Logo Studenta

Aproximacion_ao_anarquismo_dende_a_Teori

¡Este material tiene más páginas!

Vista previa del material en texto

Facultade de Ciencias Políticas e Sociais 
Grao en Ciencia Política e da Administración 
 
 
 
TRABALLO FIN DE GRAO 
 
 
Redefinindo o anarquismo dende a Teoría Política. Análise de tres 
casos: Godwin, Stirner e Proudhon. 
 
Redefiniendo el anarquismo desde la Teoría Política. Análisis de tres 
casos: Godwin, Stirner y Proudhon. 
 
Redefining anarchism from Political Theory. Three-case study: 
Godwin, Stirner and Proudhon. 
 
 
 
Autor: Anxo Rodas Arca 
 
Director: Dr. Miguel Anxo Bastos Boubeta 
 
Xullo de 2020 
 
 
ÍNDICE 
 
1. Introdución..........................................................................................3 
1.1 Xustificación da investigación..........................................................3 
2. Exposición do problema de investigación..............................7 
2.1 Problema de investigación................................................................7 
2.2 Precisións metodolóxicas.................................................................12 
3. Argumentación da tese..................................................................13 
3.1 Marco teórico e conceptual de partida............................................13 
3.2 Recapitulación: definición do obxecto de estudo...........................24 
3.3 Análise dos tres autores...................................................................25 
3.3.1 William Godwin...................................................................27 
3.3.2 Max Stirner...........................................................................38 
3.3.3 Pierre- Joseph Proudhon.......................................................49 
3.4 Resultados: criba dos autores expostos...........................................65 
3.4.1 Táboa de resultados..............................................................66 
3.4.2 Clasificación dos autores......................................................69 
4. Conclusións.......................................................................................76 
5. Referencias bibliográficas...........................................................79 
 
 
 
3 
 
 
1. Introdución 
 
1.1 Xustificación da investigación 
 
O Traballo de Fin de Grao que me dispoño a desenvolver está enmarcado dentro do ámbito de 
investigación da Teoría Política, como subdisciplina tradicional das Ciencias Políticas. Antes 
de presentar os contidos fundamentais do traballo, a súa estrutura e os obxectivos de 
investigación, convén establecer unha contextualización apropiada dentro do contexto 
cognitivo desta subdisciplina, como paso primeiro que me permita xustificar a pertinencia 
teórica de dito traballo, así como presentar a situación teórica de partida. 
 
Para isto, podemos arrancar da definición de Teoría Política proposta por Zapata (2005). 
En primeiro lugar, a Teoría Política pode definirse, de forma simple e en primeiro termo, 
como “teorización sobre a política, é dicir, actividade de segundo orde” (p. 40). Como saber 
de segundo orde, a Teoría Política trata de reflexionar acerca da actividade científica da 
Ciencia Política, dende un ámbito de operación secundario, que non implica as tradicionais 
labores científicas de operacionalización, conceptualización e verificación de hipóteses, 
propia de toda ciencia, e especificamente, das ciencias sociais; polo contrario, a súa labor 
xeral é a reflexión teórica acerca das achegas desenvoltas pola Ciencia Política, dunha 
maneira similar á propia actividade fundamental da filosofía con respecto das ciencias 
naturais. 
 
Profundizando na definición que Zapata (2005) desenvolve, parto da premisa de que a Teoría 
política é unha actividade esencialmente analítica, cuxa tarefa consiste en “cuestionar o que 
se da por sentado, tratando de definir aquilo que se toma como implícito, tanto para apoiar 
argumentos como para lexitimar actividades e institucións” (p.41). É dicir, facer Teoría 
Política significa buscar o “sistema de prexuízos que acompaña á realidade política e orienta a 
súa actividade” (Gadamer, 1992, como se citou en Zapata, 2005, p. 41). 
 
Esta é a concepción fundamental da que parto no marco de desenvolvemento da miña 
investigación; é dicir, da comprensión da Teoría Política como unha labor científica 
secundaria, que se ocupa do análise teórico das formulacións realizadas no ámbito das 
4 
 
Ciencias Políticas, cun obxectivo fundamentalmente clarificador de confusións teóricas e 
conceptuais. Sen embargo, aínda cabe precisar máis concretamente o nivel de análise no que 
se enmarca este estudo. 
 
Seguindo a Zapata (2005), a Teoría Política pode desenvolverse en base a dúas concepcións 
principais dos obxectivos de dita disciplina; por un lado, temos unha concepción 
hermenéutica, que adquire a forma dunha pura reflexión teórica enfocada na interpretación e 
comprensión da propia realidade política; por outra banda, a concepción aplicada da Teoría 
política, que ten como fin principal a intervención na realidade política en base a unha 
reflexión teórica previa. Sen embargo, a actividade de investigación dentro desta disciplina 
adquire a súa idoneidade ao combinar ambos enfoques metodolóxicos, como forma de 
aproveitar a potencialidade da Teoría Política como ferramenta de análise: 
 
O propio da Teoría Política é saber combinar ámbalas dúas concepcións. A 
concepción hermenéutica carece de sentido se non ofrece instrumentos de aplicación; 
a concepción aplicada carece de orientación sen unha base interpretativa sólida. Neste 
sentido, tras un análise interpretativo que destaca principios teóricos, a súa función é 
dar recomendacións a través de principios prácticos. A tarefa de “traducir” os 
principios teóricos en principios prácticos é un dos principais momentos da actividade 
da Teoría Política (Zapata, 2005, p.44). 
 
O marco desta investigación, dadas as súas características e limitacións, desenvolverase dende 
a concepción puramente interpretativa ou hermenéutica da Teoría Política, como unha 
actividade de carácter desmitificador e clarificador de confusións conceptuais. Sen embargo, 
tendo en conta a importancia indubidable da orientación práctica que debe ter a Teoría 
Política para adquirir un sentido integral como actividade de reflexión sobre a política, tamén 
partirei dunha pretensión funcional e aplicada, que se traducirá nunha contribución de tipo 
teórico e conceptual, orientada á clarificación e delimitación precisa do obxecto de estudo, de 
cara ao seu tratamento en posteriores investigacións. O arranque metodolóxico hermenéutico, 
ao fin e ao cabo, non nega a estreita vinculación que existe entre a labor de reflexión da 
Teoría Política e o contexto político real que pretende analizar; a labor de interpretación, 
aínda que eminentemente teórica, está constantemente conectada coa propia realidade política 
que trata de estudar, e por tanto, as preguntas, problemas de investigación e obxectivos que se 
5 
 
propoñan dende o plano teórico de investigación, derivarán sempre dos conflitos e problemas 
que teñen lugar na práctica da realidade política. Como expresa o propio Zapata (2005): 
 
A primeira lei de ferro é, neste sentido, que existe un estreito vínculo entre a práctica 
da Teoría Política e o contexto de conflito e inestabilidade que pretende analizar. Sen 
conflito non hai problemas, sen problemas non hai preguntas, e sen preguntas non hai 
o primeiro grande ingrediente da tarefa da Teoría Política. . . A Teoría Política está 
sobre todo guiada por problemas. Unha boa reflexión teórica comeza por constatacións 
iniciais e por identificar problemas e conflitos (p. 42). 
 
 
Presentado dunha forma sintética o contexto cognitivo do que parte esta tese, así como o seu 
enfoque e aspiracións metodolóxicas xerais, só queda presentar o conflito de partida da propia 
investigación; sen embargo, primeiro debemos facer unha última puntualización, que será a 
definicióndo nivel de análise no que operaremos, dentro dos posibles niveis de análise sobre 
os que se configura a disciplina da Teoría Política; Zapata (2005) establece tres niveis de 
análise posibles: 
 
1. A reflexión teórica sobre a relación entre as institucións políticas e os cidadáns, unha 
actividade que se dedica principalmente ao estudo normativo “directo” dos marcos 
institucionais, as concepcións políticas e os debates teóricos na actualidade. 
 
2. A Historia da Teoría Política, como análise dos sistemas institucionais e normativos, e 
das tradicións do pensamento político, os seus principais representantes, e os seus 
conceptos políticos fundamentais, atendendo a un tempo pasado. Por expresalo de 
forma sinóptica; este nivel de análise constitúe basicamente a aplicación dun enfoque 
historiográfico ao primeiro nivel, é dicir, orientando a reflexión teórico- política ao 
estudo da historia, como conxunto de acontecementos e feitos ocorridos nun tempo 
pretérito. 
 
3. A meta- teoría política, como reflexión de terceiro orde, cuxo obxecto de estudo 
abarca as metodoloxías e técnicas de investigación desenvoltas nos estudos 
enmarcados nos dous primeiros niveis. 
 
6 
 
Esta investigación operará dentro do segundo nivel, como un estudo orientado ao análise das 
tradicións do pensamento político que forman parte da Historia das ideas políticas; 
concretamente, o seu obxecto de estudo será a tradición política do anarquismo, as súas 
principais características e propiedades definitorias, así como a delimitación xeral do alcance 
deste concepto. 
O plantexamento deste tema de investigación, aínda que enfocado dende unha concepción 
hermenéutica da Teoría Política, está, como dixen, conectado ás problemáticas do mundo 
político real; se ben o seu nivel de análise parte dun enfoque historiográfico, a historia como 
ámbito de investigación non está exento dunha serie de problemáticas teóricas e conceptuais 
que deben ser consideradas de relevancia dentro do contexto intelectual da disciplina da 
Teoría Política en particular, e das Ciencias Políticas en xeral. Por unha parte, resulta evidente 
que o coñecemento dos acontecementos políticos históricos, a evolución das cosmovisións 
políticas desenvoltas nas sociedades humanas, e a interacción entre ambos elementos (a 
conexión entre idea- acción, teoría- praxe), resulta fundamental de cara a unha mellor 
comprensión das sociedades presentes, tanto dos seus marcos institucionais e normativos, 
como dos conceptos, teorías, debates e problemas teóricos actualmente predominantes. 
A clarificación dos acontecementos históricos e a correcta definición e delimitación de 
conceptos, teorías e plantexamentos atendendo á súa evolución histórica resulta igualmente 
imprescindible, non só para afondar aínda máis no coñecemento da propia Historia da esfera 
política, senón como ferramenta necesaria para a aclaración de erros, confusións e 
contradicións que se dan a nivel teórico, no momento no que as investigacións polítolóxicas e 
político- teóricas se moven no primeiro nivel de análise antes mencionado. Desenvolver 
investigacións e estudos de primeiro orde e con pretensións científicas de creación de novo 
coñecemento, partindo dunhas bases teóricas inexactas historicamente, confusas, 
contraditorias ou mesmo tendenciosas e ideoloxizadas, resulta un dos maiores erros nos que 
pode incorrer un científico social. 
O estudo e a interpretación hermenéutica dos fenómenos sociais históricos en xeral, e os 
políticos en particular, por ser un estudo de carácter indirecto e realizado sobre fontes 
historiográficas, está suxeito inevitablemente ao “círculo de comprensión”, no sentido 
atribuído por Gadamer (1992), é dicir, á constante influencia de prexuízos, opinións e hábitos 
lingüísticos presentes nas interpretacións previas ou pre- comprensións presentes nos textos 
utilizados. 
7 
 
Partindo desta base, o deber dun científico social, e neste caso, dun politólogo, é o de ter en 
conta estes “xogos de prexuízos” no marco da súa investigación; é dicir, ser consciente na súa 
labor científica de que os conceptos que utiliza teñen uns significados proxectados 
previamente por outros individuos que trataron de interpretalos, e están polo tanto suxeitos a 
unha certa subxectividade e desviación do obxecto orixinal do que se fala; de aí a necesidade 
de adoptar unha postura crítica en relación ao uso dos conceptos, a través dunha revisión e un 
contraste continuo coa realidade histórica, tarefa que non debe deixarse desatendida, en 
virtude da obxectividade e a precisión de calquer investigación. Aceptar acriticamente o 
significado de certos conceptos e nocións políticas pode levarnos a operar nun nivel de 
incoherencia e confusión conceptual que anule a relevancia cognitiva das investigacións. 
Aquí é onde este traballo presenta a súa pertinencia; o estudo do anarquismo como tradición 
enmarcada dentro da Historia das ideas políticas está orientado á clarificación conceptual do 
propio termo “anarquismo”, en prol dunha correcta definición do mesmo, e dunha 
profundización nas teses fundamentais nas que se basea esta doutrina política, como forma de 
ofrecer unha concepción xeral e obxectiva da corrente política anarquista, que se axuste o 
máximo posible ao seu sentido histórico e permita resolver certas incoherencias e confusións 
que poden darse á hora de falar do anarquismo nun sentido estritamente político. 
 
2. Exposición do problema 
 
2.1 Presentación do problema de investigación: obxectivos e preguntas de 
investigación 
 
O anarquismo é unha tradición política que gozou dunha centralidade evidente durante a 
segunda metade do século XIX e comezos do século XX, vinculado dende os seus comezos 
ao movemento obreiro, como ideoloxía predominante nos primeiros momentos de 
mobilización das masas de traballadores, cunha pretensión de cambio social e de reforma das 
estruturas socioeconómicas das sociedades progresivamente industrializadas trala Revolución 
Industrial. Sen embargo, e a pesares da súa importancia histórica, o análise sistemático e 
pormenorizado do anarquismo é habitualmente omitido ou marxinado dende o ámbito da 
8 
 
Ciencias Políticas, e máis especificamente, dende a Teoría Política, sendo considerado moitas 
veces como unha corrente de pensamento político non homologable a aquelas tradicións 
políticas consideradas canónicas, e que ocupan a maioría de páxinas das grandes obras de 
referencia sobre a historia das ideas dentro da disciplina. 
Por poñer un exemplo arquetípico, podemos mencionar a obra Historia da Teoría Política, de 
Sabine e Thorson (1937), que adoita considerarse modélica na primeira etapa de 
conformación da Teoría Política como campo de investigación independente dentro dos 
estudos das Ciencias Políticas. Esta obra, que constitúe unha das primeiras investigacións que 
trata de analizar cun carácter sistemático e exhaustivo as bases e a evolución do pensamento 
político occidental, non dedica ningún dos seus apartados ao estudo en profundidade da 
doutrina anarquista, limitándose a facer algunha referencia de xeito marxinal, e sempre a 
colación da teoría marxista, como un fenómeno que só adquire relevancia histórica dende a 
súa oposición tradicional a esta corrente do socialismo. A Historia da Teoría Política, como 
tantas outras obras de referencia dentro do campo da Teoría Política, da predominancia no seu 
análise ao tratamento das tradicións políticas do liberalismo, o comunismo, o fascismo e o 
nacional- socialismo, negando desta forma, de xeito implícito, a substantividade do 
anarquismo como doutrina política. 
Esta marxinación dentro do ámbito de reflexión da Teoría Política pode deberse ao que 
Zapata (2005) denomina como “triunfalismo do liberalismo” (p. 52); dende finais da Guerra 
Fría, coa caída definitiva da Unión Soviética e a vitoria do Bloque occidental, representante 
do proxectopolítico liberal, o liberalismo convértese na “esfera dominante, discurso 
hexemónico. . . o contexto, o obxecto e o marco de referencia da Teoría Política” (Zapata, 
2005, p. 52). O liberalismo, dende finais do século XX, e coa chegada do novo século, pasa a 
converterse no elemento central que aliena o debate da Teoría Política, orientando de maneira 
xeral a reflexión teórica e as labores fundamentais que se realizan dentro da disciplina cara o 
debate sobre os propios principios e problemáticas do statu quo da democracia liberal. 
Os debates teóricos e normativos sobre os marcos institucionais, así como os estudos e 
reflexións teóricas historiográficas, pasan a pivotar arredor do liberalismo como matriz 
fundamental, creándose así un “círculo de comprensión” liberal, no cal toda investigación e 
reflexión teórica se configura en función das necesidades e límites do sistema político da 
democracia liberal, sen poder escapar a esta lóxica predominante; así, os grandes debates 
dentro da Teoría Política xirarán en torno á reflexión sobre ideas e cuestións fundamentais de 
9 
 
cara a lexitimación das institucións democráticas liberais, como é o caso do clásico debate 
sobre a distribución de recursos sociais, mantido entre John B. Rawls e Robert Nozick. 
Posteriormente xurdirán outras correntes teóricas contrarias ás teses do pensamento liberal 
hexemónico, como é o caso, por exemplo, do comunitarismo; sen embargo, por construírse 
en forma de oposición ao liberalismo, seguirán sen escapar á lóxica alienante que establece o 
sistema democrático liberal como marco contextual de toda reflexión teórico- política. 
Desta maneira, a Teoría Política configurouse nas últimas décadas coma un debate dualista, 
que enfronta a dous bloques: o das teses defensoras e reformistas do statu quo liberal, e o das 
teses impugnantes deste statu quo, claramente opostas ás premisas ontolóxicas e 
epistemolóxicas do liberalismo (o marxismo, o comunitarismo). O anarquismo, como 
proxecto político alternativo e con pretensións transcendentes deste maniqueísmo teórico, 
acaba quedando desprazado a un estatus secundario, por non atopar unha ubicación 
claramente definida dentro dos debates teóricos da disciplina. Como di Díez (2006): 
 
En todo este contexto, o panorama occidental, tanto dende a administración do canon 
ideolóxico como dende as institucións académicas, relegaron ao anarquismo a un 
estatus similar a unha pura anécdota, unha nota a pé de páxina, unha carreteira 
secundaria que non leva a ningunha parte (p. 25). 
 
A situación de illamento que sufre o anarquismo dentro da Teoría Política contribúe, sumada 
ás propias características desta doutrina política, que é tradicionalmente diversa, heterodoxa e 
dinámica, a xerar unha situación habitual de confusión teórica e conceptual á hora de 
analizalo de maneira obxectiva e científica; en parte, as confusións proceden principalmente 
da diversidade de teóricos, plantexamentos e correntes anarquistas que se desenvolveron ao 
longo da historia, en confrontación mutua, e dando lugar na actualidade a unha grande 
cantidade de manifestacións diferentes e orixinais, o cal provoca que os elementos esenciais 
que constitúen a corpo ideolóxico da doutrina se dilúan, atopándonos cun obxecto de estudo 
dunha grande riqueza e variedade, pero tamén moi escorregadizo. Como ilustra o propio Díez 
(2006): “os seus múltiples matices, contradicións, paradoxos, tendencias e representacións 
impoñen dificultades a todo aquel que, desprovisto de prexuízos, pretenda aproximarse con 
desexos de rigor e profundidade” (p. 25). 
10 
 
O problema de investigación do que partirá este traballo será, en consonancia co exposto ata 
este momento, a dificultade na definición e delimitación do anarquismo como obxecto de 
estudo propio da Teoría política no seu nivel de análise historiográfico; o fin principal que 
persegue esta investigación é a definición e demarcación, tanto teórica como histórica, da 
tradición política do anarquismo. De acordo con isto, e en correspondencia cos límites 
espaciais e temporais nos que se encadra este traballo, establecerei tres obxectivos de 
investigación, que permitirán levar a cabo esta tarefa dunha maneira xeral, e a modo de 
aproximación teórica inicial, de cara a unha posterior profundización e expansión do análise 
da tradición anarquista. 
1. O obxectivo principal e xeral da investigación, de cara á clarificación conceptual do termo 
“anarquismo”, será a súa definición e delimitación histórica, en base ao establecemento 
das características e propiedades fundamentais que presenta o anarquismo, e que deben 
servir coma criterios obxectivos para poder diferencialo doutras correntes de pensamento 
político. Como resulta complicado realizar un estudo destas características sen unha base 
teórica e epistemolóxica previa, valereime dun marco teórico de análise sistemático e 
obxectivo, a saber, a teoría filosófico- política de Gustavo Bueno, e especialmente, da súa 
tese sobre o orixe das correntes de esquerda política, presentada na súa obra O mito da 
esquerda (2003). 
 
2. Partindo da definición e delimitación xeral do anarquismo extraída da teoría de Bueno e 
presentada na primeira parte do traballo, aplicarei esta definición, descomposta 
previamente en criterios mínimos que garantan a claridade e funcionalidade analítica, a 
tres casos prácticos, a saber, as concepcións ou teses desenvoltas por William Godwin, 
Max Stirner e Pierre Joseph Proudhon. O obxectivo perseguido nesta segunda fase de 
investigación será a criba dos respectivos idearios políticos destes tres autores, 
considerados habitualmente, e ás veces de xeito contraditorio, como tres dos grandes 
teóricos do anarquismo, para corroborar se estes autores cumpren coas características 
necesarias para ser designados de tal forma. 
A maiores, presentaremos outros atributos dos seus plantexamentos políticos, que se ben 
poden resultar continxentes de cara á circunscrición teórica do anarquismo, permítennos 
profundizar na comprensión das súas ideas e propostas políticas, así como entender a 
diversidade e diferenza que existe entre elas. 
 
11 
 
 
3. O terceiro e último obxectivo consistirá no establecemento dunha nova denominación 
para aqueles autores que, en base aos resultados arroxados pola investigación nos 
apartados anteriores, non poidan ser considerados anarquistas, de forma que se reformule 
o tratamento teórico que se lle debe prestar ás súas respectivas doutrinas para garantir 
unha mínima congruencia teórica e histórica. 
 
A tese que desenvolvo ao longo deste traballo está baseada, como xa mencionei, nas achegas 
realizadas pola teoría filosófico- política de Gustavo Bueno. Para o tratamento particular dos 
dous últimos obxectivos de investigación, referidos ao análise e clasificación dos teóricos 
anarquistas estudados, recorrerei a un marco teórico formado polas obras fundamentais 
dedicadas ao estudo do anarquismo, a súa historia como doutrina política, e as súas principais 
formulacións e correntes. Para complementar esta base esencial, apoiareime na lectura 
dalgunhas obras importantes dos propios teóricos anarquistas presentados e analizados no 
ámbito desta investigación, así como en artigos que abordan aspectos teóricos e biográficos 
das súas obras dun xeito especializado. 
Asentándome neste material teórico, a miña tese establecerá catro criterios ou condicións 
fundamentais para a definición e delimitación da doutrina anarquista, que serán presentadas 
ao comezo da investigación; en base a estas, e a modo de adianto dos resultados principais da 
investigación, este estudo afirma que destes tres autores, considerados como clásicos do 
anarquismo dende o ámbito académico, dous deles non poden enmarcarse teoricamente dentro 
da categoría do anarquismo político, se atendemos a uns criterios lóxicos e histórico- políticos 
obxectivos de definicióne delimitación desta doutrina. 
A estrutura do traballo desenvolverase en paralelo ao cumprimento dos tres obxectivos de 
investigación; comezarei expoñendo unha definición necesaria e suficiente do concepto de 
anarquismo, como corrente de pensamento político; a continuación descomporei esta 
definición en criterios individuais; posteriormente, presentarei de maneira sistemática e 
resumida os puntos fundamentais e pertinentes das concepcións políticas dos tres autores, en 
orde cronolóxico; e finalmente, aplicarei os criterios de definición do anarquismo á 
exposición realizada, comparando, filtrando e reclasificando as súas respectivas ideoloxías. 
 
12 
 
2.2 Precisións metodolóxicas. 
O primeiro paso de toda investigación con pretensións de obxectividade debe ser a definición 
do obxecto de estudo. Por tanto, no seguinte apartado realizarei unha definición clara e 
precisa do concepto “anarquismo”. Pero antes de expoñer os criterios utilizados para delimitar 
o anarquismo, e establecer a definición de partida, cabe realizar un matiz metodolóxico 
importante. 
Na práctica do estudo das ideas políticas, atopámonos que existen diversas definicións do 
termo “anarquismo”, similares ou incompatibles, e moitas delas establecidas dentro do propio 
campo político, por parte de teóricos que poden ser detractores desta doutrina, ou polo 
contrario, por individuos que apoian as teses anarquistas. Co fin de alcanzar unha maior 
obxectividade, tratarei de distanciarme o máis posible deste tipo de perspectivas teóricas, 
denominadas como perspectivas emic, que por operar dentro do propio campo de referencia, 
conteñen ideas, concepcións e representacións ideoloxizadas. Polo contrario, partirei dun 
enfoque etic, que presupón unha prioridade pola perspectiva do observador externo do 
fenómeno estudado, que neste caso é o anarquismo (Pike, 1967). 
Partir dun enfoque etic permítenos arrancar dende unha posición neutral e obxectiva á hora de 
delimitar e estudar o fenómeno do anarquismo, definindo dunha maneira moito máis precisa o 
material que será obxecto de estudo no marco deste traballo, ao contar con criterios de 
clasificación independentes da conduta e a interpretación do propio axente involucrado no 
fenómeno. 
Partir dunha perspectiva emic obrigaríanos a arrancar dende un enfoque subxectivo e confuso, 
pois as diversas concepcións e definicións do fenómeno obxecto de estudo, o anarquismo, 
derivarían dunha serie de criterios non homologables e incluso contraditorios, o cal impediría 
desenvolver unha investigación con pretensións científicas e obxectivas, e especificamente, 
construír unha definición do anarquismo que sexa clara e exhaustiva. 
Por tanto na práctica deste traballo, o feito de que os autores e as correntes de pensamento 
sexan designadas como anarquistas ou non, xa sexa en primeira persoa, ou por parte de 
terceiros axentes involucrados no campo de referencia, resultará irrelevante. O importante 
será que os suxeitos operatorios susceptibles de ser incluídos dentro da categoría 
“anarquismo” cumpran cuns criterios obxectivos e equiparables, que se refiran ao campo de 
análise político. Estes criterios serán fundamentados e presentados a continuación. 
13 
 
3. Argumentación da tese 
3.1 Marco teórico e conceptual de partida 
Como xa expliquei na introdución, á hora de delimitar o concepto de anarquismo dende unha 
perspectiva etic, utilizarei como marco teórico referencial a teoría das correntes de esquerda 
desenvolta por Gustavo Bueno na súa investigación O mito da esquerda (2003), así como 
outras teses e concepcións teóricas da teoría filosófico- política desenvolta por este autor, que 
citarei ao longo da investigación. 
Por tanto, o primeiro paso necesario no marco do desenvolvemento desta investigación será a 
exposición resumida das ideas principais que o filósofo rioxano desenvolve na súa teoría das 
esquerdas políticas, onde se enmarca a tese do orixe do anarquismo como corrente política 
diferenciada, da que parto neste traballo. 
Bueno (2003) analiza a categoría política de “esquerda”, como contraposición á categoría de 
“dereita”, tratando de identificar a súa orixe, as súas diferenzas e a evolución histórica sufrida 
pola esquerda política, partindo dunha tese principal, segundo a cal, mentres si cabe recoñecer 
unha unidade unívoca ás dereitas, non cabe recoñecer unha unidade semellante ás esquerdas, 
que son diversas e están en constante conflito entre si. Polo tanto, para o filósofo, o concepto 
da “esquerda” constitúe a substantivación dunha unidade inexistente entre entes dados (os 
partidos, ideas e teorías políticas de esquerda) en tanto que estes entes, lonxe de ser 
variedades mutuamente compatibles dun xénero unívoco, son máis ben “diversificacións 
evolutivas”, é dicir, xeracións ou xéneros diferentes e incompatibles entre eles. 
Para desfacer esta confusión conceptual, Bueno desenvolverá unha teoría política e histórica 
que explicará a orixe e oposición entre os termos de “esquerda” e “dereita”, así como o 
carácter plural e diverso das correntes de esquerda, analizando cada unha e propoñendo unha 
clasificación sistemática das mesmas. A continuación presentarei as principais implicacións 
de interese que se derivan da teoría de Bueno, en relación co anarquismo. 
 
 
 
14 
 
A) A orixe dos conceptos de esquerda e dereita. O Estado como criterio político de 
diferenciación entre a esquerda e a dereita. O programa da esquerda política. 
 
A esquerda e a dereita, como conceptos con significados políticos historicamente opostos, 
orixínanse e configúranse no terreo político do Estado; ambos conceptos xorden a raíz da 
reunión da Asemblea revolucionaria francesa de xullo de 1789, con motivo da deliberación 
sobre a pertinencia do veto real, partindo primeiramente dun sentido puramente topográfico, 
referido á posición adoptada polos deputados da asemblea; á dereita, os defensores do Antigo 
Réxime e das prerrogativas do monarca (o clero e a nobreza); á esquerda, os críticos do poder 
real e do orde social e político do Antigo Réxime. 
A dereita e a esquerda políticas adquiren unha existencia correlativa, posto que só existen de 
maneira anexa, e perden calquer sentido tomadas de maneira independente, sen ter en conta á 
súa contraparte; sen embargo, cabe matizar, como fai Bueno (2003), que a dereita goza dunha 
prioridade temporal sobre a esquerda, pois a pesares de substantivarse no mesmo momento, 
ten unha presenza ontolóxica anterior, como afirmación constitutiva do Antigo Réxime, orde 
político e social existente durante a Revolución Francesa. É dicir, a esquerda substantívase de 
maneira correlativa, pero como reacción a posteriori dese réxime político e social xa 
constituído. 
Por tanto, por orixinarse en base á súa posición en relación ao Estado do Antigo Réxime, 
Bueno (2003) establece o parámetro do Estado, como criterio de delimitación e diferenciación 
da esquerda e a dereita; un criterio favorable por ser inequivocamente político e positivo. Pero 
para comprender de maneira precisa a que nos referimos cando falamos de Estado como 
criterio de definición da esquerda e a dereita políticas, primeiro debo introducir brevemente a 
teoría do Estado da que parte o autor. 
 
I. O concepto de Estado e a súa posición respecto da oposición esquerda/dereita 
A idea do Estado implícita na teoría filosófico- política de Bueno, da que parto no marco 
deste traballo, constrúese como unha alternativa ás ideas de Estado desenvoltas por parte 
doutras teorías políticas; concretamente a da teoría marxista, que entende o Estado como un 
elemento puramente superestrutural das sociedades políticas humanas, é dicir, subordinado á 
infraestrutura económica dunha sociedade (ao seu modo de produción), que se constitúe 
15 
 
como instrumento da clase dominante na loita entre as clases sociais, entendida esta como a 
oposición fundamental nassociedades políticas humanas. 
Bueno propón unha teoría que da a volta a esta relación entre a base económica e a 
superestrutura das sociedades políticas humanas; a tese de Bueno establece o carácter 
derivado e superposto do Estado respecto da sociedade política: é dicir, o Estado é unha forma 
de organización das sociedades políticas humanas derivada do propio curso de evolución 
natural destas sociedades, constituíndo unha segunda fase histórica, entre a fase primaria ou 
protoestatal, e a fase secundaria ou postestatal. Por tanto, Bueno non entende o Estado coma 
un mero produto da infraestrutura económica da sociedade política humana, senón que o 
identifica coa propia sociedade política humana, cando esta alcanza un estado evolutivo 
determinado no que a forma organizativa estatal consolídase e superponse á propia sociedade 
política. 
O Estado atopa a súa base constitutiva nas chamadas sociedades políticas primarias, que son 
o resultado da constitución dunha xefatura política sobre unha ou máis sociedades humanas 
naturais, de maneira que constitúen corpos políticos con dúas “capas” (Bueno, 2010); unha 
capa basal ou económico- material, aportada polas propias sociedades naturais precursoras, e 
formada polo territorio e polas riquezas naturais das que se apropia o grupo humano en 
cuestión; e unha capa conxuntiva ou político- institucional, que se corresponde coa xefatura 
política instituída sobre as sociedades naturais, para regular a capa basal da sociedade política. 
As distintas sociedades políticas humanas, na súa fase primaria, entrarán na fase secundaria 
ou estatal no momento no que, logo de evolucionar con independencia unhas doutras, 
expandan os seus territorios e entren en contacto entre elas a través das súas fronteiras, 
reaccionando a tal contacto dunha maneira nova; en lugar de constituírse nunha unidade 
agregada que as envolve por medio dunha capa conxuntiva maior (o cal daría lugar a unha 
nova sociedade política primaria, aínda que de maiores dimensións), manteñen a súa 
independencia e disociación, pero desenvolvendo cada unha delas unha capa cortical ou 
relacional- internacional, encargada de manter relacións estables coas sociedades primarias 
fronteirizas; esta capa cortical segrégase do corpo das sociedades políticas primarias, e 
constitúese como unha terceira capa independente ás outras dúas. 
Así é como Bueno explica o concepto de Estado e a súa orixe; o Estado é, por tanto, a propia 
sociedade política humana, no momento no que esta, constituída primeiramente por unha 
capa basal ou económico- material e por unha capa conxuntiva ou político- institucional, 
16 
 
desenvolve unha capa cortical, formada polas institucións coas que a sociedade política se 
relaciona e diferenza respecto doutras, fundamentalmente, a través do exército e a diplomacia. 
O concepto “Estado” é utilizado por tanto para referirse á forma política organizativa que 
adopta o conxunto da sociedade, no momento no que se poden distinguir estas tres capas 
diferenciadas. 
Partindo desta base, ao establecer que a oposición entre esquerda e dereita políticas se 
configura en relación ao Estado, refírome ao conxunto do corpo social, como proxectos 
políticos que pretenden levar a cabo plans de transformación e regulación da sociedade 
política que abranguen non só a capa político- institucional (conxuntiva), senón tamén a capa 
económica (basal) e relacional (cortical) da sociedade política. 
Sen embargo, a esquerda e a dereita políticas non existen dende o momento no que aparecen 
as primeiras sociedades políticas estatais (con tres capas), senón nun momento específico da 
historia dos Estados; o momento no que as sociedades estatais sofren un proceso de 
racionalización política ou “holización” (Bueno, 2003), a través do cal o Estado do Antigo 
Réxime se transforma nun Estado- nación no sentido moderno. Esta transformación prodúcese 
orixinalmente co triunfo da Revolución Francesa, e acabará sucedendo posteriormente 
noutros Estados. 
Así, a esquerda definirase orixinalmente coma o programa favorable á racionalización política 
do Estado do Antigo Réxime para convertelo en Estado- nación, e a partir do momento no que 
este programa triúnfa, é dicir, a partir da Revolución francesa, a esquerda política precisará 
manterse sempre definida en función do Estado- nación, xa sexa para afirmalo ou para negalo. 
A dereita, pola súa banda, nacerá coma o programa oposto a tal racionalización, e por tanto, 
como defensora do Antigo Réxime e oposta ao forma política do Estado- nación. Así é como 
o concepto “Estado”, utilizado nesta investigación como parámetro de definición das 
esquerdas e a dereita políticas, atopa o seu sentido xenuíno e completo. 
En resumo, e en base á exposición previa, para poder considerar a unha corrente de 
pensamento, ideario ou programa como clasificable respecto das categorías “dereita política” 
e “esquerda política”, deberá cumprir o requisito de estar definida politicamente en relación 
ao Estado- nación. Para que este requirimento se satisfaga, deberá cumprir dúas condicións: 
por un lado, deberá defender un proxecto político concreto en relación á sociedade política 
humana, nas súas tres capas constitutivas; por outro, deberá pronunciarse respecto da forma 
17 
 
de organización holística e racional da sociedade política, é dicir, do Estado- nación, de forma 
que se manifeste a favor ou en contra deste. 
Se non cumpre ambas condicións, e polo contrario defínese exclusivamente en base a outros 
parámetros (éticos, económicos, filosóficos), non poderá considerarse dentro das categorías 
de “esquerda” ou “dereita” políticas definidas, e permanecerá como un ideario, corrente de 
pensamento, movemento político ou proxecto social indefinido politicamente (Bueno, 2003). 
 
II. O proxecto político orixinal da esquerda política en relación ao Estado. O carácter 
plural da esquerda política. 
 
Como vemos, a esquerda política nace en 1789, derivando dun concepto eminentemente 
topográfico e adquirindo posteriormente un significado político, designando a aqueles 
deputados franceses pertencentes á Asemblea revolucionaria e opostos á forma do Estado do 
Antigo Réxime. Sen embargo, esta explicación só resulta útil para diferenciar as correntes de 
pensamento politicamente definidas daquelas indefinidas (as cales non poden ser consideradas 
políticas no sentido propio do termo), e non é suficiente como para comprender o alcance da 
categoría da esquerda política, a súa diferenza histórica fundamental respecto da dereita 
política, a súa pluralidade de correntes ou xeracións, nin por tanto, as orixes e características 
do anarquismo. Por conseguinte, cómpre profundizar máis na tese de Bueno, co obxectivo de 
delimitar correctamente a esquerda política, tratando de establecer a súa distinción con 
respecto á dereita política, así como a súa condición plural e diversa, e as diferenzas entre as 
súas correntes, entre as que se atopa o anarquismo. 
 
A esquerda política orixinal que nace en Francia en 1789 pode ser considerada como a 
primeira xeración de esquerda, denominada indistintamente como esquerda xacobina ou 
esquerda radical. Esta corrente de esquerda política primixenia nacerá cun proxecto político e 
social concreto, que como xa mencionei, será, segundo Bueno (2003) a holización racional1 
 
1
 Bueno toma o concepto “holización” do ámbito das ciencias positivas, no seu significado orixinal, a saber, 
como procedemento de homoxeneización dos campos empíricos investigados, orientado a transformar aqueles 
campos, dados na realidade empírica como totalidades heteroxéneas, en totalidades homoxéneas operativas. 
No Mito da esquerda, Bueno aplica este concepto para facer referencia á transformación revolucionaria da 
sociedade política francesa do Antigo Réxime no Estado- nación moderno, eliminandoa heteroxeneidade 
estamental e as desigualdades irracionais (as institucións do Antigo Réxime, os patois, as diferenzas estamentais, 
etc) e substituíndoos por un orde social que garanta a homoxeneidade das súas partes atómicas, os individuos, 
18 
 
da sociedade política, que na práctica se traduce na construción do Estado- nación. Este 
proceso de holización ou racionalización política da sociedade consiste na reconfiguración da 
sociedade política co fin de alcanzar unha igualación das partes atómicas da sociedade, é 
dicir, dos individuos, abolindo todas as desigualdades e diferenzas “irracionais” presentes no 
modelo organizativo do Antigo Réxime, denominadas como partes anatómicas (Bueno, 
2003). 
 
Bueno explica que, a pesares das diversificacións evolutivas que se producirán posteriormente 
respecto desta primeira xeración da esquerda política, dando lugar ás diferentes xeracións de 
esquerda, todas as correntes de esquerda partirán dunha matriz programática común: en 
termos xerais, a transformación do Estado do Antigo Réxime, e como concreción deste plan, a 
holización racional da sociedade como proxecto político fundamental. Esta será a 
característica que nos permitirá diferenciar entre a esquerda política definida e a dereita 
política definida. 
 
B) O anarquismo como xeración específica de esquerda; diferenzas respecto do resto de 
xeracións de esquerdas. 
 
Partindo deste obxectivo orixinal e definitorio da esquerda política, a saber, a transformación 
racional do Estado do Antigo Réxime no Estado- nación, todas as xeracións de esquerda 
 
para logo levar a cabo a reconstrución da sociedade dende a base desta homoxeneización ou racionalización 
política. 
A tese de fondo da que deriva o uso deste termo é a asignación, por parte de Bueno (2003), dunha 
“racionalidade” inherente ás correntes da esquerda política. Esta racionalidade, que moitas veces se confunde 
cunha idea puramente ilustrada, artificio ideolóxico dos filósofos e teóricos ilustrados en contra da suposta 
irracionalidade do “Trono e o Altar” (Bueno, 2003) , ten a súa orixe en realidade no campo das ciencias 
positivas modernas, que estaban desenvolvéndose no mesmo momento da Revolución francesa, por parte de 
figuras como Lavoisier, Laplace ou Coulomb. Bueno reivindica así a orixe científica desta “ racionalización” da 
sociedade, defendida pola esquerda política nos seus inicios, distinguíndoa do uso dado ao termo “Razón” polos 
ideólogos da Ilustración, coma Rousseau ou Voltaire. A racionalización por holización ou holización racional é 
por tanto o elemento fundamental do programa da esquerda política dende as súas orixes, que se manterá ao 
longo do tempo como característica definitoria do proxecto da esquerda política en relación ao parámetro do 
Estado, se ben será formulado de distintas formas por cada xeración da esquerda política. 
Este termo resulta fundamental para comprender a tese de Bueno, pois explicita a función do Estado como 
parámetro utilizado para definir, delimitar e clasificar á esquerda política: o Estado- nación. plataforma 
construída para levar a cabo a racionalización política e social do Antigo Réxime. Para unha mellor 
comprensión do termo, que non cabe desenvolver en toda a súa profundidade nesta investigación, consultar: 
Bueno. G. (2011). Algunhas precisións sobre a idea de holización. El Basilisco (42), páxs. 19- 80. (Referencias 
Bibliográficas) 
 
19 
 
formularán os seus respectivos programas políticos orixinais, que se diferenciarán entre eles 
no tratamento que lle dean á organización específica da sociedade nun Estado- nación 
política. Dito doutro modo, todas as correntes políticas que se poden considerar de esquerda 
buscarán, por definición, a igualación dos individuos a través dunha holización ou 
racionalización política do Estado, pero distinguiranse unhas doutras na formulación deste 
programa de racionalización política, que en cada unha tomará rumbos diferentes, e incluso 
antagónicos, respecto do tratamento que se lle dará ao Estado- nación, como posible 
plataforma política de holización. 
 
O anarquismo sitúase, dentro do marco desta tese, como a terceira xeración histórica da 
esquerda, posterior á esquerda radical que aparece durante á Revolución Francesa, e tamén á 
esquerda liberal que nace durante a Guerra de independencia en España, vinculada á orixe do 
concepto do liberalismo político, emanado da Constitución de Cádiz de 1812 (Bueno, 2003). 
É dicir, o anarquismo nace como a terceira das formulacións orixinais e distintas do proxecto 
común da esquerda política. 
 
Ao igual que calquera outra xeración de esquerda, o anarquismo nace como parte dun proceso 
de evolución histórica do programa político orixinal da esquerda, pero respondendo tanto ás 
características históricas e políticas da sociedade na que nace, como aos plantexamentos das 
xeracións de esquerda anteriores, dando lugar así a un proceso dialéctico de confrontación e 
cambio. No caso que nos ocupa, o anarquismo, tamén denominado como esquerda libertaria, 
nace como resposta ao afianzamento do Estado- nación, obra fundamental á que contribuíran 
as esquerdas radical e liberal, a primeira construíndo o concepto de Nación política a través da 
racionalización da sociedade política francesa, e a segunda consolidándoo 
constitucionalmente, asignándolle á Nación a soberanía política dentro do Estado2. 
 
As dúas primeiras correntes da esquerda política, no desenvolvemento das súas propias 
formulacións do proxecto da holización racional, constituirían un novo réxime político e 
social, oposto ao Antigo Réxime, reforzando o poder do Estado na súa capa conxuntiva, 
utilizándoo como plataforma para rematar coas desigualdades estamentais e políticas 
anteriores, e creando a idea da “Nación Política” para delimitar os seus territorios e o alcance 
 
2 Na Constitución de Cádiz, en 1812, establécese primeiro, no artigo 1, que “a Nación española é a reunión de 
tódolos españois de ambos hemisferios”, para logo determinar, no seu artigo 3, que “a soberanía reside 
esencialmente na Nación”. 
20 
 
do seu proceso de transformación social, defendéndose e diferenciándose así dos Estados do 
Antigo Réxime contiguos (Bueno, 2003). 
 
Sen embargo, estas novas sociedades racionalizadas, en forma de Estados- nación, que 
xorden da oposición ou dialéctica orixinal entre a racionalización xacobina e a 
“irracionalidade” social e política do Antigo Réxime, lonxe de supoñer o afianzamento 
definitivo de tal racionalización “igualadora” nas sociedades políticas respectivas, deron lugar 
a novos procesos dialécticos no seo da esquerda política, a saber: 
 
- A dialéctica de clases dentro de cada nación, dado que a igualdade política e xurídica 
non esgotaba a racionalización da sociedade política, ao subsistir certo tipo de 
desigualdades de índole económica e social, entre individuos pertencentes a distintas 
posicións dentro da estrutura socioeconómica e produtiva das sociedades 
crecentemente industrializadas. 
 
- A dialéctica entre Estados, posto que a racionalización política, é dicir, a igualación 
dos individuos respecto dos dereitos e liberdades políticas e civís, operaba soamente 
dentro das fronteiras de cada Estado, é dicir, entre os cidadáns dun mesmo Estado, 
subsistindo as desigualdades entre individuos pertencentes a nacións distintas. 
 
A aparición destes novos procesos dialécticos responde en grande parte a un “déficit” na 
orientación social e económica dos programas políticos das dúas primeiras xeracións de 
esquerda, así como ás limitacións que o novo orde do Estado- nación imporía no proceso de 
racionalización política e xurídica; estasnovas contradicións marcarán a evolución dos 
plantexamentos da esquerda política, dando lugar a formulacións novas e sensiblemente 
distintas ás anteriores. Os novos proxectos da esquerda política asumirán como obxectivos 
propios dos seus programas, a diferenza das dúas xeracións de esquerdas anteriores, a 
abolición das desigualdades socioeconómicas dentro dos Estados- nación capitalistas, e a 
extensión global desta racionalización “integral”, converténdoa nunha “racionalización do 
xénero humano” (Bueno, 2003). Este é o momento no que as esquerdas políticas pasan a 
vincularse de cara ao futuro cos programas políticos do socialismo e o internacionalismo. 
 
21 
 
O anarquismo, dentro desta contextualización histórica e teórica, constitúe a primeira corrente 
política de esquerda que responde a estes novos obxectivos de racionalización económica e 
universal, é dicir, a primeira corrente de esquerda política que pode ser considerada como 
socialista3 e internacionalista. 
 
Os primeiros plantexamentos anarquistas xorden como alternativa ante o programa político 
das dúas primeiras xeracións de esquerda, que reivindicaban un progreso indefinido dos 
principios racionais da Revolución francesa a través do uso do Estado- nación como 
plataforma de racionalización da sociedade; ao contrario que as esquerdas anteriores, así 
como das esquerdas de inspiración marxista que virán despois del (a socialdemócrata, a 
comunista e a asiática), o anarquismo non postula unha profundización no fortalecemento do 
Estado- nación como instrumento político imprescindible para a racionalización social, senón 
ao contrario, unha negación respecto do Estado. (Bueno, 2003). 
 
Esta negación provén dunha forma orixinal de comprender tal racionalización social; os 
plantexamentos anarquistas parten da base de que e a igualación entre individuos debe 
realizarse dende un nivel puramente atómico ou individual, pois consideran todo elemento 
socioestrutural que se atope por enriba deste nivel como unha posible fonte de desigualdade, e 
por tanto, un obxecto susceptible de racionalización; isto é o que ocorre no caso do Estado- 
nación, que é considerado, non como unha plataforma necesaria para a racionalización da 
sociedade, senón coma o principal obstáculo para que a holización racional se consume 
universalmente (Bueno, 2003). 
 
Isto quere dicir que o anarquismo, como xeración particular da esquerda política, 
caracterízase e diferénciase das outras correntes de esquerda pola súa negación do Estado- 
nación como plataforma de racionalización en tódalas súas formas, e por basear o seu 
programa político na destrución inmediata do Estado- Nación único e indivisible que as 
xeracións de esquerda anteriores crearan e consolidaran. 
 
 
3 O termo “socialista” é utilizado no sentido que habitualmente se lle asigna, para facer referencia ao conxunto 
de programas políticos que perseguen a racionalización socioeconómica da sociedade, como xa expliquei. Non 
se debe confundir co “socialismo” que nun sentido teórico estrito, utilízase no marco da tese de Bueno (2003) 
para designar a unha das seis correntes de esquerda política existentes, concretamente á cuarta xeración de 
esquerda, inmediatamente posterior ao anarquismo, denominada como esquerda “socialista” ou 
“socialdemócrata”. 
22 
 
C) A diferenza entre o anarquismo e o nihilismo 
O último paso para rematar coa delimitación do concepto “anarquismo” ten que ver co propio 
sentido do termo. 
 
Ao estar definido, seguindo a Bueno (2003) por unha negación4, o termo “anarquismo” 
utilizado como tal constitúe un concepto de significado amorfo, pois as negacións non se 
definen por si mesmas, senón como complementarias a outros conceptos positivos, e non 
levan a significados claros e unívocos. Por tanto, debemos aclarar o significado que o 
concepto de “anarquismo” adquire na práctica como corrente política histórica, 
profundizando aínda máis na súa delimitación. 
 
Tomar o anarquismo cun sentido puramente negativo, como adoitan atribuírlle os seus 
detractores ou críticos, lévanos forzosamente a identificalo co concepto de nihilismo. O 
nihilismo é unha postura apolítica ou antipolítica, oposta a todo programa, principio e 
institución positiva, que provoca a súa indefinición en relación a calquer parámetro político, 
adquirindo un sentido filosófico- metafísico, máis que unha posición política definida. 
 
Sen embargo, a identificación entre nihilismo e anarquismo resulta desacertada, ademais de 
presentarse normalmente cunha clara intención pexorativa e ideolóxica. A clave para resolver 
esta confusión habitual estriba na identificación do sentido positivo inequívoco que o 
anarquismo presenta de forma inherente; o anarquismo leva a cabo a racionalización por 
holización da sociedade antes mencionada a través dun regressus nihilista respecto do Estado 
(Bueno, 2003), é dicir, dunha negación desta forma de organización política; sen embargo, 
esta negación non supón un punto de non retorno, nin unha postura definitiva e constante ante 
todo proxecto político. A negación anarquista do Estado constitúe en realidade un proceso de 
negación relativo e limitado, que se detén no nivel puramente individual ou atómico da 
sociedade política. O proxecto político de destrución nihilista do anarquismo non abrangue 
aos individuos nin a aquelas entidades sociais que derivan da acción puramente individual, 
senón que considera ao individuo humano como a entidade límite e indivisible dende a cal 
débese desenvolver unha acción social e política positiva. 
 
 
4 Anarquismo ou anarquía, provén da palabra grega anarkhia, composta polo prefixo an-, que significa “sen” ou 
“non”, e a raíz arkhé, que significa “goberno”, “mandato”. Por tanto, en termos puramente semánticos, o termo 
“anarquismo” constitúe unha negación da existencia de calquer goberno ou mandato. 
23 
 
 É dicir, o anarquismo como concepto cun significado político diferénciase do nihilismo, 
como postura filosófica metafísica, por constituír unha negación cun límite (os individuos 
humanos) dende o cal desenvolve o seu sentido positivo, xerador dunha nova realidade 
política; non é unha negación absoluta e definitiva que remata no antipoliticismo, senón 
unha negación postulada como medio a través do cal configurar unha realidade política e 
social alternativa. Esta será unha das características básicas ás que prestar atención á hora de 
delimitar o anarquismo, diferenciándoo de correntes opostas ao Estado- nación, pero 
politicamente indefinidas, é dicir, sen un programa político positivo e concreto. 
 
Outra cuestión importante que se desprende desta diferenciación radica na consideración do 
individuo como base da acción política positiva, é dicir, como base do programa político 
anarquista alternativo ao Estado. O individuo, ademais de parte fundamental da acción social, 
non se considera un elemento que se atopa no baleiro, independente e illado da súa realidade 
social, á maneira do solipsismo, senón sempre como unha parte constitutiva dun todo maior, 
dunha comunidade de individuos. O individuo humano, resumidamente, é para o anarquismo 
a parte atómica da sociedade que goza dun valor absoluto, constituíndo a súa existencia e 
liberdade o “principio e fin de toda acción” (Bueno, 2003, p. 193), pero formando parte 
indisociable dunha totalidade holística (a sociedade, a colectividade). 
 
Por tanto, un terceiro criterio de definición do anarquismo debe apuntar á este tratamento 
específico do individuo dentro da realidade social; o anarquismo entende a relación entre o 
individuo e a sociedade dende unha perspectiva ecléctica en relación á oposición 
metodolóxica entre o reducionismo individualista (cuxa implicación extrema é o solipsismo), 
e ao holismo sociolóxico,e por tanto, busca, no marco da construción dun orde político 
alternativo, conciliar a realidade das partes atómicas da sociedade, coas necesidades do 
conxunto da comunidade, dende un enfoque holístico. 
 
D) O criterio histórico de diferenciación das esquerdas e a dereita políticas. 
Cabe matizar, como colofón a esta exposición, unha implicación de cariz lóxico, que será 
tomada como último criterio definitorio do anarquismo. 
A oposición esquerda/dereita, da cal deriva, como xa expliquei, o anarquismo como corrente 
política, non ten un alcance histórico universal, senón que nun sentido estrito se circunscribe 
unicamente ás sociedades políticas posteriores á Revolución francesa, nas cales se consolida a 
24 
 
noción de Estado- nación nun sentido moderno, tras producirse os primeiros proxectos de 
transformación racional da propia sociedade política. 
Esta delimitación impón unha serie de límites á hora de utilizar as categorías de “esquerda” e 
“dereita”, e por tanto, á hora de falar de anarquismo de forma rigorosa; estes conceptos non 
poden aplicarse a sociedades políticas anteriores á Revolución francesa, nin en xeral a 
ningunha sociedade política na que non estea consolidada a forma organizativa do Estado- 
nación, a pesares de que nelas se produzan oposicións similares entre idearios e programas 
políticos, respecto do Estado ou da forma de organización socio- política existente, e 
independentemente de que algúns destes plantexamentos e formulacións políticas amosen 
claras similitudes respecto das correntes políticas de esquerda e dereita, e mesmo do 
anarquismo. 
 
3.2 Recapitulación: definición do obxecto de estudo 
 
Para garantir unha mellor comprensión da cuestión, a continuación resumirei a definición funcional do 
anarquismo utilizada neste traballo, en base aos criterios trazados na explicación exposta 
anteriormente: 
 
A. O anarquismo é unha corrente politicamente definida, e como tal, mantén unha 
posición determinada respecto do Estado- nación. En base a esta característica, 
podemos diferenciar ao anarquismo doutras doutrinas ou idearios sen un sentido 
político definido5. 
 
B. En segundo lugar, o anarquismo, como terceira xeración da esquerda política, 
diferénciase do resto de xeracións da esquerda por definirse de maneira negativa en 
relación ao parámetro do “Estado- nación”, rexeitando de maneira absoluta esta 
institución no marco do seu programa de racionalización política e social. Ademais, 
esta negación do Estado non cae no nihilismo, senón que se integra dentro dun 
programa político de índole positiva e creadora. 
 
5 Especificamente, ao falar destes idearios ou plantexamentos politicamente indefinidos, refírome a aqueles que 
se relacionan habitualmente coa esquerda e a dereita políticas, pero que están definidas en base a criterios non 
políticos, como por exemplo, determinadas tendencias teolóxicas, filosóficas ou artísticas. A pesares de que na 
práctica algúns destes idearios e concepcións se vinculen coa esquerda ou a dereita e adquiran un sentido 
político, o fan de maneira indirecta e mediada, pois non presentan plantexamentos claros respecto do parámetro 
político tomado como referencia: o Estado. 
25 
 
 
 
C. Un terceiro criterio de definición do anarquismo fundaméntase na consideración do 
individuo como unha entidade social elemental, dende a cal débese desenvolver a 
acción social; é dicir, en tratar ao individuo como a base do proxecto político, pero sen 
caer no reducionismo ou no solipsismo, senón dende unha aproximación holista da 
realidade social. É dicir, o anarquismo combina de maneira ecléctica a centralidade da 
individualidade cun enfoque holista das relacións sociais. 
 
D. Por último, cabe establecer un criterio histórico e contextual implícito na tese de 
partida, que nos permite discriminar aquelas correntes de pensamento que, 
presentando un sentido político estrito, é dicir, un plan para a transformación do 
Estado (entendido como a sociedade política humana constituída polas tres capas: 
basal, conxuntiva e cortical) e que incluso poden soster un programa semellante ao 
anarquismo (baseado na negación do Estado) non cumpren coas esixencias lóxicas 
que implica o concepto de “Estado- nación”, por pertencer a un contexto histórico e 
social no que a racionalización política do Antigo Réxime aínda non está consolidada. 
Ao non orixinarse no marco dun Estado- nación, non poderán responder ás 
problemáticas socioeconómicas que se producen dentro destes, e que dan lugar en 
última instancia á formulación do anarquismo como terceira corrente da esquerda 
política, de cara a mediados do século XVIII (tendo en conta que os procesos de 
construción do Estado- nación varían cronoloxicamente entre uns países e outros). 
 
É dicir, este criterio ou delimitación histórica permitiranos excluír aquelas correntes de 
pensamento político pertencentes a un contexto histórico anterior ao triunfo da 
Revolución francesa, ou a un contexto político alleo ás problemáticas propias dos 
Estados- nación capitalistas consolidados. 
 
3.3 Análise dos tres autores. 
 
Unha vez delimitado o concepto de anarquismo, e as características consideradas definitorias 
de calquer concepción anarquista, presentarei os plantexamentos dos tres autores estimados 
neste traballo, co obxectivo de sometelos posteriormente, de cara ao apartado final da 
26 
 
investigación, a unha criba que nos permita segregalos respecto dos criterios definitorios do 
anarquismo anteriormente establecidos. 
 
A estrutura utilizada para tratar a cada autor será a mesma, de maneira que para cada un deles 
abordarei as teses e plantexamentos que permitan definir as súas posturas nun sentido 
estritamente político, e que se refiran aos catro criterios definitorios imprescindibles do 
anarquismo establecidos anteriormente. Abordarei a cada autor no orde que se establece a 
continuación, para garantir que a exposición garde unha coherencia textual suficiente: 
 
- Unha contextualización histórica de cada autor, que permita cribalos respecto do 
criterio (D), de carácter histórico. 
 
- A continuación tratarei de averiguar se cada autor cumpre os criterios (A), “definición 
respecto do Estado- nación”, e (B), “negación do Estado- nación”. Ambos criterios 
atópanse relacionados, pois como expliquei na introdución, a negación do Estado- 
nación é unha das posibles posturas respecto deste parámetro, e por tanto serán 
analizados conxuntamente. 
 
Sen embargo, ambos criterios non son necesariamente simultáneos; a negación do 
Estado (B) non será criterio suficiente como para cumprir o criterio (A), é dicir, non 
terá porque implicar necesariamente unha definición política respecto do Estado, 
senón que para cumprir integramente co criterio (A), os autores analizados deberán 
satisfacer dúas condicións a maiores: os seus plantexamentos deberán formular unha 
crítica clara e unha alternativa positiva respecto do Estado. Non se aceptará, de acordo 
con isto, unha negación do Estado que careza de argumentación e se realice sen base 
algunha, nin tampouco unha crítica puramente nihilista, que se limite a impugnar o 
Estado- nación, sen propoñer un proxecto político novo. 
 
- Por último, abordarei o tratamento do individuo dentro do seu programa político, de 
forma que sexa posible filtrar cada concepción respecto do criterio (C), escrutando se 
parten dunha concepción solipsista, individualista ou reducionista da realidade social, 
dunha perspectiva holista e organicista, ou dunha postura ecléctica á hora de ubicar ao 
individuo no seu programa político. 
27 
 
 
Finalmente, e para ilustrar máis precisamente a forma na que plantexan o seu programa 
político, prestarei atención a dous elementos a maiores: a súa valoración da propiedade 
privada, como institución social que rexe a repartición de bense recursos, e a estratexia de 
transformación social que defenden como medio adecuado para alcanzar os seus obxectivos. 
 
Ámbalas dúas características son consideradas de gran relevancia de cara ao mellor 
coñecemento destes autores; por un lado, tanto a apreciación da institución da propiedade 
privada como a estratexia de modificación do orde político e social presentan un sentido 
político definido, pois afectan de maneira significativa ao programa político defendido 
respecto do Estado; por outro lado, constitúen a base dalgunhas das diferenzas máis notables 
entre os plantexamentos destes autores. Por tanto, serán atributos imprescindibles para poder 
analizar e comparar aos tres teóricos, e profundizar na comprensión das súas ideas políticas. 
 
 
3.3.1 William Godwin 
 
Contexto histórico e biográfico 
 
William Godwin naceu en 1756 en Wisbeach (Cambridgsheare), na zona sudeste da actual 
Inglaterra. Fillo e neto de pastores puritanos dissenters con respecto á Igrexa Anglicana, 
recibirá unha formación acorde co credo destas comunidades relixiosas radicais, accedendo a 
saberes, fontes académicas e hábitos de discusión e reflexión intelectual alleos aos 
considerados canónicos nas universidades anglicanas, coma Oxford ou Cambridge. Por outra 
banda, a rixidez do calvinismo e o puritanismo do ambiente no que Godwin é criado e 
educado, imporá nel unha “grande frialdade na apreciación das condutas humanas” (Sánchez, 
2007, p. 4), que condicionará innegablemente o seu pensamento, amosando unha tendencia 
cara o análise racional da sociedade e o individuo, por enriba da consideración de elementos 
dun carácter máis irracional, coma os sentimentos, as emocións, ou a violencia. 
Dende 1773 dedicaríase ao estudo de teoloxía, desempeñando o oficio de pastor en 1778 en 
congregacións dissenters pertencentes á corrente do calvinismo “sandemaniano”, inaugurada 
por Robert Sandeman. Esta influencia relixiosa sería determinante na configuración do 
28 
 
pensamento utilitarista, racionalista e libertario de Godwin; os sandemanianos defendían unha 
interpretación literal da Biblia para chegar á verdade, rexeitando a fe e substituíndoa polo 
xuízo directo do entendemento humano como medio para chegar a Deus, postulando, por 
tanto, a superioridade da razón sobre a fe na revelación. 
En 1782 deixaría a labor eclesiástica e desprazaríase a Londres, onde traballaría como 
periodista e autor independente ata a súa morte, en 1832. Ao longo da súa vida, publicaría 
numerosos ensaios, especialmente no campo da filosofía, a moral e a historia, pero tamén 
abordaría cuestións económicas e pedagóxicas, ademais de cultivar o xénero novelístico e a 
traxedia. 
No pensamento de Godwin conxúgase a herdanza intelectual do puritanismo sandemaniano, o 
racionalismo da Ilustración francesa e os primeiros plantexamentos do liberalismo inglés. A 
maior parte das súas ideas atópanse condicionadas polo contexto político e social no que 
viviu; a súa traxectoria intelectual enmárcase nun momento da historia de Europa onde se 
comezan a consolidar os principios da modernidade, e o discurso político abandona 
progresivamente as súas raíces teolóxicas, centrándose na reflexión racional arredor do home 
e a sociedade. Godwin desenvolve a súa obra nun momento que corre en paralelo ao estalido 
da revolución en Francia, un proceso que afectou fortemente ao mundo político e intelectual 
inglés e á evolución dos paradigmas políticos dominantes na sociedade británica. 
A revolución para Gran Bretaña significou por parte do goberno un recorte das liberdades 
básicas que ata o momento estaban consolidadas no país, distinguíndoo do resto de Europa 
polo seu carácter avanzado. Os acontecementos producidos durante a Revolución francesa, 
como a execución de Luís XIV e a ditadura de Robespierre, deron lugar a unha reacción 
represiva do goberno británico, orientadas fundamentalmente a evitar que os principios da 
revolución francesa se consolidasen entre a sociedade británica. 
Antes deste clima de represións, o ambiente intelectual británico, sobre todo dende os sectores 
radicais, liberais e defensores de reformas políticas, avivárase grazas ao discurso A Discourse 
on the Love of Our Country (1789) de Richard Price6, que demandaba garantías civís para o 
exercicio do dereito á resistencia contra o goberno no caso de que este sobrepasase as súas 
atribucións, así como a fiscalización do poder político por parte da comunidade, como 
verdadeira depositaria da soberanía política. 
 
6 Richard Price foi un destacado filósofo moral e político británico, coetáneo de Godwin, e recoñecido como 
unha das figuras máis importantes do entorno político e intelectual dos Honest Whigs de Benjamin Franklin. 
29 
 
Os sectores máis conservadores, coma os Old Whigs de Edmund Burke, pronto reaccionaron 
ante estas reivindicacións, opoñéndose a toda manifestación política que amosase implícita ou 
explicitamente un apoio á causa revolucionaria francesa. O propio Burke contestaría ao sector 
máis progresista e favorable á reforma política coa súa obra Reflections on the Revolution in 
France, criticando a Price e defendendo o sistema político británico sobre o da Francia 
revolucionaria, pola súa capacidade de manter os valores e as tradicións. A sociedade 
británica está, como vemos, dividida política e intelectualmente entre os detractores dos 
principios revolucionarios franceses e os seus adeptos. 
Godwin participaría dende o primeiro momento no sector máis radical, contribuíndo á 
campaña desenvolta en defensa da reforma política; axudaría como avogado defensor 
daqueles condenados por discrepancias políticas, pero a súa maior contribución ante a 
polémica sería a súa obra máis destacada: An Enquiry concerning Political Justice and its 
Influence on General Virtue and Happiness, publicada en 1793. En Political Justice pódense 
atopar os elementos fundamentais do pensamento político godwiniano, desenvoltos en base a 
un enfoque esencialmente ético. Nesta obra Godwin analiza por medio da dedución racional a 
formación da sociedade política e as súas inxustizas, propoñendo unha serie de pasos cara a 
súa transformación completa, co obxectivo fundamental da liberación dos individuos das 
condicións sociais que os oprimen e o alcance dun estado de felicidade plena. As reflexións 
políticas de Godwin descansan sobre unha grande confianza na razón como instrumento de 
reforma da sociedade e de emancipación individual, así como nunha crítica, tamén apoiada na 
razón, contra toda institución e convención social imposta e allea á autonomía moral e 
racional dos individuos. 
 
Posición respecto do Estado. Programa político defendido. 
 
Godwin rexeita a idea, xa teorizada anteriormente por Rousseau, ou antes aínda por Hobbes, 
do contrato social como fonte orixinaria e lexitimadora do orde social, o goberno e as 
institucións; ao contrario, concorda máis ben con Richard Price (Capelletti, 1985), 
considerando ao goberno como unha institución humana de carácter artificial e arbitrario. 
Godwin parte da distinción fundamental entre sociedade e goberno; mentres que a sociedade 
xorde da necesidade natural do ser humano por asociarse e asistirse mutuamente, o goberno 
duns individuos sobre outros, logo instituído en Estado, xorde como resposta aos erros e 
30 
 
debilidades dos seres humanos. A sociedade é produto dos desexos e necesidades dos 
individuos, e ten un carácter positivo e beneficioso, mentres que o goberno é considerado 
coma un mal historicamente necesario, pero de xeito artificial e irreconciliable respecto da 
sociedade mesma. 
A doutrina contractual, que lexitima aos gobernos, o sistema de representación política e en 
xeral a todas as institucións positivas da sociedade, sustentándoos nunha base de consenso e 
consentimento colectivo, esconde en realidade unha lóxicacoactiva e violenta; a forza é o 
único principio sobre o que descansa a existencia do poder político do Estado, e non unha 
presunta aquiescencia, expresa ou tácita, da comunidade. Godwin considera que todos os 
mecanismos que intentan defender a idea dun pacto social como lexitimación da autoridade 
política, e consideran ao goberno como un garante da convivencia social, aséntanse sobre 
falacias que esconden a arbitrariedade e a violencia; o único instrumento necesario para 
garantir a convivencia social é o desenvolvemento da razón en cada individuo, que debe servir 
como guía para o perfeccionamento moral das condutas individuais e as decisións colectivas. 
Pero na práctica da realidade social, a autonomía racional e moral dos individuos subordínase 
ás imposicións e obrigas que establece o poder político; Godwin, dende esta premisa, conclúe 
rexeitando todo goberno e autoridade politicamente instituída, por consideralos como 
obstrucións para o perfeccionamento individual, o desenvolvemento da razón e o 
entendemento humano, verdadeiras ferramentas para crear unha sociedade xusta, pacífica e 
libre. Todo goberno representa para o inglés unha forma de tiranía; dende as monarquías 
absolutas ás repúblicas parlamentarias, todos implican a proscrición do propio xuízo e da 
conciencia individual, e coartan a evolución do espírito humano e dos seus progresos. 
En resumidas contas, a crítica do Estado que Godwin desenvolve baséase nunha 
desmitificación da orixe contractual e natural das autoridades políticas, apoiándose unha 
argumentación eminentemente moral e normativa, cuxo fundamento é a idea de xustiza como 
precepto da razón (Sánchez, 2007). 
Partindo desta base epistemolóxica, que se basea nunha identificación da esfera da ética e a da 
política (Ochoa, 2008), Godwin estende a súa crítica a todas as institucións positivas, e en 
especial ao dereito, entendido coma o sistema de dereitos e deberes que rexe unha sociedade. 
Nesta cuestión xoga un papel destacado o seu utilitarismo ético; aquilo que é desexable será o 
que traia maior beneficio para o máximo número de membros dunha sociedade, de forma que 
se considerará o máis xusto. 
31 
 
Sen embargo, o utilitarismo godwiniano é unha postura sui generis, que se distancia do 
utilitarismo clásico (representado principalmente por Bentham) na significación que lle da aos 
conceptos de dereito e deber. Ao partir dunha distinción clara entre sociedade e Estado, 
Godwin desviarase dunha das implicacións principais do utilitarismo clásico: a necesidade 
das leis. Ao entender que as condutas morais e desexables derivan unicamente dun principio 
de xustiza eterno e absoluto, intelixible soamente grazas ao exercicio da razón humana, 
considera que a existencia das leis e dun sistema de dereitos resulta superflua e incluso 
prexudicial; o concepto de “dereito” é innecesario e artificioso, pois os límites das condutas 
individuais veñen determinadas soamente pola razón; por outra banda, o deber constitúe un 
determinismo ético, é dicir, unha obrigación moral, tamén derivada do exercicio da 
racionalidade, que conduce a que cada individuo actúe da maneira máis beneficiosa para 
alcanzar o benestar común. 
Nunha única frase; os ditados da razón humana establecen a existencia dun único deber 
moral; o de actuar en base á xustiza en todo momento, como forma de garantir o máximo 
benestar común. O sistema de dereitos e deberes, o conxunto de normas xurídicas, e en 
definitiva, o dereito lexislado, non son necesarios e resultan prexudiciais, pois obstaculizan o 
desenvolvemento moral e intelectual do ser humano, que é o único principio que posibilita 
que as condutas humanas individuais se depuren progresivamente e se acheguen ao ideal ético 
e racional da xustiza. Baseándose nunha ética utilitaria e racional, Godwin nega a necesidade 
do Estado, entendido como o conxunto de institucións sociais positivas sobre as que descansa 
o poder político. 
 
Orde político alternativo 
 
Partindo do rexeitamento da doutrina contractual, Godwin oponse a toda forma de goberno 
que implique a delegación de soberanía dende os individuos ás institucións; aínda que acepta 
que a democracia constitúe a forma de goberno máis aceptable, nega a lexitimidade das 
decisións tomadas en base á representación e á regra das maiorías; a verdade, segundo el, non 
depende do número dos seus adeptos, senón exclusivamente dos ditados da razón. 
Seguindo esta argumentación, para Godwin a toma de decisións na comunidade debe facerse 
en base ao que el chama common deliberation, (Sánchez, 2007) ou deliberación colectiva; 
unha discusión asemblearia das cuestións da convivencia social, en base tanto ao xuízo 
32 
 
privado dos individuos, como aos criterios impostos pola xustiza moral, en oposición ao 
goberno representativo e a calquer forma de delegación do poder e a responsabilidade ao 
goberno e as institucións políticas. 
A alternativa ao Estado que Godwin propón é a dunha convivencia social baseada na 
autonomía racional e moral dos individuos, e a deliberación común das decisións en base á 
xustiza, identificada coa maximización do benestar xeral. Esta sociedade, segundo o propio 
Godwin, só é posible cando os individuos cheguen a un estado de entendemento e perfección 
moral que lles permita aceptar o principio do sacrificio das vantaxes individuais en favor do 
ben da comunidade (Godwin, 1793, como se citou en Eltzbacher, 1900). Godwin establece 
que o benestar colectivo debe converterse na única prescrición que deben seguir os homes; 
prescrición que é intelixible grazas á soberanía ilimitada da razón. 
Das funcións desempeñadas polo Estado, para Godwin, só tres poden ser consideradas 
lexítimas; o castigo das inxustizas, a pacificación de loitas entre territorios e a defensa común 
ante ataques. Estas funcións serán realizadas na nova sociedade, nun principio, polos propios 
membros da comunidade. Sen embargo, ao longo do tempo, e grazas á desaparición do poder 
político e das súas funcións, que abrirá paso ao reinado único da razón, só a primeira das 
funcións subsistirá de modo permanente nas sociedades futuras, pois Godwin entende que os 
conflitos entre individuos teñen unha orixe natural, son inherentes ao ser humano e ás súas 
sociedades. Sen embargo, grazas ao nivel de perfeccionamento moral que os individuos 
alcanzarán cando sexan completamente libres para desenvolver a súa racionalidade, será 
suficiente coa existencia dun tribunal de Xurado, que resolva os preitos e os litixios de 
propiedade en base ao exercicio da razón, sen obedecer a ningún sistema de leis ou dereito 
lexislado (Eltzbacher, 1900). 
A sociedade ideal que Godwin propón baséase, resumidamente, na simplificación da 
convivencia social, a través da progresiva redución das atribucións e funcións das institucións 
políticas, ata chegar finalmente á disolución do Estado e do dereito, e a súa substitución por 
un “autogoberno racional” (Ochoa, 2018). Na súa defensa optimista e radical da 
independencia moral e intelectual dos individuos, como elemento imprescindible de cara a 
construción dunha sociedade onde a felicidade e a virtude atopen espazo para o seu 
desenvolvemento indefinido, Godwin amosa unha grande desconfianza de cara á cooperación 
social, entendendo que esta pode poñer en perigo a autonomía dos membros da comunidade, 
impoñendo normas e convencións sociais que acaben diluíndo a potencialidade dos 
33 
 
individuos para perfeccionarse e alcanzar a virtude, tan necesaria para que a vida feliz sen 
goberno sexa posible. Na sociedade futura godwiniana debe predominar a censura moral 
mutua e libre entre veciños, o desenvolvemento espiritual e intelectual, e o xuízo privado dos 
individuos, sobre calquer forma de lexislación, institución colectiva, e autoridade política. 
(Woodcock, 1962). 
Como se pode apreciar, Godwin non presenta un programa de reorganización social e