molecular). / A. óptica. Propiedade que posúen
algunhas substancias, pola que a luz polarizada que as
atravesa sofre unha rotación do seu plano de polariza-
ción.
activo-a adx. Que ten actividade, que obra ou pode obrar,
o contrario de pasivo.
acto s.m. Feito ou acción. // A. falido. Acción equivocada
atribuíble á desatención da persoa ou ó azar, que a psica-
nálise considera como expresión dun conflicto incons-
ciente por un desexo reprimido e inclúe esquecementos,
erros de escritura, de lectura ou de palabra.
actol s.m. Lactato de prata, po branco, insípido, soluble en
auga e nos líquidos albuminosos, que se emprega como
antiséptico en solución ó 2%.
actomiosina s.f. Substancia contráctil da fibra muscular,
complexo proteínico constituído pola unión da miosina e
da actina.
Actonia Xénero de fungos actinomicetos da orde dos
endomicetais que ás veces produce falsas membranas
farínxeas semellantes ás diftéricas.
acu- 1. Prefixo de termos médicos relacionados co oído ou
a audición. 2. Prefixo de termos médicos que indica rela-
ción coas agullas.
acuapuntura s.f. Inxección hipodérmica de auga.
acueducto s.m. Conducto ou canle para a conducción dun
líquido ou estructura anatómica. // A. cerebral. Acue-
ducto de Silvio. / A. de caracol ou cóclea. Orificio no
óso temporal para unha vea, conducto perilinfático. / A.
de Cotunnius. É o conducto do vestíbulo, pequeno
conducto que se abre na superficie posterior do rochedo
do temporal e dá paso a unha vea e ó conducto endolin-
fático. / A. de Falopio. Conducto para o nervio facial no
rochedo do temporal, tamén nomeado conducto facial. /
A. de Silvio. Conducto que une o III e IV ventrículos do
cerebro. Tamén se di iter a tertio ad quartum ventri-
culum. / A. do vestíbulo. Acueducto de Cotunnius. / A.
mesencefálico. Acueducto de Silvio.
acúfeno s.m. Sensación auditiva anormal que en xeral é
percibida soamente polo suxeito. V. tinnitus.
acufonía s.f. 1. Emprego combinado da percusión e a
auscultación. 2. Auscultación do son de percusión.
acúfono s.m. Aparello eléctrico que lles facilita a audi-
ción ós xordos.
acuicultura s.f. Técnica de cultivo na auga de especies
vexetais e animais.
acuidade s.f. Calidade do que é agudo, agudeza, perspi-
cacia, finura. // A. sensorial. Poder de discriminación dos
sentidos.
actinoneurite 10
acuimetría s.f. Medida da agudeza visual.
acuíparo-a adx. Que produce auga ou segregación
acuosa.
aculalion s.m. Aparello para ensinarlles a falar ós mudos.
acume s.m. Punta aguda.
acumetría s.f. Estudio da agudeza auditiva.
acúmetro s.m. Instrumento que se emprega para medi-la
agudeza auditiva.
acuminado-a adx. De punta afiada.
acumulación s.f. 1. Acción e efecto de acumular. 2.
Aumento considerable e súbito da acción dalgúns medi-
camentos (dixital, chumbo, mercurio, etc.) pola súa
administración continuada a doses relativamente inefi-
caces.
acumulador s.m. Aparato electrolítico que transforma a
enerxía eléctrica en química, para posteriormente volver
a transformala parcialmente en eléctrica.
acuñado-a adx. Apertado ou fendido con cuñas.
acuocapsulite s.f. Irite serosa, descemetite.
acuocobalamina s.f. Derivado da cianocobalamina ou
vitamina B12 por substitución do grupo cianuro ( -CN )
polo grupo -H2O0 corresponde á vitamina B12b.
acuofobia s.f. Medo patolóxico á auga. Tamén se di
hidrofobia.
acuofonía s.f. Acufonía
acuosidade s.f. Calidade do que é acuoso.
acuoso-a adx. Abundante en auga.
acupuntura s.f. Sistema de tratamento curativo por
medio de picadas con agullas moi finas en determinadas
zonas do corpo, propio da medicina oriental.
acurtamento s.m. Acto ou efecto de acurtar.
acurtar v. Tornar curto ou máis curto.
acuruxarse v. Encollerse unha persoa como se estivese
doente.
acusector s.m. Agulla eléctrica empregada como bisturí
para a sección dos tecidos.
acusia s.f. Audición normal, capacidade de percibir
normalmente os sons.
acusma s.f. Alucinación auditiva na que se escoitan
ruídos indefinidos. Tamén se di acúfeno, acoasma.
acusmatognosia s.f. Recoñecemento nulo ou imperfecto
dos sons a causa dun trastorno mental, xordeira mental.
acústica s.f. Ciencia que trata do son e da súa percepción.
acústico-a adx. Pertencente ou relativo ó sentido ou
órgano do oído, á ciencia dos sons ou á percepción dos
mesmos. // (Nervio) a. VIII par cranial ou nervio audi-
tivo.
acusticomáleo s.m. Músculo externo do martelo.
acusticón s.m. Aparello auxiliar do oído para ós xordos.
acutómetro s.m. Acúmetro
acutomía s.f. Electrotomía.
acutorsión s.f. Torsión dun vaso por medio dunha agulla
para dete-la hemorraxia.
ad lib. Abreviatura do latín ad libitum que nas receitas
significa a vontade ou a gusto de cada un.
adacria s.f. Ausencia de segregación lacrimal. 
adactilia s.f. Ausencia conxénita dos dedos da man ou do
pé.
adactilismo s.m. Adactilia.
adamantino-a adx. 1. Relativo ó esmalte dental. 2.
Diamantino. 3. fig. Forte, firme, íntegro.
adamantinoma s.m. Ameloblastoma. // A. pituitario.
Craniofarinxioma.
adamantoblasto s.m. Ameloblasto
adamantoblastoma s.m. Ameloblastoma
adamantoma s.m. Ameloblastoma, adenoma adaman-
tino.adaptabilidade s.f. 1. Calidade do que é adaptable. 2.
Capacidade de se adaptar. 3. Capacidade de ceder á
presión ou a unha forza sen desorganización, ou expre-
sión da medida e a capacidade para facelo, que manifesta
a distensibilidade dun órgano ocupado por aire ou
líquido, como o pulmón ou a vexiga, en termos de
unidade de cambio de volume por unidade de cambio de
presión. Tamén se di elastancia.
adaptación s.f. 1. Acto ou efecto de adaptar. 2. Acomo-
dación. 3. Adquisición das modificacións que permiten
que un organismo viva nun novo ambiente ou en condi-
cións novas. 4. Proceso dinámico no que os pensamentos,
sentimentos, comportamento e mecanismos biofisioló-
xicos cambian para axustarse ós cambios do ambiente. 5.
Axuste da pulila do ollo ás variacións da intensidade da
luz. 6. Inmunización. 7. En odontoloxía, axuste axeitado
dunha dentadura, grao de proximidade e entrelazamento
de material de restauración dunha preparación dental ou
axuste exacto de bandas ós dentes. 8. Diminución da
frecuencia de impulsos na actividade reflexa cando se
repiten varias veces os estímulos sensoriais. // Producto
de a. Substancia formada no corpo dun animal pola
inmunización con productos celulares procedentes dun
animal doutra especie. / Síndrome xeral de a. V.
síndrome.
adaptador-a adx. 1. Que, ou aquel que adapta. // s.m. 2.
Dispositivo mediante o que se conectan entre si dife-
rentes partes de aparellos ou instrumentos.
adaptómetro s.m. Instrumento para medi-lo tempo nece-
sario para a adaptación retiniana, isto é, a rexeneración da
púrpura visual. Emprégase para descubri-la cegueira
nocturna, a avitaminose A e a retinite pigmentaria. // A.
cromático. Instrumento ó que se lle engaden filtros de
11 adaptómetro
cor e neutros e control da iluminación para demostra-la
adaptabilidade do ollo á cor ou á luz.
adaquia s.f. Falta de oclusión dental.
adarticulación s.f. Diartrose.
adaxil adx. Cara a un eixe ou situado sobre un ou outro
lado dun eixe.
addisonismo s.m. Grupo de síntomas moi semellantes ós
típicos da enfermidade de Addison.
adducción s.f. Aducción
adducens oculi s.m. Músculo recto interno do ollo ou
rectus medialis.
adductor s.m. Aductor.
adefaxia s.f. 1. Gula, fame insaciable. 2. Bulimia.
adelfia s.f. Monstruosidade caracterizada pola unión de
dous corpos pola súa parte superior e separación das
partes inferiores.
adelfotaxia s.f. Tendencia das células móbiles a dispo-
ñerse en posicións definidas.
adelgazador-a adx. Que adelgaza.
adelgazamento s.m. Acto ou efecto de adelgazar.
adelgazar v. 1. Facer ou poñer delgada algunha cousa ou
persoa. 2. Purificar, depurar algunha cousa. 3. Enfra-
quecer, poñerse delgado, diminuí-las carnes.
adelomorfo-a adx. De forma non claramente definida.
aden-, adeno- Prefixos do grego coa significación de
glándula, ganglio.
adenalxia s.f. Dor dunha glándula ou dun ganglio. Tamén
se di adenodinia.
adenase s.f. Enzima que se forma no bazo que converte a
adenina en hipoxantina.
adenastenia s.f. Actividade glandular ou ganglionar defi-
ciente. // A. gástrica. Segregación glandular deficiente
do estómago.
adéndrico-a adx. Que non ten dendritas. Tamén se di
adendrítico.
adendrítico-a adx. Adéndrico.
adenectomía s.f. 1. Extirpación cirúrxica dunha glándula
ou ganglio. 2. Escisión de tumores de natureza adenoide.
adenectopía s.f. Situación dunha glándula ou ganglio
fóra da súa posición normal.
adenia s.f. Crecemento intenso e crónico dos ganglios
linfáticos. V. enfermidade de Hodgkin, linfoma, pseu-
doleucemia. // A. leucémica. Adenia con estado leucé-
mico do sangue. Tamén se di linfadenia.
adeniforme adx. Que semella a un ganglio ou unha glán-
dula. Tamén se di adenoide.
adenilciclase s.f. Sistema enzimático que, a partir do
ATP, forma AMP cíclico, localizado na membrana celular
do fígado e do músculo, que constitúe un importante
sistema biolóxico polo que inician ou fan os seus efectos
moitas hormonas.
adenilo s.m. Radical contido na adenina.
adenina s.f. C5H5N5. Base cristalina, branca, 6-aminopu-
rina, que se presenta en diversos tecidos animais e vexe-
tais ó constituí-la base purínica do DNA e RNA.
adenite s.f. Inflamación dun ganglio, grupo ganglionar ou
glándula. // A. aguda infecciosa epidémica. Mononu-
cleose infecciosa. Tamén se di febre ganglionar de
Pfeiffer. / A. cervical. Estado caracterizado polo
aumento, inflamación e dor dos ganglios linfáticos do
pescozo, que se observa nalgunhas enfermidades infec-
ciosas dos nenos, por exemplo as infeccións agudas da
farinxe. / A. equina. Infección contaxiosa dos equinos
producida polo Streptococcus Equi. / A. flegmonosa.
Inflamación dun ganglio ou glándula e do tecido celular
circundante. Tamén se di adenoflegmón e linfadenite
flegmonosa. / A. salival aguda. Infección epidémica
observada na rexión de Nápoles, caracterizada por infla-
mación das glándulas salivares, esplenomegalia e
adenalxia axilar. / A. tropical. Linfogranuloma venéreo,
bubón climático. / A. universal. Induración xeneralizada
dos ganglios linfáticos na sífilis primaria. / A. vulvova-
xinal. Bartholinite.
adenización s.f. Adquisición de aspecto glandular ou
ganglionar, dexeneración adenoide.
adenoacantoma s.m. Tumor composto de elementos
glandulares e escamosos.
adenoblasto s.m. 1. Célula con función secretoria ou
glandular. 2. Célula embrionaria da que deriva o tecido
glandular ou ganglionar.
adenocancroide s.m. Adenoacantoma
adenocarcinoma s.m. Adenoma maligno ou cancro.
Tamén se di carcinoma adenomatoso.
adenocele s.f. Tumor quístico de orixe glandular. Tamén
se di adenoma.
adenocelulite s.f. Inflamación dun ganglio ou glándula e
do tecido celular que os rodea.
adenocistoma s.m. Adenoma no que a retención da
segregación glandular determina a formación de quistes.
Tamén se di cistadenoma.
adenocito s.m. Célula secretoria adulta dunha glándula.
adenocondroma s.m. Adenoma combinado con condro-
ma.
adenocondrosarcoma s.m. Tumor que contén elemen-
tos de adenoma, condroma e sarcoma.
adenodiastase s.f. 1. Separación anormal dunha glándula
en partes distintas. 2. Desprazamento dunha glándula ou
ganglio.
adenodinia s.f. Adenalxia.
adaquia 12
adenoepitelioma s.m. Tumor composto de elementos
glandulares e epiteliais.
adenofarinxite s.f. Inflamación das amígdalas e da
farinxe.
adenofibroma s.m. Tumor composto de tecido conectivo
e tecido glandular.
adenofibrose s.f. Dexeneración fibrosa dunha glándula,
especialmente as sudoríparas.
adenofima s.f. Tumor dun ganglio ou glándula por
cancro ou inflamación.
adenoflegmón s.m. Inflamación supurada dun ganglio e
dos tecidos que o rodean. Tamén se di linfadenite fleg-
monosa.
adenoftalmía s.f. 1. Inflamación das glándulas de
Meibonio, Zeiss ou Moll. 2. Inflamación das glándulas
lacrimais, dacrioadenite.
adenohiperestenia s.f. Actividade glandular excesiva. //
A. gástrica. Excesiva segregación glandular do estó-
mago.
adenohipófise s.f. Porción anterior ou glandular da hipó-
fise, diferente da porción posterior ou neurohipófise.
adenoide adx. Semellante a unha glándula ou ganglio.
adenoidectomía s.f. Extirpación das vexetacións
adenoides.
adenoides s.f. Hipertrofia do tecido ganglionar, vexeta-
cións adenoides, que existe normalmente na nasofarinxe
dos nenos (amígdala farínxea).
adenoidismo s.m. Conxunto de síntomas da persoa que
sofre vexetacións, consisten en cara adenoide, catarros
crónicos de nariz e farinxe, trastornos respiratorios e
aprosexia.
adenoidite s.f. Inflamación do tecido adenoide do
conducto nasofarínxeo.
adenolinfite s.f. Linfadenite.
adenolinfocele s.f. Dilatación dos vasos linfáticos e
engrosamento dos ganglios.
adenolinfoidite s.f. Anxina monocítica.
adenolinfoma s.m. Combinación de adenoma e linfoma,
adenocistoma linfomatoso papilar (tumor de Warthin)
das glándulas salivais. Tamén se di linfadenoma.
adenoliomiofibroma s.m. Liomiofibroma que contén
elementos adenomatosos.
adenolipoma s.m. Tumor ganglionar ou glandular,
formado na súa meirande parte por tecido adiposo.
adenolipomatose s.f. Estado no que se desenvolven
lipomas múltiplesno colo, axila e inguas. // A. simétrica.
Tumefaccións lipomatosas simétricas en diferentes partes
do corpo, especialmente no colo, debidas probablemente
a unha afección dos vasos e ganglios linfáticos. Tamén se
di pescozo de Madelung.
adenologadite s.f. Oftalmía do neonato. Inflamación das
glándulas do ollo e da conxuntiva.
adenoma s.m. 1. Tumor epitelial, benigno case sempre,
de estructura semellante a unha glándula. 2. Tumor carac-
terizado por posuír espacios tapizados de epitelio. // A.
acidófilo. Tumor da hipófise composto por células que se
tinguen cos coloranes ácidos, que se sitúa no lobo ante-
rior e pode orixinar segregación excesiva de hormona de
crecemento, o que produce xigantismo ou acromegalia. /
A. adamantino. Adamantoma. / A. alveolar. Adenoma
de tipo de glándula alveolar. / A. basófilo. Tumor do lobo
anterior da hipófise que se tingue con colorantes básicos
e que pode orixinar segregación excesiva de hormona
adenocorticotrópica (ACTH) e orixina a síndrome de
Cushing. / A. bronquial. Adenoma que se atopa nos
tecidos submucosos dos bronquios de gran calibre, de
estructura glandular, formado por células ben diferen-
ciadas, que adopta dúas formas histolóxicas (carcinoide e
cilindroma), con malignidade de baixo grao. / A. cromó-
fobo. Tumor do lobo anterior da hipófise que non se
tingue facilmente con colorantes ácidos nin básicos. / A.
de Jackson. Tumor benigno de orixe glandular, adenoma
carcinoide dos bronquios ou epitelioma bronquial clini-
camente benigno, pero de complicacións graves: obstruc-
ción bronquial con atelectasia ou absceso pulmonar. / A.
de Wölfer. Variedade de bocios nodulares. / A. diverti-
cular. Tumor benigno conxénito do embigo. / A. endo-
metroide do ovario. Quiste do ovario cunha membrana
interna semellante ó endometrio. / A. fibroso. Fibroade-
noma. / A. hidradenoide. Siringocistadenoma. / A.
langerhansiano. Insulinoma. / A. lupiforme. Lupus
eritematoso. / A. maligno. Adenocarcinoma, adenosar-
coma. / A. racemoso. Adenoma con estructura dunha
glándula en acio. / A. sebáceo. Neoplasia da cara que
contén glándulas sebáceas e forma pápulas vermelloama-
reladas (tipo Balzer). Malformación cutánea ou hamar-
toma da cara que afecta vasos sanguíneos e tecido conec-
tivo, que se dá no complexo esclerose tuberosa (Tipo
Pringle) e asóciase con deficiencia mental. / A. simple.
Hiperplasia dun ganglio ou dunha glándula. / A. sudorí-
paro. Espiradenoma. / A. umbilical. Tumor do embigo
orixinado pola coalescencia do divertículo de Meckel co
anel umbilical. / A. xelatinoso. Bocio coloide.
adenomalacía s.f. Abrandamento dun ganglio ou glán-
dula.
adenomátomo s.m. Instrumento que se emprega para a
extirpación das adenoides.
adenomatose s.f. Estado caracterizado pola aparición de
moitas vexetacións adenomatosas. // A. poliendócrina.
Síndrome pouco frecuente na que hai adenomas ou hiper-
plasia ademais dun tecido endócrino, que se atopan no
lobo anterior da hipófise, nos illotes de Langerhans e nas
paratiroides. En familias afectadas pode darse síndrome
de Zollinger-Ellison. Tamén se di adenomatose endó-
crina múltiple, adenomatose pluriglandular, polien-
docrinoma e síndrome de Wermer.
13 adenomatose
adenomegalia s.f. Hipertrofia dun ganglio ou dunha
glándula.
adenómera s.f. Porción terminal en fondo de saco dunha
glándula en desenvolvemento, que se converte na parte
funcional do órgano.
adenomesenterite s.f. Inflamación dos ganglios do
mesenterio.
adenomicose s.f. 1. Antigamente, enfermidade de
Hodgkin. 2. Enfermidade endémica do Brasil producida
polo fungo Adenomyces Cruzi.
adenomiofibroma s.m. Fibroma que contén tecido
adenomatoso e miomatoso.
adenomioma s.m. Neoplasia benigna do tecido muscular
e glandular, máis frecuentemente no útero, endome-
trioma. // A. branquióxeno. Formación quística orixi-
nada pola inflamación da bolsa mucosa na liña media do
pescozo. / A. psamopapilar. Tumor papilar múltiple do
ligamento ancho.
adenomiomatose s.f. Formación de moitos nódulos
adenomiomatosos nos tecidos parauterinos ou no útero.
adenomiometrite s.f. Hiperplasia inflamatoria do útero,
semellante a un adenomioma.
adenomiosarcoma s.m. Tumor mesodérmico mixto con
elementos musculares.
adenomiose s.f. 1. Estado benigno que se caracteriza por
penetración do endometrio na musculatura uterina, ás
veces con crecemento excesivo desta. 2. Presencia de
tecido endometrial en lugares anormais.
adenomixoma s.m. Tumor composto de tecido glandular
ou ganglionar e tecido mucoso.
adenoncose s.f. Aumento de tamaño dunha glándula ou
ganglio.
adenopatía s.f. Aumento de tamaño das glándulas, en
particular, dos ganglios linfáticos.
adenosarcoma s.m. Tumor maligno mixto que ten
elementos sarcomatosos e glandulares, como o tumor de
Wilms.
adenosclerose s.f. Endurecemento dunha glándula ou
dun ganglio.
adenose s.f. 1. Calquera enfermidade das glándulas ou
ganglios. 2. Desenvolvemento ou formación anormal de
tecido glandular ou ganglionar. // A. da mama. Lesión
benigna localizada nas glándulas apócrinas mamarias ou
nos conductos galactóforos. Macroscopicamente a mama
é nodular, e microscópicamente existe dilatación dos
conductos, que conteñen líquido, hiperplasia do epitelio e
fibrose.
adenosina s.f. Nucleósido formado por adenina e ribose.
// Trifosfato de a. (ATP) Composto rico en enlaces de
alto nivel enerxético, presente en tódalas células.
adenosinase s.f. Enzima que desdobra a adenosina.
adenosindesaminase s.f. Enzima que converte a adeno-
sina en inosina por desaminación.
adenosindifosfato s.m. ADP, composto que contén dous
ácidos fosfóricos, formado por hidrólise do ATP con libe-
ración de enerxía.
adenosinmonofosfato s.m. AMP, mononucleótido
formado por adenina, ribose e ácido fosfórico. // A.
cíclico. AMPc, ácido 3´5´-adenosinmonofosfórico que se
forma a partir do ATP pola acción do sistema enzimático
da adenilciclase.
adenosintrifosfatase s.f. Enzima que desdobra o ácido
adenosintrifosfórico.
adenosintrifosfato s.m. ATP, nucleótido constituínte
normal dos tecidos, resultado da unión dunha base
púrica, a adenina, un azucre, a D-ribose, e tres moléculas
de ácido fosfórico que desempeña unha importante
función no metabolismo celular e particularmente no
ciclo de Krebs.
adenosite s.f. Formación de tecido glandular como reac-
ción inflamatoria.
adenotifo s.m. Tifo no que as lesións son máis intensas
nos ganglios mesentéricos e no bazo.
adenotomía s.f. Anatomía ou disección das glándulas ou
ganglios. Tamén se di adenectomia.
adenótomo s.m. Instrumento cortante empregado para
extirpar glándulas, ganglios ou tecidos adenoides.
adenovirus s.m. Calquera membro dun grupo de virus
que se presenta en tódalas rexións do mundo e causan
enfermidade das vías respiratorias altas e da conxuntiva,
e que tamén se presentan en infeccións latentes en
persoas normais. Ademais dos tipos humanos de adeno-
virus moitos causan malignidade en animais e hai tipos
simiano, bovino, aviario, canino e murino.
adensado-a adx. Condensado, compacto, groso.
adensar v. 1. Facer ou facerse denso ou máis denso. 2.
Aumenta-la densidade.
adentado-a adx. 1. Mordido ou sinalado cos dentes. 2.
Que ten dentes, dentado.
adentar v. 1. Aferrar ou crava-los dentes en. 2. Morder
con forza. 3 Nacerlle os dentes a un neniño ou á cría de
calquera animal.
adentoar v. Adentar.
adermia s.f. Ausencia conxénita de pel.
adermotrofia s.f. Atrofia da pel
adesmose s.f. Falta ou atrofia do tecido conxuntivo ou
dos ligamentos
adesternal adx. Situado preto do esterno.
adestrable adx. Que pode ser adestrado, especialmente
persoas con atraso mental moderado (C.I. 36-51) que
teñen a capacidade de atende-las súas necesidades e
adaptación social e laboral con vixilancia estricta.
adenomegalia 14
adestrado-a adx. Ensinado, instruído.
adestrar v. Ensinarlle a alguén a practicar certa cousa
para chegar a ser destro nela.
ADH Hormona antidiurética.
adherencia s.f. 1. Acción e efecto de permanecer intima-
mente preto, como ocorre coa atracción física de molé-
culas. 2. Unión anormal de dúas formacións anatómicas
que están

Más contenidos de este tema